Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

13/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región II)

Cada quen ten as suas preferencias. A mín estas fotografías son das que mais me gustan; supoño que en parte polo que representan dunha época dificil, na que as alegrias eran poucas, e momentos como os que quedan reflexados, son de felicidade.
Polos nosos datos, poucos son os que visitaron a exposición, e non poden presumir de terse dado unha voltiña nun flamante descapotable; o censo de toureiros da provincia disparouse nestes días de xeito espectacular e a non tardar, veremos nas prazas de España, a "Finito das Burgas", e o "Neno das Caldas" mán a mán diante dalgun morlaco.
Magoa que non poideramos ofrecervos a posibilidade de conducir esta maravilla da tecnica automovilistica que se ve na fotografía. Esta e unha das xoias que Don Felipe Fernandez Chacón garda no seu arquivo persoal, e tivo a amabilidade de compartir con todos nos. Tratase dunha fotografía de minuteiro do ano 1926, na que sae conducindo esa "maquina", o dono dos celebres Almacenes Duran.
Fixadevos na fotografía, e logo, os que se retrataron nos fondos que pusemos no Museo, que comparen as posturas e o efecto final, daranse de conta que un profesional sempre e un profesional; nos pensamos que basta con poñerse en calquera sitio; sen embargo eles (os profesionais) saben que e necesario buscar o sitio exacto, e a postura correcta, o resultado final o merece.

No hay comentarios: