Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

31/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región XII)

Dona Patricia Fernandez, deixounos un albúm fotografico, elaborado ca evidente intención, de deixar reflexada a nosa cidade nos anos 40 (+-43), o fotografo foi don Leopoldo Iglesias Lopez (Villar Foto).
Das mais de trinta fotografías que compoñen o albúm, escollimos esta, que mostra un recen "nado", edificio da esquina da rua Irmans Villar, ca daquelas Coronel Ceano; senon me equivoco a casa dos Quelle, (non sei se en parte, ou na sua totalidade, alí estivo o comercio Quelle, e Don Camilo tiña alí o seu despacho de avogado).
A construcción dese edificio, supuso o fin da Praza do Recreo, e o xurdimento, do que pra aqueles tempos, podiase decir que era unha Avenida; os nosos conveciños, ian da Rúa Nova - Instituto (Lamas Carvajal), a rua dos Zapateiros (Paz), por unha canella de tres metros e medio.
Tamen tedes unha da pocas imaxes dos almacens "El Barato", onde estivera a "Electra" de don Pio Principe, a esquina de Lamas Carvajal, con Santa Eufemia, segun se anunciaba "Instituto 20 y Santa Eufemia 3", (noutro momento investigaremos cal era o número 1 de Santa Eufemia). Penso que nalgunha ocasión escoitei que "El Barato" tamén se chamaba a tenda do "0,95".
A verdade e que por fortuna a rúa despois desa remodelación, case que non mudou nadiña, agas dos carteis dos negocios, que cos anos foron cambiando de actividade. 

30/5/11

Francisco Álvarez de Nóvoa

Xa vos dixen fai uns días que Francisco Alvarez, fillo de Reinaldo, (amigo de Augusto e retocador do estudio Pacheco), deixoume unhas moi boas fotografías do seu pai; e o mesmo tempo, facilitoume datos do seu avó Don Francisco Alvarez de Novoa.
Non teño reparos en recoñecer que o unico que eu sabia deste home, era a sua profesion: xornalista, e tiña leido a sua obra "Pé das Burgas".
O mismo Francisco, tivo a amabilidade, de prestarme un libro que no ano 93 publicou Edicios do Castro, reeditando "Beira o Barbaña (Paisaxes)". Magnifico traballo de Don Jorge Martinez Jimenez, quen tivo a fortuna de contar ca memoria de Reinaldo pra ampliar datos que doutro xeito seria dificil conseguir.
Aproveitando ese traballo, comezei a coñecer, a biografia de Alvarez de Nóvoa, e disfrutar da sua obra aparentemente escasa, o ser eses dous titulos, "Pé das Burgas", e "Beira o Barbaña", os coñecidos, e polos meus datos, os unicos reeditados; pero realmente prolifica, ainda que hoxe en día complicada de reunir.
Da sua autoria son: Recuerdo (drama en verso), Los Redentores (drama) y La Titiritera (comedia dramatica). Francisco Álvarez de Nóvoa na sua faceta de xornalista, publicou en (por datos de jorge Martinez Jimenez) mais de 16 diarios ou revistas nos que traballou, falamos de cabeceras como As Burgas, La Voz Pública, El Miño, El Diario de Orense, El Eco de Orense, El Derecho, en resumen, case que todolos xornais que a finais do século XIX, ata mais ou menos o ano 25 do século XX en que deixou toda actividade literaria, (xa falaremos das causas noutra entrada), existiron en Ourense, o marxe de moitas colaboracions en diarios rexionais, e nacionais.
Un dos detalles que mais me chama a atención, e o amor que sempre mostrou pola nosa cidade, ainda que nunca renegou do seu nacemento en Granada, (feito casual, motivado pola profesión paterna, quen era militar; retirouse sendo Teniente Coronel da Garda Civil), e por outra banda as escasisimas referencias que se fan del e do seu amigo Heraclio Perez Placer, por parte dos seus compañeiros de profesión; circunstancia que se repite con algunha excepción nas seguintes xeneracions. (ando a buscar un libro citado por Martinez Jimenez; publicado por Galaxia no 91 Antoloxia da literatura fantástica en lingua galega, dirixida por Antón Risco).
Non quero estenderme en exceso, co cal vou rematar, por hoxe, somentes pedindo a colaboración vosa, por se tedes algunha obra ou articúlo deste autor, e  o, do seu gran amigo Heraclio Perez Placer (de quen vos falarei esta seman noutra entrada); ando buscando estes días en bibliotecas e arquivos cousas deles, e a falta de tempo a mais da dispersión dos fondos de prensa Ourensá, fai que sexa moi lento o avance na recompilación de datos.
Poño o blog a vosa disposición, por si algún quere darnos datos ou opiñar do traballo destes dous autores. 

29/5/11

Tempo de refrescarse


Rematando esta semana primaveral, (con tempo de Agosto), e como teño poucas ganas de "pegala", eiqui vos deixo unhas recomendacions.
Tedes a opción de ir tomar un xeado, non botedes a chorar, xa sei que a Ibense deixounos orfos fai un tempo que semella...., e o Cortijo xa tiña pechado antes. Teremos que irnos facendo as novas especialidades, algunhas industriais, non estan tan mal, e pra o meu gusto, moitos dos sabores da nova que esta no Paseo, (penso que se chama Xuntos), merecen unha proba.
A outra opción, non sei como andara; como vedes, na Coruñesa tiñan ostras a diario, facendo a competencia os nosos veciños vigueses, pero non sei se hoxe vas pedilas e pensan que olvidaches algo, (refirome a que o amable persoal da cafeteria, pensaran que e unha exclamación, non unha petición).
Os anuncios, corresponden:  o diario El Noticiero, o da Coruñesa do 5 de Xaneiro do 1895, e o dos xeados, do Regional, do 2 de xullo do mesmo ano.
Pouco cambiaron as cousas, marisco no nadal, e xeados no verán, claro que as ostras son "atemporais".
Aproveito pra dar as grazas os amigos do Arquivo Municipal, pola sua profesionalidade, e o magnifico ambiente de traballo que teñen naquelas dependencias.
Os locales publicitados nas entradas do blog, se queren agasallar os integrantes do AvO pra corresponder a publicidade gratuita, que envien un mail, e con moito gusto iremos por alí tomar algo pola "gorra", Animadevos. 

28/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región XI)

Atopar fotografías como a que hoxe vos mostro, non e precisamente sinxelo; Don José Gil, sobradamente coñecido polos afecionadas a fotografía, estivo na nosa cidade case que quince anos; pra moitos parecera tempo suficiente pra deixar unha gran pegada na cidade. Pero si temos en conta o desenrolo do arte fotografico, e as suas visicitudes personais, comprenderemos que non son tantos, eses anos.
A finais do século XIX, que foi cando chegou a nosa cidade a fotografía ainda non estaba o alcance de todolos publicos, polo seu coste, co cal a clientela habitual limitabase as clases pudientes e de cando en vez algunha familia que facendo un bo esforzo acudia o estudio pra inmortalizarse.
Loxicamente atopar na cidade a competencia dun profesional de alto prestixio como era Don Jose Pacheco, non facilitou o traballo de Gil, quen tivo que traballar duramente, pra facerse un oco. Consta que os primeiros anos Gil, con moita frecuencia collia os "bartulos", e marchaba traballar as vilas da provincia, pero sobre todo ia cara Lugo. Os poucos a sua profesionalide, e a exhibición dos seus traballos foille permitindo entrar no circulo Ourensán, pero foi un proceso lento.
Logo xurdiu o problema da asociación con Jaime Pacheco, que supuso un enfrentamiento directo con José Pacheco, como reflexan os articulos publicados na prensa local por Don José, aclarando que a fusion J. Pacheco con J. Gil era do seu irmán, e non del. (non me atrevo a xuzgar, pero parece extrano que se anuncien cas iniciales do nome simplemente, non e complicado pensar que podia dar lugar a confusión, co evidente perxuizo pra Don José); eses feitos fixeron que que durante ese tempo volvera ser habitual desplazarse fora pra traballar, (foi a época que Jaime dedicouse as exhibicions cinematograficas, nas vilas, e incluso voltou o seu Portugal natal, co seu cinematografo).
Logo o infortunio cebouse con Don José Gil quen perdeu un fillo; circunstancia citada como causa da sua marcha da nosa cidade cara Vigo no 1904.
Como vedes, estivo case que quince anos, pero con moitisimas trabas pra facer un prolifico traballo. De todolos xeitos imos atopando os poucos algunha das suas obras, nas que se pode apreciar a calidade do seu traballo.
A fotografía de hoxe foi cedida por Don Carlos Alcala.

27/5/11

OnT nos medios (Ourense por Barrios III)



Os da miña xeración, e posible que ainda lembren este fermoso edificio que vixiaba a entrada o barrio do Couto, desde Progreso, o seu fin chegou na década dos setenta, ata ese momento, sempre houbo un problema, que era o de darlle nome.
Moitos ourensans, refirianse a él, como “o de Lombardero”, e tiñan a sua razón, a Ferreteria de Don Crisanto como podedes ver no rotulo alí estaba; outros sen embargo, chamabanno “o do Deportivo”, e non era porque fora dos afeccionados do clube Coruñes, senon por que o local da esquina ocupabao, o bar dese nome, “El Deportivo”; supoño que facendo gala do seu nome, os que me teñen falado del, lembranno, como o lugar onde os domingos iban os futboleros para enterarse dos resultados de todolos partidos, e así facer o seguemento da “Quiniela”.
A fotografía e dos seus últimos días entre nos; aprox. mediados dos setenta.
Eu fai tempo que decidin non opinar cando algo xa non ten arranxo, así que deixo para vos a decisión de si era mais estético antes, ou agora iste cruce.
Os que seguides os articulos do periodico, notariades, que cambiei o orden de publicacíon, pero foi intencionadamente. E pra darlle animos os seguidores do Deportivo, (citados no texto orixinal), non e que eu sexa moi de fútbol, pero ainda así recoñezo que e unha magoa non ter ningún equipo galego na primeira división, agora toca traballar pra ver si o ano que ben..., ou a ver si o Celtiña consigue subir. 

 fondo Salgado-Lopez
Fotografía propiedade de R.Salgado
Fotógrafo, Afeccionado

O amigo Pastor Fabrega, atento e madrugador coma sempre, enviame este datos que complementan perfectamente o texto.
"Lo que ocupaba el bajo del edificio de la esquina, era la administración del Auto Industrial, y como en casi todas las administraciones de autos de línea había un bar (arrendado a una persona que lo explotaba en alquiler) Así aquí era El Deportivo, en el Paseo en la administración de Xesteira era el Bar Túnel, había otro en el Corderí, Etc. Creo además que todo el edificio era propiedad de Don Antonio, propietario así mismo del Auto Industrial, y concesionario del Despacho Central de RENFE, y hombre con fama de tener una gran fortuna".

26/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región X)

Entre as fotografías que recibimos no Arquivo visual Ourensán durante a exposición, atopábase esta simpática imaxe, que achega algún dato de interese, e vén enriquecer o apartado de ourensáns no recordo, que aos poucos queremos ir conformando.
A fotografía en canto a localización, é das moitas que en todos os tempos, fixéronse na esquina do paseo, cruzamento de San Miguel, e o Padre Feijoo. A datación facilítanola a propia copia, na que figura escrito por detrás "Entroido 50".
O resto do que vemos, merece algunha puntualización: O vehículo, como podedes ler pertencía á Escola de condutores, "La Moderna", do barrio do Couto (Ervedelo 57, daquelas creo que estaría máis ou menos nas proximidades do actual Xardín Maternal). Pero o máis importante, son dous dos personaxes que protagonizan a fotografía. Ao volante do automóbil, teño moitas dúbidas, pero creo que podería ser o amigo Marcial Feijoo, (non me fagades moito caso, a ver si él me di algo.....), o que se teño confirmado é que dous das damas que embelecían coa súa presenza a caixa do vehículo, eran dona Piedad Ariza Pedregosa e Dona Elisa González Pombar, amiga e nora respectivamente de Dona Obdulia, (para os que non o recordedes, lede a entrada que fixen dela fai uns meses). Dona Obdulia
A Dona Piedad, moitos recoñecerédela mellor polo seu sobrenome, "A Marrona", e tedes dela e o seu marido Don José "O Marrón", datos nestoutra entrada. Os Marrón

A fotografía, cedéunola Natalia Vázquez Novoa.

25/5/11

Belezas de Auria

Penso lembrar que nalgunha ocasión, faleivos do sistema que utilizaban os nosos devanceiros pra conseguir imaxes deste estilo, (revisade o blog, e encontraredelo).
Hoxe, logo da petición duns amigos de que publicara una destas xoias, ainda que un pouco a regañadentes, (non sei se existira este palabro en galego), presentovos esta señora.
Recoller as fotografías antigas "eroticas", que non pornograficas, seria penso que moi interesante, algunha das que teño, asegurovos que son fermosisimas. O problema, que teño pra conseguilas, e que a gran maioria foron destruidas o localizalas; pensade nas revistas que os rapaces da serie "Cuentame", tiñan debaixo do colchon, e agora imaxinadevos o que faria a sua avoa Herminia si chega atopalas. Agas de escandalizarse, de seguro  que as botaba directamente o lume. O maxistral Cervan da serie seguro que nos facilitaria outras, pero xa non eran as tuas "chicas".
Outro problema tamén moi dificil de arranxar, e que nin o fotografo, nin o propietario da copia, puñan ningún tipo de dato que colaborara na sua datación, nin ubicación, e moito menos na identificación da retratada.
Así e como actualmente teño unha boa colección destas imaxes, pero agas dunha que a sua procedencia e con casi total seguridade un estudio da rúa do Alba, o resto ata as mais ou menos 50, sempre nos quedara a dubida se son de artistas ou muchachas que pasaron pola nosa cidade.
Se algún de vos atopa entre os seus tesoros algunha destas fotografias, e nolas deixa escanear, seria de gran axuda pra intentar facer un pequeno arquivo de fotografías desta tematica, o poder traballar con mais numero de imaxes, das que tes a seguridade que levan tempo na cidade, facilita en gran maneira poder pouco a pouco aportar datos de interese.
Fai pouco tempo conseguín en Lugo seis delas, e aseguraronme que a sua procedencia, era a nosa cidade, cousa que non`poño en dubida, pero perfectamente poden ser dun ourensan que as trouxo de calquera outro lado.  Unha delas, e precisamente a que hoxe vos mostro.

24/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región IX)

Na exposición Ourense un século de fotografía, estivo ben representada a famosa Sala Auria. A verdade, e que varios dos descendentes da familia Blanco, teñen moi boas relacions ca asociación, de feito Natalio e a sua dona Patricia, son dous dos membros dela.
As fotografías da "expo", correspondían o interior da magnifica Sala, e a que o amigo Florentino nos enviou, e do exterior no ano 1964. E evidente que o que se queria retratar nesta ocasión, non era a sala, senon o paso da batalla de flores daquel ano; pero como vos teño comentado en moitas ocasions, as vellas fotografías e normal que mostren mais do que en principio vemos. Por eso no arquivo visual gustanos que nos deixedes botarlle unha ollada pra fixarnos no que de xeito habitual, pasa desapercibido.
Da Sala Auria, non vos preocupedes, que seguiran aparecendo imaxes, non en vano no seu tempo foi considerada a millor sala de festas do pais.

23/5/11

A panificadora Civico Militar

Na entrada de onte, mencionei o amigo Javier Torres, por fotografías que me ten deixado de Reverter, e hoxe doulle as grazas por esta que me enviou xunto cun grupo de fotografías, do mais interesante.
Teredes que mirala un par de veces, pra comprender que e o que estades ollando na imaxen, xa que hoxe esta un pouquiño cambiado ese espacio urbano de Auria.
No remate do seculo XIX, pusose de moda, a creacción de Economatos; era un xeito de abaratar os prezos dos articulos chamados de primeira necesidade; en principio por medio de compra directa de grandes cantidades, ás empresas productoras, e logo eses productos vendianse case que o mesmo precio os beneficiarios do economato. En moitos casos, eran as grandes empresas, quenes os impulsaban a modo de ofrecerlle beneficios adicionais os seus empregados.
Pero non e a miña intención explicarvos o que eran os economatos, senon falarvos un pouco deste que se ve na fotografía.
No remate do século XIX (+- 1890), Don Tomas Fabrega Tomas xunto con outros notables da nosa cidade, deciden impulsar a creación, da "Cooperativa Civico Militar", que xa noutras cidades estaba a funcionar con moito exito. Primeiramente abriron unha tenda, na rúa do Instituto, (Lamas Carvajal), onde se distribuian todo tipo de alimentos, os daquelas chamados "ultramarinos". Estaba ubicada a tenda, onde hoxe estan as Galerias Dorzan. O pouco tempo, decidiuse montar un forno de pan, co mesmo obxetivo, (abaratar os prezos), e ise forno e o que hoxe vos mostro na fotografía.
Ahora que sabedes o que era ese edificio, algún xa sabera tamén onde estaba; pra os "novos" coma mín, faralles falta que termine por decirlle que nese solar logo de que "caera" esa chimenea, fixose o edificio mais alto da nosa cidade A Torre. Con ese dato, seguro que recoñecedes o edificio que esta detras, o que hoxe un pouco mais alto, (pegou o estirón cos anos), segue na esquina de Habana, con Curros Enriquez.
A fotografía e de aproximadamente o ano 1950, e ten outro detalle, se vos fixades poderedes ver os vellos uniformes da policia nacional. 

22/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región VIII)

Nos mais de tres anos de vida deste blog, botei en falta moitas veces a xente coñecida, (moitos ainda sigo a botalos en falta); Don Estanislao era un deles. A casualidade, e o amigo Santi Reverter, quiso que de repente teña unhas cantas fotografías interesantes deste gran home do deporte, e a empresa ourensán.
Pero resulta que o mesmo tempo, o tamén amigo Javier Torres, atopou no album familiar, algunha imaxen como a que vos mostrei fai uns días de Don Estanislao con Ventura, presentando o "corcel" co que ian competir en Montecarlo; habera que racionalas e poñelas os poucos, pero poderedelas ver todos.
A de hoxe que publicou "La Región" durante a exposicion do A.v.O., forma parte do grupo que me deixou Santi, e mostra o seu pai xunto a Ventura, presentando na rúa do Paseo, o Mini Cooper co que ian correr de novo en Montecarlo, o ano 1973; o que seria, penso, que a última vez que acudiu o Principado como participante. (coido que logo no 77 volveu axudando a Beni, pero teño que confirmalo).
Se vos fixades na fotografía, veredes que tiñan o patrocinio do diario La Región, pra levar a cabo a sua aventura que ese ano comezaron en Almeria. 

21/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región VII)

Albertito V. en Celanova.
No Arquivo visual Ourensán, sabemos que a maioria das fotografías que se gardan nas casas, son de persoas, (e o loxico, non...). Eso non quere decir que carezan de interese pra os fines do arquivo.
Explicovolo, a parte de que seria interesante gardar a imaxen de todolos ourensans, (todos somos igual de "importantes"); todas as fotografías aportan algo que pode interesar. Das de estudio falaremos outro día, pero as de rúa, e facil que mostren algún rotulo, edificio, vehiculo, ou calquer detalle que no momento non lle damos importancia, e que nalgun momento polo que sexa poder chegar a telo.
A fotografía de hoxe, envianola a amiga Manoli, e mostra unha das case que infinitas fotografías que Don José Vazquez Arias, "O Rizo", fixo na vila de Celanova, e ahí esta Albertito, posando con "arte" pra posteridade. Supoño que a imaxen obtivose a unha hora temperá da maña, xa que senon non me explico que os zapatos estiveran limpos, e os pantalons ainda non tiveran algun percance.  

20/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región VI)

Cepillos Barbosa
Esta e a segunda fotografía que sae no blog, desta empresa Ourensá, (ainda que algún "purista", seguro que me corrixe, e dime que e de Canedo). Os Barbosa supoño que son coñecidos por todolos Ourensans.
Hoxe teñen a sua empresa nunha gran nave, pero os comezos non foron así, como e loxico; a primitiva fabrica no Rincón ainda a lembran moitos dos pontinos, e alí foi onde se fixo esta fotografía, non e das primeiras, xa que polo que me contan corresponde os anos sesenta. Pero podese ver perfectamente que o xeito de traballar distaba moito do actual.
Como ben apuntan os amigos do diario "La Región", no comentario con que acompañaron a fotografía na sua publicación, hoxe eses rapaces non poderian traballar, o posto de aprendiz, xa non existe. Tamén e certo que me parece que estes non eran aprendizes, senon, "Barbosas de futuro", que se puxeron a facer que traballaban, pra sair na foto. (non digo que noutras ocasions non botaran unha mán, pero e que con esas roupas, non sei eu.....).
A fotografía debemoslla a Nuria Barbosa, quen tivo a xentileza de prestarnola.

19/5/11

A casa da Misa do Alba (Federico Román Alonso)

La casa de la Misa de Alba. Plaza del Hierro. Ourense” (Federico Román Alonso)


Esta fotografía, tomada antes de 1892, es una de las dos que constituyen la placa de cristal para visión estereoscópica, conservada en el Archivo familiar de María del Socorro Alonso Martínez-Risco.

Es escasa la información existente sobre el edificio denominado “Casa de la Misa de Alba”, de ahí que la fotografía adquiera un valor especial. El historiador Manuel Murguía, hablando de las casas antiguas de la ciudad de Orense en su libro “Galicia” (Edit. de Daniel Cortezo y Cía, Barcelona, 1888), la cita de esta manera: “… y sobre todo la vieja y en ruinas casi, pero por extremo importante, situada en la plaza del Hierro, y en otro tiempo perteneciente al conde de Taboada. Conociósela con el nombre de casa de la Misa de Alba, así por la fundación podría con facilidad averiguarse, si como hemos dicho ya – pues tal creemos – es la misma que poseyó y habitó el famoso chantre y después obispo D. Pedro Yánez de Noboa. En Galicia, en donde tan escasos son los restos de la arquitectura civil de los tiempos medios, este edificio, con un alto y desarrollado frontis, con sus puertas y ventanas románicas y ojivas, constituye una verdadera reliquia del arte medieval, como lo son también las ventanas románicas y espléndidas del episcopio, que por fortuna perseveran …”.

Y en los últimos años la recordada investigadora Olga Gallego Domínguez en “A cidade de Ourense. Unha visión a través dos séculos” (Boletín Auriense. Anexo 27. Museo Arqueológico Provincial. Ourense, 2001) nos dice: “…Na Corredoira, caseque na Praza do Ferro, a Casa dos Condes de Maceda, coñecida como Casa de Misa de Alba, por estar afecta á capela de Misa de Alba da Catedral, foi construida polo chantre Yáñez de Nóvoa, logo bispo de Ourense, con aposentos abovedados, torre e fiestras oxivais. A mediados do XVIII, o Conde de Maceda, seu descendente, aínda tiña na rúa de Santo Domingo unha peza, chamada Horta do Conde, de 12 cavaduras, que lindaba polo N. co convento de Sto. Domingo e polo poniente con camiño, e na Praza do Ferro ou Sto. Domingo, unha casa dun alto, de 27 varas de fronte, 6 de fondo por unha parte e 14 por outra. O seu aluguer valórase en 400 reais (36 ducados), e pola que pagaba ó capelán da misa de alba da Catedral 1.100 reais, 6 fanegas de centeo e dos carros de palla triga e por oblata, 77 reais. Un gravado da Ilustración Galega e Asturiana (1879-80, p. 332) danos algo de idea da sua monumentalidade. Lamentablemente, foi derrubada no ano 1892 …”.

De aquí que la fotografía que os muestro sea anterior a esa fecha y posiblemente cercana a la del grabado de la Ilustración. Para que se pueda apreciar el cambio que se produjo en la zona añado una fotografía que hice hace pocos meses, y que indica, una vez más, la necesidad de conservar nuestro patrimonio.
Pido disculpas os que visitaron o blog antes das 10 da maña; por un problema supoño que de blogger, as imaxes non apareceron. Sintoo.

18/5/11

OnT. nos medios (Ourense por Barrios II)

Esta foi a segunda fotografía publicada no mensual "Ourense por Barrios"
Contan que o ano 1562, o Bispo Francisco Blanco, cos cartos obtidos da venda dos antigos hospitalillos distribuidos pola cidade, que non eran xa utiles, para dar un servicio sanitario admisible, decidiu construir no solar da Alameda, (mais ou menos onde hoxe esta Correos), o Hospital de San Roque.

Polos nosos datos, cumpliu o seu obxetivo, case que 300 anos; sendo sustituido nas suas funcions Hospitalarias polo das Merces; no 1856 comezou a ser útil para diversos servicios, Audiencia, Concello, Circulo católico de Obreiros, Cociña económica etc.

O seu fin comezou, o ano 1912, en que quedou baleiro polo mal estado que presentaba, aproximadamente no 1917 a porta que vedes na fotografía, foi trasladada o atrio da Igrexia da Trinidade, e o resto do edificio ainda aguantou ata o 27.

Arquivo visual Ourensán fondo Arquivo Municipal de Ourense

Fotografía propiedade do Arquivo Municipal de Ourense

Fotografo, Don José Pacheco, Circa 1917
Recomendovos que non vos perdades a entrada de maña, e un fermoso agasallo que nos fai o amigo Federico Román Alonso

17/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región V)


Pouco antes de comezar o montaxe da exposición, por medio do amigo Lisardo Mazaira,  contactei con Don Francisco Alvarez; con ese dato, non vos estou a decir casé que nada. Pero pra moitos se vos digo que e o neto de Don Francisco Alvarez de Novoa, o autor de "Pé das Burgas", seguro que xa o identifican. (por certo teño que facer un par de entradas deste xornalista, escritor, etc, que a pesares de ser nado en Granada, sentiuse Ourensan de corazón).
Pois ben coma case sempre, nin vou falar de Francisco, nin do seu avó; senon do seu pai. Reinaldo Alvarez.
Nos estudios de fotografía hoxe contase ca axuda do Photo Shop, que sin dubida facilita en gran manera o traballo de retoque; pero antes da era informatica, o retoque como sabedes faciase por autenticos artistas, en moitos casos pintores, (non vou opinar cal e millor, se o traballo manual ou o informatico, sabedes que me gusta deixar pra vos eses temas); un destes artistas era Reinaldo Alvarez (realmente Reinaldo era funcionario, pero a sua aficción era esta), penso que xa nalgunha ocasión o teño mencionado no blog.
Reinaldo era un dos amigos, e digo amigo, e non empregado, porque no estudio de Pacheco, a vida, polo que eu sei, era de traballo, pero nun ambiente moi relaxado, os habituais irmáns Xesta, Luis Ksado (no seu periodo de formación), Jaime Pacheco (o irmán e alumno de José), foron dos primeiros en disfrutar dese ambiente.
Co paso do tempo, foron deixando espacio, a unha nova xeneración, Toni Román, Carlos Velo, Xocas, amigos do fillo de Don José, Augusto, compartían aficcions con Reinaldo Alvarez na segunda etapa do estudio.
Este grupo, a parte de traballar no estudio, gustaballe sair tamén a expresar as suas inquedanzas creativas no exterior, así foi como naceu a idea de rodar a que supoño primeira pelicula Ourensa, "Las aventuras de Pokrowsky", (desaparecida polo de agora, pero non perdo a esperanza de que algún día apareza nalgun arquivo), e a coñecida "O carro e o home". Pero tamén facian algo mais ludico como idear montaxes fotografícos simpaticos, tal e o caso da fotografía que vos mostro; nela podedes ver a simulación do atropello do propio Reinaldo por parte dos seus amigos, outras veces xogaban cas placas de negativos facendo que xurdiran xemelgos de algun deles, ou com xa vos ensinei noutra ocasión, como un deles propinabase unha paliza a él mesmo.
Fotografías deste estilo, xurdían precisamente grazas a ese ambiente de amistad e camaraderia que existia no estudio Pacheco. Intentarei mostrarvos mas deses simpaticos traballos, e espero contar ca axuda de don Francisco Alvarez, pra darvos datos do seu pai.
Agora que me dou conta teño tamén que falar dos varios retocadores que tivemos na cidade, xa que na maioria dos casos, non se coñecen; quitando os que logo co tempo pasaron a traballar como fotografos,  Felix Dopazo Luis Xesta ou Mari Arredondo, etc. o resto permanece no mas absoluto anonimato, e penso que non e xusto.  Nomes como Antonio Iglesias Gonzalez, Antonio Rodriguez Rodriguez, Fernando Iglesias Sanchez, Manuel Bautista (xenro de Pacheco), a lo menos, merecen ser citados na historia da fotografía Ourensá. A ver si o amigo Fernando Valcarcel, busca un ocó, e nos poñemos a elo.

16/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región IV)

Deixounos o amigo Guillermo Beszeda, unhas fotografías en color do ano 65, non poiden resistir a tentación, e unha delas puxena no blog case que ese mismo día, pero outro dinlla os amigos do diario "La Región", pra que vola mostrasen nas suas paxinas. 
Esa fotografía, foi esta, e o comentario vou recuperar o que fixen ca outra foto, xa que son moi semellantes.
Eiqui vos queda.
"Entre as imaxes que estamos a recibir estes días, grazas a colaboración de todos vos, esta un pequeno lote de fotografías en color, que Don Guillermo Beszeda, tivo a amabilidade de deixarnos escanear.
A pesares de que non son das mais antigas, teñen un gran valor pra historia da fotografía na cidade.
A fotografía en color, foi no seu momento unha revolución no mundo da fotografía. En Ourense, como en todo o pais, os primeiros que se decidiron a utilizar a nova tecnica, tiñan que ter duas cousas principalmente, cartos e paciencia; supoño que xa vos imaxinaredes o porque do primeiro, como todo o novo, o comezo os precios estansomentes o alcance de alguns afortunados. O da paciencia, ven xustificado, porque o carrete tiña que enviarse os E.E.U.U. pra o seu revelado, co conseguinte prazo de demora.
Anos mais tarde, reduciuse o tempo de espera, porque comenzaron a montarse laboratorios de revelado en todolos paises.
Pois ben, polo que me contan o paso seguinte, foi popularizar a instalación deses laboratorios en calquera parte; en Ourense, (a falta dunha investigación mais exhaustiva), foi no 1965, cando comezaron a traballar eses laboratorios.
A fotografía de Don Guillermo Beszeda, corresponde a esa época, co cal e posiblemente das primeiras fotografías en color reveladas na nosa cidade.
O feito de que o fotografíado sexan as obras da nosa Torre, aportanlle outro punto de interese".

Grazas a Don Guillermo, e a todo los que estan deixando as suas fotografías, e os poucos iremos dando a coñecer a todos os ourensans.
Si queredes revisar a outra fotografía facede clic eiqui

15/5/11

O A.v.O. nos medios. (La Región III)

Non fai moito tempo, o amigo Federico Román Alonso, (colaborador do blog), comentoume a existencia de unha fotografía na que se via o edificio da "Confraría da Misa do Alba", (que como xa temos comentado en mais dunha ocasión, deu nome durante bastantes anos a actual rúa Cardeal Quiroga - Alejandro Outeiriño).
A fotografía non a teño, pero o que si conseguín "sacarlle" do arquivo do meu vello mestre Augusto Guedes de Castro (Pacheco), quen por certo anda un pouco perxudicado dun pe, (pensa que e un rapaz...), foi esta fotografía que lle debeu facer o seu pai a este grabado que como vedes na propia fotografía dataron no ano 18.., eu atreveriame ca miña habitual osadia a porlle un 5 o un 6 (pero non me fagades moito caso).
O asunto é, que na esquerda da fotografía aparece o edificio en cuestión, algún entendido poderia darnos mais datos, pero eu penso que debia ser un estilo de edificio medieval, que recorda algun que ainda podese ver en centro europa. Según contan esa era a sede da Confraría que se encargaba da primeira misa que se oficiaba na Catedral; a do Alba de ahi o nome da confraría; e contan tamén que na casa tiñan un oratorio, (poderiase facer un pequeno estudio dos que habia nesa zona, co dos Paules, o da Marquesa de Atalaya Bermeja, posiblemente os Espada tiveran outro, e sin dubida os Dominicos tamén, ...).
A sua ubicación era exactamente donde logo fixeron Yebra, Aperribay e Pimentel o que ainda segue en pe, e hoxe da servicio a un restaurante italiano.

14/5/11

OnT. nos medios. (Ourense por Barrios I)

Polo problema que tivo onte Blogger, non saiu a entrada e borrouse; nun momentiño volvina facer, e eiqui a tedes, con un día de retraso.
Pra alternar un pouco as entradas publicadas pola prensa nos últimos tempos, hoxe poñovos a primeira que saiu no mensual Ourense por Barrios, (Santos do 2010), en total polo de agora, van sete neste diario e trinta no diario La Región, pouco a pouco poreivos todas. A de hoxe, foi causa duns cantos mails, falando da posibilidade de que a fotografía estivera invertida.
Pra que cada un faga a sua composición de lugar, acompaño a entrada que naquel momento saiu na prensa, con outras fotografias que vos poden axudar.
Apoiada na parede das casas municipais, na actual rúa da cruz vermella, estaba situada a fonte do Rei, no momento en que se obtivo a instantánea, ao redor do ano 1939, aínda tiña tres caños, pero a pila xa desaparecera. Hoxe en día só está no sitio, o escudo Real e a lembranza dun caño.
Noutro tempo chamabase do Bispo, na honra do Bispo Tricioy, quen mando construila.
O escudo pode ser que fora rescatado da fachada da Casa Consistorial, que nalgún tempo estivo ahí ubicada, (existe un debuxo do Don Ático Noguerol no A.H.P.Ou. deste edificio, acompañado de datos moi interesantes). Se facemos unha comparación co outro escudo que temos na cidade, (depositado no Museo Arqueoloxico (1927), procedente do antigo matadoiro municipal da Burga), veremos que as armas da cidade, teñen a orientación invertida.
Cítase esta fonte na obra de Eduardo Blanco Amor, “A Esmorga”, como o sitio onde acudiron os esmorgantes para “refrescarse” durante as suas correrías

Arquivo visual Ourensán fondo M. Noguerol
Fotografía propiedade de dona Mercedes Noguerol.
Fotografo, Don Ático Noguerol (non profesional)
 
 Estes son os detalles do escudo que esta no Arqueoloxico, e o que actualmente esta na praza.

Fotografia casi actual da "fonte" do Rei

13/5/11

Os problemas con Blogger

Tan pronto se solucionen todolos problemas que esta a ter blogger poderedes seguir vendo novas entradas.

O A.v.O. nos medios. (La Región II)

Cada quen ten as suas preferencias. A mín estas fotografías son das que mais me gustan; supoño que en parte polo que representan dunha época dificil, na que as alegrias eran poucas, e momentos como os que quedan reflexados, son de felicidade.
Polos nosos datos, poucos son os que visitaron a exposición, e non poden presumir de terse dado unha voltiña nun flamante descapotable; o censo de toureiros da provincia disparouse nestes días de xeito espectacular e a non tardar, veremos nas prazas de España, a "Finito das Burgas", e o "Neno das Caldas" mán a mán diante dalgun morlaco.
Magoa que non poideramos ofrecervos a posibilidade de conducir esta maravilla da tecnica automovilistica que se ve na fotografía. Esta e unha das xoias que Don Felipe Fernandez Chacón garda no seu arquivo persoal, e tivo a amabilidade de compartir con todos nos. Tratase dunha fotografía de minuteiro do ano 1926, na que sae conducindo esa "maquina", o dono dos celebres Almacenes Duran.
Fixadevos na fotografía, e logo, os que se retrataron nos fondos que pusemos no Museo, que comparen as posturas e o efecto final, daranse de conta que un profesional sempre e un profesional; nos pensamos que basta con poñerse en calquera sitio; sen embargo eles (os profesionais) saben que e necesario buscar o sitio exacto, e a postura correcta, o resultado final o merece.

11/5/11

OnT. nos medios. (La Región I)

Durante os días que estivo a exposición "Ourense, un século de fotografía", no Museo Municipal, o diario La Región, tivo a amabilidade de colaborar co AvO dandolle unha excelente cobertura. Día tras día, puxeron na sua "axenda", unha das fotografías que os amigos que visitaban a exposicíón foron deixando pra enriquecer o arquivo da Asociación, ou o que o mismo, pra que as poidan disfrutar todolos ourensans.
A revista mensual "Auria", do grupo La Región, tamén lle deu sobrada cobertura a exposición, axudando a que todos vos souberades da posibilidade de visitala.
Tamén dende fai tempo, contamos ca colaboración do periodico "Ourense por Barrios", que cada mes deixanos unha columna do seu mensual, pra que vos ensinemos unha vella fotografía.
Non podo esquecer a cobertura dada polos demais diarios de tirada autonomica e, o nacional, Faro de Vigo, Xornal de Galicia, La Voz de Galicia, ABC. E as emisoras de Radio e Televisión que tiveron a amabilidade de dar cobertura o noso traballo.
A todos, o noso mais sincero agradezemento, e ofrecerlle a colaboración do AvO, pro que lles poda interesar.

Logo de dar as grazas, e retomando a actividade normal do blog, comezo hoxe unha serie de entradas, relacionadas precisamente ca colaboración dos medios; e pra eso, vou aproveitar as mesmas fotografías que se foron publicando estes días, e que debido a urxencia, e limitación de espacio que require a prensa, deron lugar a lo menos a un mal entendido, e en moitos casos, son susceptibles de aportar mais datos.
Comezo hoxe polo suposto erro, que conten a fotografía publicada o sabado 7 de maio.
A fotografía e do chalet que certamente, pertencia o sr. don Alfonso de Paula Pérez, como de xeito correcto, se informa na sección "quen cho dixo" do domingo, e tamén nos dicen que habitou nela entre os anos 50 e 90, trasladondose logo pedra a pedra a Xeixalbo.
Pero tampouco e erroneo decir que o chalet era obra do arquitecto don Antonio Alonso Vargas, quen si non me equivoco, foi arquitecto municipal.
O chalet posiblemente moitos teredelo ainda na memoria, xa que non hai moito tempo que o "levaron", de  diante do Colexio Cisneros como se ve na imaxen.  
Pido perdón polo mal entendido, pero como xa dixen arriba, e froito da inmediatez con que se fixo a recollida e envio das fotografías, se detectades algún erro mais non dubidedes en advertirmo, de feito este blog ten entre as suas misions, recabar información dos seus lectores, e aclarar dubidas que sin a vosa colaboración seria moi dificil resolver.

10/5/11

Novas Tecnoloxias

Iniciativas como esta, penso que polo seu interese, e caracter innovador, merecen ser coñecidas, e apoiadas.
Sin ser o obxetivo deste blog, con moito placer, fagome eco deste proxecto. (e aproveito pra reservar o meu exemplar).
Do autor escuso decirvos nada, José Maria Perez Alvarez (Chesi), e sobradamente coñecido, a obra dou por suposto que estara na sua liña, e sera un luxo poder leela.
O innovador e o sistema escollido pra difundila. Aproveitando as novas tecnoloxias, poderemos disfrutar da obra, e colaborar na sua edición. visitade este enlace a páxina de "El Cercano", do amigo Moncho Conde Corbal, que esta a colaborar na iniciativa, pra informarvos de como se vai levar a cabo.

http://elcercano.com/mod_noticias/visualizar.php?id=20353

Penso que si entre todos colaboramos neste proxecto, estaremos abrindo unha nova porta os autores, pra que podan dar a coñecer a sua obra.
Animadevos, de seguro que paga a pena.

9/5/11

Ultima oportunidade III

Rematou a exposición, e eiqui vos deixo a terceira parte da fotografía que vos estou a mostrar nos últimos días.
Os membros do Arquivo visual Ourensan, queremos agradecer a todos os visitantes, na sua gran maioria, os nosos veciños, (algún turista tamén pasou), o interese mostrado polo noso traballo, e que como dixen esoutro día danos folgos pra seguir desenrolando proxectos.
Queremos dar as grazas tamén, a todolos amigos, que nos deixaron as suas fotografías e obxetos relacionados ca fotografía, xa que sin elas seria imposible ter feito a exposición, (perdoade que non poña os nomes, pero e que seria escesivamente longa a lista).
E as empresas que co seu bo facer colaboraron con nosco.
A todos GRAZAS
Asinado:
Amador Rego Villar-Amor
José Natalio Blanco Sierra
Patricia Santamaria Hervella
Miguel Ángel Abad Vila
David Simón Lorda
Pastor Fabrega Carballo
Xose Lois Carrión Gonzalez
Ana Maria Malingre Rodriguez
Miguel Ángel Gonzalez García
Fernando Valcarcel
Francisco Javier Espino Domarco
Manuel Ángel García Yanes
Santiago Mosquera Gonzaléz
Norberto Tabares Feijoo
Candido Ventim Sanchez
Javier Torres
Augusto Guedes de Castro
Juan Ramón Valencia Calvillo
Manuel Dominguez Quiroga
Lisardo Mazaira Saburido
Ernesto Schreck Mata
Rafael Ángel Salgado Sanchéz

8/5/11

Ultima oportunidade II

Hoxe e o último día, e teredes que apurarvos un pouco se ainda queredes botar un ollo a exposición Ourense, un século de fotografia; os domingos o Museo esta aberto soo polas mañas.
Eiqui vos deixo a segunda entrega da fotografía mural que durante estes dias ten sido o mais visto na sala. E evidente que os ourensans, gustanos localizar a nosa casa noutros tempos, o problema e que en moitos casos a casa ainda non saia na foto, sera que se moveu no momento que o fotografo a ia sacar; ou vai ser que ainda non estaba feita .....
Maña a parte central da fotografía. 

7/5/11

Ultima oportunidade

Maña domingo día 8, remata a primeira exposición organizada polo Arquivo visual Ourensán. Os que ainda non tiveron a oportunidade de visitala, teñen que facer un esforzo, e ir hoxe en horario de maña ou tarde (11,30 - 13,30 e 18,30 - 21,30); ou maña, pero lembrovos que os domingos a tarde non abre o Museo.
A verdade e que todos os membros da asociación, estamos moi agradecidos pra os nosos conciudadanos, pola agarimosa acollida que tivo o noso traballo; e que obríganos a seguir traballando, pra millorar, e solucionar os moitos erros, que a nosa ignorancia fainos cometer. 
Xa vos "amenazamos", con ofrecervos posiblemente durante este mismo ano, outra exposición, estamos traballando nela, seríatematica... pero non vou darvos datos polo de agora, tempo teremos.
Este fin de seman, vouvos poñer a fotografía que penso mais vos ten gustado; o mural de sete metros e medio, confeccionado en base a unha fotografía que esta en poder do Arquivo Municipal, feita por don José Pacheco, o ano1928, (sempre teño a dubida de si poidera ser obra do seu fillo Augusto, pero entre pai e fillo penso que non van discutir).
Debido o seu tamaño, poreinna en tres veces, así que maña tedes a segunda entrega.
Se ides vela no Museo, estes días, seguro que algún dos socios do A.v.O. andara por alí por se queredes que vos axuden a identificar as rúas e casas, na fotografía.

6/5/11

Fagome vello ou pasa o tempo?

Non me gusta poñer fotografías como esta, xa que me fan dar conta de que empezo ir vello; no caso da de hoxe que me envia o amigo Javier Torres, podia excusala, xa que normalmente non poño imaxes de pasados os setenta, e como podedes ver no auto, esta e`posterior o setenta e dous.
Fotografías como esta, como digo, fanme sentir vello porque o que vos mostro na imaxe eu teñoo na retina; o piloto de moda naqueles anos, o gran "Ventura" (Antonio Freire), unha das apostas do añorado don Estanislao Reverter, quen era un autentico espectaculo o volante do vehiculo, igual tiña cal fora, o Mini, o FU, o Escort, o 911, ou mesmo o Alpinche que algunha vez tamén levou, e de quen os afeccionados decian,  que se remataba a carrera, e que a ganara, e se non a tiña ganado, e que o seu vehiculo rompera; tales eran as suas ansias de facelo ben, que sempre arriscaba o limite. Os meus nove anos cando empezaba a fixarme nos coches, "Ventura" era todo un idolo, e ademais por fortuna tiven a sorte de coñecelo persoalmente, e eso a certas idades comprenderedes que e moi importante.
Pero a imaxe, non e solo importante, pola presencia do bo de Ventura, senon que reflexa penso que un dos momento historicos pra o automovilismo ourensán. Naquel ano 1972, eses dous cabaleiros, Reverter e Ventura, ian correr o Rallye de Montecarlo, a lomos dese 124 Sport, e si non me equivoco esta foi unha das fotografías cas que quiseron inmortalizar a sua xesta; o coche tuneado pra ocasión, e as rodas de clavos precisas pra correr nas pistas de neve e xeo con que Montecarlo adoita recibir os pilotos, enriba do coche, (os medios economicos desde logo non eran "sobros"). Levaba Don Estanislao xa unhas cantas participacions na proba, dende o 58 se non me equivoco que foi correr con Antonio de copiloto, ata o 67 que pareceu que o ia deixar. Esta proba do ano setenta e dous, foi o reencontro cas pistas de Montecarlo que tanto lle gustaban a don Estanislao, e o feito de atopar un home como Ventura impulsouno a volver a intentalo, de feito repetiron a ano seguinte. (pero millor que siga con este tema xente mais entendida ca mín). 
De feito o extrano de ver esa impensable imaxen (hoxe) da rúa Pena Trevinca esquina rúa Coruña, que incluso me fai dudar, si e ahí, pasa a un segundo plano.
Se algún dos membros da Escuderia Ourense quere facer una pequena biografia de Antonio Freire "Ventura", ten o blog a sua disposición, a mín dende logo fariame ilusion, xa que lle perdín a pista fai moito tempo.

5/5/11

Revista Siglo XXI (Veciños celebres)

De xeito habitual, as entradas da sección xornais e publicacións, resérvoas para o fin semana. Pero nesta ocasión, creo que é mellor non facela esperar.

Fíxenme o luns co número 22 da revista "Ourense Século XXI", sempre interesante, pero neste caso se cabe imprescindible.
A través de breves artigos de autores moi cualificados, e nalgún caso vinculados ao personaxe con lazos familiares como: Ana Malingre, Mercedes Gallego, Miguel Ángel González García, Pablo Sánchez Ferro etc. preséntallenos a unha gran parte dos nosos ilustres veciños, que co seu labor conseguiron que Ourense alcanzase unha gran consideración no mundo da cultura.
Apelidos como Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, Parada Jústel etc. Son algúns dos que podemos atopar na revista; a súa obra por todos coñecida, "aínda que só sexa de oídas"; como ben di no seu artigo a amiga Ana Malingre (tataraneta de don Valentín Lamas Carvajal), aínda "é moi actual". Desgraciadamente as novas xeracións cada vez percíbenos como moi afastados, pero posiblemente se lle facilitamos o acceso a estas obras, descubran que seguen sendo unha bela e aleccionadora lectura.

Felicidades a todos por este fenomenal traballo, pero permitídeme que felicite de forma especial a Ana Malingre, e Miguel Ángel González García, membros do Arquivo visual Ourensán, quen nos teñen afeitos mostrar o seu bo facer.
Grazas.
Intentade facervos coa revista, que non vos defraudara.
Se consigo o permiso, intentarei porvos no blog, os artigos.


4/5/11

Don Venerando

Fotografía propiedade de don Arcadio Vila, de don Venerando vai ser complicado identificalas, xa que os minuteiros non adoitaban firmar os seus traballos.
Ainda esta quentiño da imprenta o libro do "Achegamento a historia da fotografía en Ourense"; e podovos decir que xa son moitos os novos datos e achegas que moitos de vos me tedes facilitado. Agradézovolo sinceramente, xa que moitos de eses datos non son sinxelos de atopar.
Hoxe como mostra, e grazas o esforzo e amabilidade dos amigos do Arquivo Municipal, (Carmén, Francisco e Fernando), podovos aportar o nome e pouco mais (polo de agora), dun fotografo, según el di, ambulante, e polo que reclama, supomos que "Minuteiro".
Según consta na solicitude feita o 19 de setembro do 1936, Don Venerando Doval Rodriguez, casado maior de idade e veciño da Lamela, no concello do Pereiro de Aguiar, desexa dedicarse a obter fotografías o minuto ao aire libre, na alameda desta cidade. A devantita solicitude recibe informe favorable da comisión de Fomento, regida por don Mariano Rodriguez Sanz, con data 28 de setembro, e o permiso definitivo do sr. Alcalde, (realmente delegado militar Alcalde), Don Marcelino Mira Cecilia o dia 1 de outubro dese mismo ano.
Penso que esta debe ser un dos poucos documentos que levan a firma deste Alcalde cuxo paso pola alcaldia foi breve, (se non erro, estivo dende fianis de xulio, ata finais de setembro).
Grazas a todos os que me estades facilitando datos e fotografías.

3/5/11

A natureza

Mostrábavos a semana pasada obxectos que polo celo dos seus donos, podían verse en fotografías de comezos do século pasado, e aínda hoxe temos a fortuna de poder gozar.
Hoxe ocorréuseme ensinarvos algo que tamén conseguiu perdurar no tempo, neste caso foi a natureza, a que o fixo crecer, e polo tanto parecen diferentes.
En 1855 (53?) logo da pertinente autorización do Concello; a cargo e custodia do Catedrático de Historia Natural do Instituto Provincial de segundo ensino, comézase a creación do xardín botánico do Posío; a casualidade quixo que descartada a opción de crealo nos arredores do convento de San Francisco, déseselle unha localización, que posteriormente "arrastraría", para as súas proximidades, ao instituto ao completo.
Cando en 1897 comeza a nova andaina o que se chamaba centro provincial de instrución pública (hoxe Instituto Otero Pedrayo), o profesor encargado do Botánico, Don Pompeio Beltrán, amplia os terreos do botánico, ocupando a parte traseira do centro educativo, onde hoxe está o pavillón deportivo.

Logo destes apuntes históricos, falemos da fotografía.
Como podedes ver esta asinada polo ilustre Pedro Ferrer (A Coruña), pero como xa vos comentei noutra ocasión, iso non é definitivo; algunhas fotografías daqueles anos, non se poden atribuír a pesar dese dato tan concreto, a Ferrer, xa que a súa relación con Pacheco, daba lugar a eses paradoxos.
As palmeiras que supoño que salvo enfermidade ou desgraza son as mesmas, podedes ver que cara ao 1903 - eran unhas "pipiolas", o seu tamaño actual pasa nalgún caso dos 5 metros de altura (non as medín, así que admito outras alturas); e o paseo que conformaban pouco cambiou nestes mais de cen anos, e neste caso "mellor así".

2/5/11

Santo Domingo

Por variar un pouco a tematica do blog, hoxe pensaba poñervos un exercicio; pero o final cambiei de opinión, xa que me parecia un pouco complicado, o que ia pedir.
Sei que algún de vos seguro que certaba co que vos estou a ensinar, pero serian somentes aqueles que agudizaran a vista, e miraran o sitio que aporta a unica pista que ten a imaxen, (deixando aparte os veciños da rua do Paseo nº 17, daquelas Jose Antonio, que soo con abrir as ventas, era a vista que tiñan).
O amigo Florentino Moretón, autor e propietario da fotografía, enviama e dame os datos; asegurovos que no primeiro momento, non me daba conta, do que poderia ser, pero logo de leer os datos tampouco...
E broma, o que pasa e que esta vista da cidade non me quedouna retina, e penso que a poucos debeulle quedar, cando miramos nesa dirección dende a rúa, (xa que non todos podiamos subir a casa de Florentino); a vista xa quedaba fixa no espectacular abrigo de enredaderas do Chalet Losada.
Vaia xa o disen; pois si detras do chalet Losada ainda que moitos pensabamos que o xardín da casa non tiña fin, estaban as traseiras da rúa Santo Domingo, esta e a proba.
A fotografía feita por un bo afeccionado, no ano 1965 (o propio Florentino), mostra ainda a casa que no seu día ocupou a familia Malingre, na rúa de San Domingos, o seu caron xa estaba feita a casa onde estivo Radio Perez, e comezaba a sobresair na zona, a casa da esquina de Bedoia co Parque, onde esta o Gaimola.
Grazas Floro, manda mais; e de paso un xiro se podes.

1/5/11

Dia da nai

Facer o blog, e certo que me quita tempo, e que calquera día botanme da casa, e do traballo; por eso teño que aproveitar un dos beneficios que me aporta.
Cando toca dar as grazas ou felicitar a alguen, non teño que gastar un can, (porqué sera que algún di que son un "pouco" rata?; a pesares destes detalles penso que esta nun "craso error").
Hoxe día da nai, (o resto dos días seran do pai?), vouvos facer un favor a todos, e podedes aproveitar a entrada pra felicitar as vosas nais tamén. A dama de fotografía, era unha nai, boa nai, pero tamén era unha boa avoa, e no meu caso unha boa bisavoa (supoño, xa que non poiden coñecela; pero polo que sei, era moi boa).
Bo non vou seguir, que teño que ver si me convida algunha nai a comer, a ver si van pensar que o de dar as felicidades e de balde!.
Felicidades a todas as Mamas