Consejos y avisos

27/4/11

Pequenos detalles "La Regidora"

 Fotografía propiedade de A. Camba.
Ando estes días dandolle voltas a cabeza, pensando en que podo poñer, tendo en conta que esta a exposición no museo, e os afecionados e posible que estean un pouco saturados de "vintage".
O caso e que por casualidade atopei esoutro día un obxeto, que me chamou a atención, maiormente, porque estou canso de coñecelo, e de pequeno viao con moita frecuencia.
Falo do reloxo do restaurante "La Regidora", (poucos dos que pasan dos trinta teran esquecido este local, do que xa falei nalgunha ocasión no blogue); o bar Fervenza, nos viños, garda este pequeno tesouro, pra os amantes do pasado local;  testigo de celebracions gozosas de moitos dos ourensans, este reloxo era un personaxe mais, nas fotografías que se facian no convite.
Por il rexiase a vida do bo de José Ramón, da laboriosa Rosina, e do fenomenal cociñeiro co que contaba o restaurante.
O problema e que despois de velo, e confirmar co dono do Fervenza, a procedencia do aparato, chego onde o meu arquivo, e atopo esta fotografía na que sae o reloxo en cuestión, como podedes ver ser e moi parecido, pero igual de todo non é. Explicacions poden existir moitas; por exemplo que a madeira que rodeaba a maquinaria houbesese sustituido co tempo, (a fotografía da boda, e mais ou menos dos anos 50); outra opción que se me "escurre", e que na miña memoria (non moi fiable), existe un lonxano recordo, da existencia de dous reloxos, un detras da barra, e outro no comedor.
Se algún de vos sabe cal e a explicación, sabe que ten o meu mail a sua disposición.
Como vos decia o principio, a casualidade de atopar este reloxo, diume a idea de intentar ensinarvos cousas que actualmente se poidan ver, no mesmo estado que saen nalgunha das fotografías que temos no AvO.
Se podo maña empezo. 
Por certo se vos pasades polo Fervenza, poderedes ver o reloxo, pero tamén algunha cosiña mais; como as vellas taquillas do Principal, e algunha mais. Mentras tomades un viño buscade polas paredes, que según vaides "libando", iredes vendo mais cousas interesantes. 
(un día destes pasarei por alí pra coller unha "merluza", a conta da publicidade gratutita.) 

No hay comentarios: