Consejos y avisos

28/4/11

O cadro de Don Ramón Parada Justel

Como vos dixen onte, intentarei ensinarvos obxetos, (nalgun caso como o de hoxe, autenticas xoias), que aparecen en fotografías das que temos no Arquivo visual Ourensán, e ainda e posible velas hoxe en día.
Logo da do reloxo de onte, (que ten trampa), hoxe quero que vos fixedes nesta, que ultimamente estades a poder ver con frecuencia.
Tratase da fotografía que ilustra a portada do libro Achegamento a historia da fotografía en Ourense, e o mesmo tempo da a benvida os visitantes da exposición, Ourense, un século de fotografía en Ourense.A fotografía levou tempo conseguila, pero penso que pagou a pena, maxime cando o final apareceron, unha copia orixinal, e a placa orixinal de cristal, (todo un luxo).Pois nexa fotografía do estudio de Don José Pacheco, (datada supostamente no 1903), e feita (tamén supostamente), por don Pedro Ferrer, (este último dato, pode non ser exacto, dado que o aparecer a placa no arquivo Pacheco, fai poñer en dubida a autoria; a relación entre Pacheco, Ferrer e mesmo Ksado, foi moi boa, e non e extrano que instantaneas feitas por un deles, levaran o selo doutro). Como decia, nexa fotografía podense ver os aparellos propios do estudio, xunto cos obxetos utilizados por estes profesionais pra ambientar as suas fotografías.
Pero neste caso, temos outro obxeto, que non esta ahí, pra decorar, senon que pode ser como agradecemento, cara o autor, que lle fixo este fermoso agasallo ao mestre Pacheco. Falo do cadro de Ramón Parada Justel, que como di na dedicatoria, don Ramón.
 "A mi buen amigo Pacheco, afectuosamente. Orense 1875"
Foi dun amigo cara outro. A fortuna, e a amabilidade do meu "vello" (por fastidiar) Mestre Augusto Guedes, neto de Don José, fixo posible que estes días na exposición podamos disfrutar desta fermosa obra pictorica o natural.
Como xa vos dixen nalgunha ocasión, (ou a lo menos pusenno no libro), esta obra forma parte dunha triloxia do autor, que se completa con "El Segador", e "Neno tocando a flauta", ambalas duas obras hoxe en día en poder do Museo Arqueoloxico de Ourense.
Tedes na exposición do Museo Municipal a posibilidade de ver estas duas imaxes en directo. E si tedes ganas e paciencia fixrvos ben, porque na entrada de maña, poreivos outra curiosidade que tamén esta estes días no Museo.

No hay comentarios: