Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

4/2/11

Os Maristas no Barco

A proba de que non son un historiador, revélase perfectamente nesta entrada, e algunha máis das que fixen dos Irmáns Maristas en Ourense.
Se revisades o blog, veredes que á marxe da pequena historia dos Maristas na cidade que aos poucos vou facendo, de cando en vez, douvos algún dato que considero novo.
Unha cousa é atopar un dato novo, ou ata dous, pero neste tema, xa son moitos os que foron aparecendo.

Nesta ocasión, trátase da referencia, ao intento de instalación no Barco, doutro colexio dos irmáns, o cal houbese sido o cuarto xunto cos da cidade, Ribadavia e  o Carballiño.
Conta don Gustavo Docampo Paradelo, No libro "Cen anos de O Barco nas fotos", (Concello do Barco, 1990); que no ano 1912 o párroco Pablo Salvadores Ferreruelo, conseguiu que os irmans Maristas contemplasen a posibilidade de abrir un colexio no Barco. Para iso trasládase á zona, o asistente xeral da orde. (Puidese ser o irmán Stratonique, quen consta que pasou por Ourense o 11 de abril de 1913, aínda que non coincidiría coas datas achegadas polo libro de Don Gustavo, segundo el, abril de 1914). Nesa visita, decídese a adquisición dunha leira para construír o colexio. Sería a coñecida por Calabagueiros.
O comezo da 1ª Guerra Mundial, paraliza momentaneamente, toda decisión investidora; ata que ao cabo duns anos, o párroco Don Pablo, recibe unha carta na que lle comunicaban a súa renuncia a continuar co proxecto.
A referencia publícaa o diario "El Sil" nº 15 de maio de 1956 P.T.Hervella: e di que desisten : 
“… a causa de las circunstancias actuales, de los propósitos que le habían animado a la compra de la “Granja de Calabagueiros”, para instalar un colegio…."
Como descoñecemos a data da carta, non nos atrevemos a relacionar o feito, cos acontecementos do 1918, en que como recordaredes a epidemia de gripe, paralizo practicamente a vida da provincia. Pero o cumulo de circunstancias acaecidas naqueles anos, imposibilitou a instalación dos irmáns na zona de Valdeorras.

No hay comentarios: