Consejos y avisos

6/5/11

Fagome vello ou pasa o tempo?

Non me gusta poñer fotografías como esta, xa que me fan dar conta de que empezo ir vello; no caso da de hoxe que me envia o amigo Javier Torres, podia excusala, xa que normalmente non poño imaxes de pasados os setenta, e como podedes ver no auto, esta e`posterior o setenta e dous.
Fotografías como esta, como digo, fanme sentir vello porque o que vos mostro na imaxe eu teñoo na retina; o piloto de moda naqueles anos, o gran "Ventura" (Antonio Freire), unha das apostas do añorado don Estanislao Reverter, quen era un autentico espectaculo o volante do vehiculo, igual tiña cal fora, o Mini, o FU, o Escort, o 911, ou mesmo o Alpinche que algunha vez tamén levou, e de quen os afeccionados decian,  que se remataba a carrera, e que a ganara, e se non a tiña ganado, e que o seu vehiculo rompera; tales eran as suas ansias de facelo ben, que sempre arriscaba o limite. Os meus nove anos cando empezaba a fixarme nos coches, "Ventura" era todo un idolo, e ademais por fortuna tiven a sorte de coñecelo persoalmente, e eso a certas idades comprenderedes que e moi importante.
Pero a imaxe, non e solo importante, pola presencia do bo de Ventura, senon que reflexa penso que un dos momento historicos pra o automovilismo ourensán. Naquel ano 1972, eses dous cabaleiros, Reverter e Ventura, ian correr o Rallye de Montecarlo, a lomos dese 124 Sport, e si non me equivoco esta foi unha das fotografías cas que quiseron inmortalizar a sua xesta; o coche tuneado pra ocasión, e as rodas de clavos precisas pra correr nas pistas de neve e xeo con que Montecarlo adoita recibir os pilotos, enriba do coche, (os medios economicos desde logo non eran "sobros"). Levaba Don Estanislao xa unhas cantas participacions na proba, dende o 58 se non me equivoco que foi correr con Antonio de copiloto, ata o 67 que pareceu que o ia deixar. Esta proba do ano setenta e dous, foi o reencontro cas pistas de Montecarlo que tanto lle gustaban a don Estanislao, e o feito de atopar un home como Ventura impulsouno a volver a intentalo, de feito repetiron a ano seguinte. (pero millor que siga con este tema xente mais entendida ca mín). 
De feito o extrano de ver esa impensable imaxen (hoxe) da rúa Pena Trevinca esquina rúa Coruña, que incluso me fai dudar, si e ahí, pasa a un segundo plano.
Se algún dos membros da Escuderia Ourense quere facer una pequena biografia de Antonio Freire "Ventura", ten o blog a sua disposición, a mín dende logo fariame ilusion, xa que lle perdín a pista fai moito tempo.

No hay comentarios: