Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

11/5/11

OnT. nos medios. (La Región I)

Durante os días que estivo a exposición "Ourense, un século de fotografía", no Museo Municipal, o diario La Región, tivo a amabilidade de colaborar co AvO dandolle unha excelente cobertura. Día tras día, puxeron na sua "axenda", unha das fotografías que os amigos que visitaban a exposicíón foron deixando pra enriquecer o arquivo da Asociación, ou o que o mismo, pra que as poidan disfrutar todolos ourensans.
A revista mensual "Auria", do grupo La Región, tamén lle deu sobrada cobertura a exposición, axudando a que todos vos souberades da posibilidade de visitala.
Tamén dende fai tempo, contamos ca colaboración do periodico "Ourense por Barrios", que cada mes deixanos unha columna do seu mensual, pra que vos ensinemos unha vella fotografía.
Non podo esquecer a cobertura dada polos demais diarios de tirada autonomica e, o nacional, Faro de Vigo, Xornal de Galicia, La Voz de Galicia, ABC. E as emisoras de Radio e Televisión que tiveron a amabilidade de dar cobertura o noso traballo.
A todos, o noso mais sincero agradezemento, e ofrecerlle a colaboración do AvO, pro que lles poda interesar.

Logo de dar as grazas, e retomando a actividade normal do blog, comezo hoxe unha serie de entradas, relacionadas precisamente ca colaboración dos medios; e pra eso, vou aproveitar as mesmas fotografías que se foron publicando estes días, e que debido a urxencia, e limitación de espacio que require a prensa, deron lugar a lo menos a un mal entendido, e en moitos casos, son susceptibles de aportar mais datos.
Comezo hoxe polo suposto erro, que conten a fotografía publicada o sabado 7 de maio.
A fotografía e do chalet que certamente, pertencia o sr. don Alfonso de Paula Pérez, como de xeito correcto, se informa na sección "quen cho dixo" do domingo, e tamén nos dicen que habitou nela entre os anos 50 e 90, trasladondose logo pedra a pedra a Xeixalbo.
Pero tampouco e erroneo decir que o chalet era obra do arquitecto don Antonio Alonso Vargas, quen si non me equivoco, foi arquitecto municipal.
O chalet posiblemente moitos teredelo ainda na memoria, xa que non hai moito tempo que o "levaron", de  diante do Colexio Cisneros como se ve na imaxen.  
Pido perdón polo mal entendido, pero como xa dixen arriba, e froito da inmediatez con que se fixo a recollida e envio das fotografías, se detectades algún erro mais non dubidedes en advertirmo, de feito este blog ten entre as suas misions, recabar información dos seus lectores, e aclarar dubidas que sin a vosa colaboración seria moi dificil resolver.

No hay comentarios: