Consejos y avisos

20/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región VI)

Cepillos Barbosa
Esta e a segunda fotografía que sae no blog, desta empresa Ourensá, (ainda que algún "purista", seguro que me corrixe, e dime que e de Canedo). Os Barbosa supoño que son coñecidos por todolos Ourensans.
Hoxe teñen a sua empresa nunha gran nave, pero os comezos non foron así, como e loxico; a primitiva fabrica no Rincón ainda a lembran moitos dos pontinos, e alí foi onde se fixo esta fotografía, non e das primeiras, xa que polo que me contan corresponde os anos sesenta. Pero podese ver perfectamente que o xeito de traballar distaba moito do actual.
Como ben apuntan os amigos do diario "La Región", no comentario con que acompañaron a fotografía na sua publicación, hoxe eses rapaces non poderian traballar, o posto de aprendiz, xa non existe. Tamén e certo que me parece que estes non eran aprendizes, senon, "Barbosas de futuro", que se puxeron a facer que traballaban, pra sair na foto. (non digo que noutras ocasions non botaran unha mán, pero e que con esas roupas, non sei eu.....).
A fotografía debemoslla a Nuria Barbosa, quen tivo a xentileza de prestarnola.

No hay comentarios: