Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

8/4/11

Cambio de Terzo

 Aproveitando a xerga taurina, vou deixar de aburrirvos xa co tema da Exposición, (porque xa sabedes que onte se inauguro unha exposición "Ourense, un século de fotografía" no Museo Municipal, e que a poderedes visitar ata o día 8 de maio).
Para abandonar o tema, hoxe tráiovos estas fotografías realizadas na tarde do mercores na sala, que me van  servir, pra dar as grazas tamén a todos os que alleos ao Arquivo visual Ourensán, colaboraron pra que esta exposición puidese facerse.
Comezo por ter un afectuoso recordo cara a dona María del Socorro Alonso Martínez-Risco, quen tiven a fortuna de coñecer, e de quen amablemente recibimos o permiso para expor unha das xoias da Exposición, un visor fotográfico que pertenceu a Don Marcelo Macías. Por desgraza ela non poderá visitar a exposición en persoa, pero en espírito, sabemos que estes días lembrara un Ourense que ela tan ben coñeceu. Grazas tamén aos seus fillos Fernando e Federico Román Alonso, que sobrepóndose á dor da perda da súa nai, seguen colaborando con este blog e o Arquivo visual Ourensán.
Grazas tamén, a Luís Santa Rita, Antigüidades "El Desván", pola súa xenerosidade, ao prestarnos as vitrinas que realzan as cámaras e accesorios que presentamos; ata nos prestou tres preciosas cámaras de principios de século, da súa propiedade.
Na fotografía de arriba, podedes ver un detalle creo que simpático, por se non o sabedes, coméntovos que nesa fotografía están dous profesionais da fotografía, que aínda encima teñen moita relación con "os minuteros", a Mazaira xa o coñecedes, pero o primeiro pola esquerda, é Arcadio Vila, o fotógrafo de referencia en Monforte de Lemos; grazas a el e a súa paixón pola fotografía podemos gozar estes días da maioría das cámaras, instrumentos e fondos que tedes na exposición.
O noso agradecemento tamén, ao persoal do Museo Municipal, pola súa profesionalidade, e boa disposición; dirixidos por Eva Torres, fan fácil o difícil.
E non quero esquecerme de Esther Pacheco, a neta de don José, e filla de Augusto, quen a pesar do breve tempo de contacto que tivemos, puxo á nosa disposición gran parte dos seus recordos familiares.

Esperando non esquecer ninguen. A todos de corazón Grazas. 


No hay comentarios: