Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

24/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región IX)

Na exposición Ourense un século de fotografía, estivo ben representada a famosa Sala Auria. A verdade, e que varios dos descendentes da familia Blanco, teñen moi boas relacions ca asociación, de feito Natalio e a sua dona Patricia, son dous dos membros dela.
As fotografías da "expo", correspondían o interior da magnifica Sala, e a que o amigo Florentino nos enviou, e do exterior no ano 1964. E evidente que o que se queria retratar nesta ocasión, non era a sala, senon o paso da batalla de flores daquel ano; pero como vos teño comentado en moitas ocasions, as vellas fotografías e normal que mostren mais do que en principio vemos. Por eso no arquivo visual gustanos que nos deixedes botarlle unha ollada pra fixarnos no que de xeito habitual, pasa desapercibido.
Da Sala Auria, non vos preocupedes, que seguiran aparecendo imaxes, non en vano no seu tempo foi considerada a millor sala de festas do pais.

No hay comentarios: