Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

3/5/11

A natureza

Mostrábavos a semana pasada obxectos que polo celo dos seus donos, podían verse en fotografías de comezos do século pasado, e aínda hoxe temos a fortuna de poder gozar.
Hoxe ocorréuseme ensinarvos algo que tamén conseguiu perdurar no tempo, neste caso foi a natureza, a que o fixo crecer, e polo tanto parecen diferentes.
En 1855 (53?) logo da pertinente autorización do Concello; a cargo e custodia do Catedrático de Historia Natural do Instituto Provincial de segundo ensino, comézase a creación do xardín botánico do Posío; a casualidade quixo que descartada a opción de crealo nos arredores do convento de San Francisco, déseselle unha localización, que posteriormente "arrastraría", para as súas proximidades, ao instituto ao completo.
Cando en 1897 comeza a nova andaina o que se chamaba centro provincial de instrución pública (hoxe Instituto Otero Pedrayo), o profesor encargado do Botánico, Don Pompeio Beltrán, amplia os terreos do botánico, ocupando a parte traseira do centro educativo, onde hoxe está o pavillón deportivo.

Logo destes apuntes históricos, falemos da fotografía.
Como podedes ver esta asinada polo ilustre Pedro Ferrer (A Coruña), pero como xa vos comentei noutra ocasión, iso non é definitivo; algunhas fotografías daqueles anos, non se poden atribuír a pesar dese dato tan concreto, a Ferrer, xa que a súa relación con Pacheco, daba lugar a eses paradoxos.
As palmeiras que supoño que salvo enfermidade ou desgraza son as mesmas, podedes ver que cara ao 1903 - eran unhas "pipiolas", o seu tamaño actual pasa nalgún caso dos 5 metros de altura (non as medín, así que admito outras alturas); e o paseo que conformaban pouco cambiou nestes mais de cen anos, e neste caso "mellor así".

No hay comentarios: