Consejos y avisos

1/4/11

As ringleiras

Ainda que pra os lectores do blog, xa e sobradamente coñecido, non en balde, e un dos mais activos colaboradores; o amigo Pastor Fabrega, acheganos esta imaxen que lle cedeu a amabilisima Conchita Calvo, na que podemos ver o ambiente que reina na Praza da Constitución da cidade (perdón, hoxe Praza Maior), agardando a inauguración da exposición; tendo en conta que o museo esta na rúa da Obra, (perdón, hoxe Lepanto), imaxinadevos como estaran esas rúas, Tendas, Groria (perdón, hoxe Arcediagos), Praza do Carvom, Patin Vello, Tras do Cristo, (perdón, hoxe mais ou menos Juan de Austria), cheas de xente, e iso que terán que esperar ata o miercoles dia 6 as oito da tarde. A ver se vai resultar que estan agardando outra cousa.

Vaia dime Pastor que a fotografía esta cortada, e no resto vese que se celebraba unha misa, na Praza Maior, e aínda encima que a fotografía debe corresponder a comezos do século pasado.
 
Perdoade esta broma, pero e que o meu maxín, ultimamente xa esta moi "escurrido", fixadevos que xa me vellen antes a cabeza os vellos nomes das rúas que os actuais. Sera o "inconsciente", que non entende as veces a necesidade deses cambios.

No hay comentarios: