Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

25/5/11

Belezas de Auria

Penso lembrar que nalgunha ocasión, faleivos do sistema que utilizaban os nosos devanceiros pra conseguir imaxes deste estilo, (revisade o blog, e encontraredelo).
Hoxe, logo da petición duns amigos de que publicara una destas xoias, ainda que un pouco a regañadentes, (non sei se existira este palabro en galego), presentovos esta señora.
Recoller as fotografías antigas "eroticas", que non pornograficas, seria penso que moi interesante, algunha das que teño, asegurovos que son fermosisimas. O problema, que teño pra conseguilas, e que a gran maioria foron destruidas o localizalas; pensade nas revistas que os rapaces da serie "Cuentame", tiñan debaixo do colchon, e agora imaxinadevos o que faria a sua avoa Herminia si chega atopalas. Agas de escandalizarse, de seguro  que as botaba directamente o lume. O maxistral Cervan da serie seguro que nos facilitaria outras, pero xa non eran as tuas "chicas".
Outro problema tamén moi dificil de arranxar, e que nin o fotografo, nin o propietario da copia, puñan ningún tipo de dato que colaborara na sua datación, nin ubicación, e moito menos na identificación da retratada.
Así e como actualmente teño unha boa colección destas imaxes, pero agas dunha que a sua procedencia e con casi total seguridade un estudio da rúa do Alba, o resto ata as mais ou menos 50, sempre nos quedara a dubida se son de artistas ou muchachas que pasaron pola nosa cidade.
Se algún de vos atopa entre os seus tesoros algunha destas fotografias, e nolas deixa escanear, seria de gran axuda pra intentar facer un pequeno arquivo de fotografías desta tematica, o poder traballar con mais numero de imaxes, das que tes a seguridade que levan tempo na cidade, facilita en gran maneira poder pouco a pouco aportar datos de interese.
Fai pouco tempo conseguín en Lugo seis delas, e aseguraronme que a sua procedencia, era a nosa cidade, cousa que non`poño en dubida, pero perfectamente poden ser dun ourensan que as trouxo de calquera outro lado.  Unha delas, e precisamente a que hoxe vos mostro.

No hay comentarios: