Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

30/9/10

A voltas cos fielatos

Vanseme acabar as fotografías que teño dos fielatos, e continuamos con moitas dubidas sobre eles, vou tentar facer un resumen dos datos que teño, pra ver se me botades unha mán.
A xeito de inicio, comentar que a maioria das correcions que teño recibido via mail, e nalgunha conversa con algun de vos, son correctas, tanto as vosas como as miñas.
Que cousa tan extrana, que decindo cousas diferentes, teñamos todos a razón; vouvos explicar esto, que non e tan dificil. Se revisades o blog, poderedes encontrar mais fotografías, desta edificación que vos mostro hoxe (ainda que semellantes, todas as imaxes son diferentes), que moitos identifican ca tipica dos fielatos, paredes de pedra, e tellado a catro augas, destas construcions, ainda hoxe podemos ver unha pegada o colexio dos Salesianos, e as que estan na parte superior do rianxo, na praza de abastos; pero moitos lembraredes, esta misma, o carón do edificio onde esta Mapfre (no final da rúa Progreso), a que fai non moito tempo, estaba no parque das Mercés, e as que tiraron cando comezou o "affaire" do Xardin das Burgas, que estaban no fondo da praza de Abastos, preto da Casa de Baños; fai xa un tempo, tamen lembro un diante da entrada do Posio, na rúa Padre Feijoo, e seguro que algun esqueceseme.
Pero non todolos fielatos, eran así, nin todas esas edificacions, eran fielatos.
Tal e como algún de vos comentoume, tamén os habia, de madeira, co teito de uralita; estes eran de base redonda, e sabemos a lo menos da ubicación de dous deles, un na Avda. de Bos Aires, cruce ca Habana, e outro no comezo da rúa Curros Enriquez, (deste poreivos en breve unha fotografía do día que o tiraron).
Deixaremolo así agardando as vosas colaboracions.
Podedes ver outra entrada do tema facendo clic eiqui. Ver entrada anterior

29/9/10

Ervedelo?

Fai unhos días, pra mostraros unha imaxe que non tivera ningún cambio ca actual, tiven que acudir a vidreira da catedral, nunha fotografía de Thomas.
Pra mostraros o caso contrario; que non queden rastros do antiguo estado, sirven moitisimas das fotografías que teño no arquivo.
Eiqui tedes a modo de exemplo, esta fotografía de  Xosé Augusto Pacheco, feita na rúa de Ervedelo, a finais dos sesenta, ainda que quedarialle case que unha decada con ese aspecto; logo comezou o frenesí constructivo do que nos fala o amigo Manolo Dominguez nos seus planos do desenrolo da cidade, (ver a sua web http://www.canedo.eu/ ), e o aspecto actual tedelo eiqui abaixo, neste caso coido que non temos ningún reproche que facer, as perdas son perfectamente asumibles, e a calidade de vida gañou moitos enteiros. O progreso ven levado non esta nada mal.
Nalguna conversa con amigos, ten saido o comentario, que poderia ser a rúa un pouco mais ancha, pra millorar a circulación, dos vehiculos na saida da cidade, eu penso que non era nin e preciso, aumentar o numero de vehiculos faria moi incomoda a vida no barrio, e tampouco son tan graves as molestias que se orixinan algun que outro venres, como pra protestar, o que quera ver colas de coches que vaia pra Madrid, que alí tenas de verdade, as deiqui non son colas, son rabiños. 

28/9/10

As fontes dos anos 50

Fai xa un tempo que non poñemos fontes no blog, e penso que algunhas merecen figurar nel.
Nos últimos anos da decada dos 50, construironse moitas, nas vilas da provincia, realmente era unha necesidade, dotar dese servicio os habitantes do rural, xa que as que tiñan, eran practicamente regatos cun chorriño pequeno.
Nas imaxes tedes duas que a parte de dar o servizo, contribuiron a embelecer o pobo; supoño que coincidiredes conmigo, en que teñen  un aspecto imponente, incluso lembran a nosa Burga.
Como eu ando pouco pola provincia, se algún de vos pode confirmar que seguen en pé, agradeceriallo, e incluso se ainda existen e  me facilitades unha actual, publicareina ecantado, como fixen ca de Cenlle.
As fotografías sairon publicadas no libro "Avance de la Provincia de Orense" 1960 

27/9/10

Agradecemento e novas


O amigo e colaborador Pastor Fabrega, agasalloume hoxe cunhas invitacions pra o concerto que tera lugar o Xoves no Principal,  gustariame darlle as grazas pola deferencia que teñen con este Monarquico Vergonzante, como eles (Os amigos da Republica), cariñosamente (supoño) me chaman.
De paso informarvos do evento;  pra os afeccionados a musica clasica, e unha das poucas oportunidades que teñen de disfrutar dun concerto na cidade. Sera tamén unha boa oportunidade pra constatar, que Ourense foi  e continua a ser terra de bos musicos.
Vou aproveitar tamén pra lamentar a perda da ourensá Dona Dora Vazquez, que ainda con retraso e obligado decilo, (sera outra das entradas pendentes no blogue).
E por último e na mesma linea, comentarvos o falecemento dunha gran Dama do ensino en Ourense, a miña admirada, Dona Maria Teresa Delgado, viuva de Ferro Couselo; acontecido hoxe mesmo;  dende este blog quero ter un cariñoso recordo hacia ela, e darlle animos a familia, en especial o seu neto Pablo. (en breve procurarei dedicarlle unha entrada a miña querida Mestra).  

Exercicio faciliño

Pra comezar a semana, eiqui vos deixo este exercicio; como xa advirto no titulo, penso que e moi sinxelo, pero sempre ten o seu aquel, non?.
Escollín a fotografía pensando, en agradar os lectores que me teñen pedido imaxes de edificios en construcción; teñen razón, en querer velas; sempre resultan chamativas.
Como pista ainda que penso que innecesaria, comentarvos que por esa terra onde se levanta o edificio, nun tempo, andaban os feirantes por ela, tamén xogaban o futbol, moi preto os rapaces da cidade, que saltaban o muro do campo dos Maristas, (esta e pra despistar).
Por certo, as respostas o mail, non o telefono; que temos que fomentar a escritura.
A solución o sabado que ven, e así dou comezo outra vez as entradas do fin de semana, rematou o veran.

24/9/10

Onde ia ser...

Eiqui tedes a solución, ao exercicio do luns, como a totalidade dos que enviachedes a resposta, (23), tiñalo claro, case que escusaba dar a resposta, pero supoño que e posible que os que precisamente non souberan onde estaba a central telefonica neses anos, non quiseron arriscarse, e non enviaron mail.
Os amigos de don Luis, fixeron a chamada, case o caron da sua farmacia, e de seguro que lle diron unha alegria, agas dunha boa sorpresa, el faciaos en Sevilla, e eles, estaban xa falando co Marcial na Armeria.
Bromas a parte, os que non souberon onde era a fotografía do luns, agora xa o teñen ben clariño, o edificio da Deputación e inconfundible, así que, ainda que a algún chamelle a atención (os da miña quinta, pra adiante), ver ahí a Farmacia Fabrega; xa que case todo o mundo a que lembra era a do Paseo; aproveito pra decirvos que foron duas.
Don Luis Fabrega Coello, ilustre Ourensán, (do que a non moito andar faremos unha entrada dando conta dos seus feitos), abriu a sua farmacia na esquina Alba con Progreso o 3 de xullo do ano 1904.
Bastantes anos despois, (non lembro a data), comproulle a Don Constantino Añel, a da rúa do Paseo, pra o seu fillo, Luis Fabrega Santamaría.
Pero deixemos hoxe eses datos, que non era esa a razón de ser da entrada.
Ahí tedes o fermoso vehiculo, na rua Progreso diante do Roma.  

23/9/10

A praza do Recreo II

Voume servir desta fotografía, (outra das xoias que me deixou dona Mercedes Noguerol); pra ter un recordo de Dona Olga Gallego. Estou tentando facer unha entrada na sua honra, pero non e tan sinxelo como poida semellar, ou a lo menos a mín estame resultando complicado.
O caso e que mentras non consigo facela, vouvos relatar, a última ocasión que tiven a honra de falar con ela:

O día antes da presentación do livro, "Historia de Ourense", do profesor Somoza; estiven a falar co amigo Arturo Vispo, dun estudo que anda a facer, (non vou desvelar datos polo de agora; non son quen), nesa charla, vimos que era preciso atopar unha autoridade nos temas de Ourense, que iluminara a nosa ignorancia. Coincidia que na presentacion do devandito livro, estaba prevista a presencia de Dona Olga Gallego, e eu aproveitando a ocasión, ofrecinme a facerlle a consulta, a fortuna fixo que logo Arturo poidera asistir tamén o acto da presentación, co cal nese tema somentes tiven que facer as presentacions, e eles xa se puseron na busqueda da solución.
Non vos vou decir se atoparon a resposta as dubidas existentes (supoño que o saberemos o día que vexa a luz o traballo do amigo Arturo), pero o que si vos podo asegurar, e que unha vez mais; foi un privilexio, ver como Dona Olga, rapidamente se prestou a compartir os seus excepcionales coñecementos connosco, e a pesares de que as preguntas eran de feitos moi concretos, e pouco lembrados, ela tiña na sua prodixiosa memoria, datos de moito interese.
Dende este humilde blog, quero ter un agarimoso recordo a esta autentica Dama da Historia Ourensá, e darlle animos a sua irma Pilar. Unha gran aperta.
A fotografía e motivada, por que naquela conversa, comenteille que tiña esta e algunha outra imaxen da Praza do Recreo, e ela comentoume que lle gustaria vela; a fortuna non deixou que poidera levarlla, pra que a vira con detemento, pero espero que a poida ollar dende o ceo.


Esta fotografía tamén vai servir, pra darlle as grazas a un amigo que dende preto do Paris de la Francia, esta a colaborar no blog, cunhas fantasticas aportacions. Él, nesa casa que vedes ahí na praza do Recreo, foi un día comprar chicles, acababa de rematar o bachillerato, e invirtiu así o agasallo que lle fixeron as suas tias, o seu pai, parece ser que non entendeu ben a necesidade do amigo Francisco.
Sintó, que esta nota non poidan ser mais clara, pero e que vai dedicada a unha persoa en concreto.

22/9/10

Reloxeria Portuguesa (Barbosa)

Fotografía do arquivo de Don Francisco Blanco (fillo)
Nun par de ocasións, xa mencione este negocio no blog; sabedes que non me custa nadiña, dar a razón a quen a ten, e máxime cando se trata de persoas maiores. Dicía a miña avoa, (e mais boa xente), "a ignorancia é moi atrevida".
Ao comezar a aventura de intentar recuperar as imaxes do noso Ourense, eran (e aínda son por desgraza), moitas as lagoas que tiña en canto a datos.
O caso desta fotografía, unida ás que xa saíron do tamén reloxeiro Otto Bodmer, "Xoiería Suíza", é unha das lagoas que puiden encher, grazas á colaboración dos meus amigos.
A don Otto xa o situamos perfectamente no seu negocio da rúa Pereira 2, (onde hoxe esta Alfredo Romero), ou mellor dito Avda. de Pontevedra. É posible que teñamos que referirnos a el noutra ocasión; polo menos, cando falemos da Armería de Dona Protasia, (outra preciosa imaxe que vos mostrarei).
Ao Señor Barbosa, con todo non o situamos con precisión, a pesar de que a súa imaxe xa era coñecida, (esta fotografía gaño un premio de fotografía antiga creo que organizado polo Liceo, o ano 2002).
A principios do século XX, poida que a finais do XIX, instálase en Ourense, Don M(anuel ?). Barbosa, reloxeiro de procedencia Portuguesa; do mesmo xeito que Don Otto, sabemos que montaba reloxos, non nos atrevemos (de momento), a afirmar que os fabricaban, debido a que os datos que manexamos actualmente, indican que recibían as pezas manufacturadas, e eles realizaban o ensamblaxe final, adaptando a maquinaria montada, tanto aos preciosos reloxos de parede da época, como aos elegantes reloxos de peto que utilizaban os nosos antepasados.
A localización do seu negocio, era á beira da Viúva, na rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal), en fronte á estatua do Padre Feijoo, como rezaba a súa publicidade.
Os labores de aprendiz, realizábaas o segundo protagonista da imaxe, Don Francisco Blanco, o cal co paso dos anos, termino por coller a testemuña do Sr. Barbosa, e fíxose cargo do negocio. Na actualidade, aínda que con outro nome, continúa na mesma localización, e nas mans da familia Blanco.
Proba da calidade dos artigos desta reloxería, é que aínda hoxe continúan funcionando bastantes das súas pezas, como a da imaxe.

21/9/10

Doctor Marañón ¡Non pode ser!

Esta fotografía, estaba destinada, a ser un dos exercicios que de cando en vez poñovos, de feito ia sair onte; un dos meus asesores, dixome que ainda que non imposible, se que era complicada; mais que nada por que quedan poucos dos que lembran o estado desta rúa así.
Xa noutra ocasión alo menos, vos mostrei como era a Barreira, antes de que caera esa casa que se ve no fondo, a casa xunto ca do lado esquerdo, penso que eran propiedade do Marquesado de Leis, e nos ultimos anos da sua existencia, foron a sede da sección masculina do Colexio Cisneros, (por certo teño unhas entradas pendentes deste centro, que foi un dos que mais variacions tivo en canto a ubicación, e fusión con outros; e gustariame que se algun de vos ten datos, mos facilite. Dentro dos proxectos do AvO. esta o de facer unha pequena historia dos centros academicos ourensans, e do Cisneros, Rivera etc, e do que mais material pode haber ). Logo de caer o edificio, abriuse ahí a rúa Doutor Marañón, non teño a data exacta, pero penso que foi antes dos 60.
Eiqui na primeira columna, tedes o rotulo "luminoso", dunha das empresas textiles que houbo en Ourense, que non vos engane a calidade do rotulo, Severo Fernandez, "Sefer", foi unha firma de prestixio.
Se vos fixades ben daredevos conta que a fotografía, obtivose dende a barandilla do Concello, e o fotografo supoño que seria o bo de Don Atico, quen gustaba de gardar estas imaxes.
Aproveito de novo pra dar as grazas a fila de Don Atico,  Dona Mercedes Noguerol, pola sua amabilidade, en deixarme estas autenticas xoias que con tanto cariño garda. 

20/9/10

Quen o lembra?

Fotografía do Arquivo de Pastor Fabrega Carballo
Comeza a semán; e ocurriuseme que poderia poñeros un exercicio, xa fai tempo que non poñemos ningún.
En Septiembre do 37, uns amigos de Don Luis Fabrega Coello, mercaron este impresionante automovil; tan pronto puderon, que debido o momento que vivia o pais, non debeu de ser sinxelo, aproveitaron pra visitar o amigo, e de paso presumir da compra, (e broma).
O chegar pra gastarlle unha broma o amigo, buscaron a central telefonica, e dende alí chamaronno, pra decirlle que andaban por Sevilla.
Como xa teredes comprendido, o exercicio, e que me digades onde aparcaron o coche os amigos.
A solución pra os despistados o venres, con outra imaxen da visita.
As respostas o mail, que tedes no lateral do blogue

17/9/10

"Los Suaves" en concerto

Fotografía do Arquivo de Lisardo Mazaira
Non vos vou enganar, poderia decirvos que entre a fotografía de arriba, e o cartel do concerto dabaixo, teñen transcurrido eses 29 anos 9 meses e un día, como non e certo non volo digo, a fotografía de arriba xa era da epoca do lanzamento do grupo.
Realmente tanto ten, o que importa e que "Los Suaves" maña daran un concerto historico, na cidade, e de paso pra deixar constancia faran a grabación do directo. Dou por feito que vai estar como se decia antes, "cheo ata a bandeira", pero e que ten que ser así, os ourensans temos que agradecerlle que levan xa caseque trinta anos (non vou contradecir a Yosí), nos escenarios, e sempre presumindo de Ourensans.
Se queredes revisar a outra entrada do grupo, facede clic eiqui Suave

16/9/10

A Torre noviña

O amigo Lisardo Mazaira, segue incansable, na consecución de imaxes pro Arquivo visual Ourensán, e podovos decir que xa cas xoias, da sua propiedade se poderia facer un bo álbum fotografico.
Hoxe traivos esta imaxen que me deixou fai pouco; non e que sexa moi orixinal, pero e que un de vos, comentoume que lle gustaria ver mais imaxes da Torre, así como a mín gustanme as do Roma, a este amigo gustanlle estas,  e por que non?.
De todolos xeitos, fixadevos ben, na fotografía, a Torre viase moi soiña, nin estaba o eidficio do Banco Pastor, nin os que hoxe ten pola parte de Xoan XXIII, daquelas tiña que ser un espectaculo vela no medio da cidade.
Eu tiven que vela, xa que a fotografía debe ser do comezo dos 70, pero confeso que non teño na retina esa imaxen; sera que eu era mais da Alameda, e da Burga que do San Lazaro. 

15/9/10

Alumnos dos Maristas Ourense

Pra rematar as entradas da celebración do comezo do curso escolar, vouvos anunciar a miña intencion, de facer iste ano, (con calma), unha pequena lembranza dos alumnos que pasaron polos  colexios ourensans (non falaremos soamente dos Maristas), e dalgun xeito destacaron nas suas actividades.
Xa vos advirto que sera una pequena mostra, dos tantisimos ourensans, que poderian aparecer, co cal que ninguen se sinta ofendido se nota a falta dalgun nome; se acaso o que podedes facer e axudarme a facer esas entradas; a unica limitación, e que a persona da que se fale, xa non estea entre nos.
Se me enviades o texto e a fotografía, pouco a pouco iremos completado esa extensisima lista de persoeiros. 
A modo de exemplo, eu de alumnos de Maristas, teño preparadas as que falaran de xente como: Don Fernando Iglesias Sanchez (Tacholas), un gran actor de cine ourensan; o Cardeal Don Fernando Quiroga Palacios; o aviador e galeguista Don Elixio Rodriguez, etc.
Animadevos e botade unha man; por se non a coñecedes visitade o blog Historia das nosas mulleres , nel, fai tempo que van aparecendo moitas das ourensans, que axudaron a facer o Ourense que ahora temos. He penso que se complementa perfectamente con esta idea.

14/9/10

Maristas en Carballiño II

Eiqui tedes a segunda parte, no libro podedes ollar moitisimas mais imaxes, e dende logo con mais calidade, pero pra o meu obxetivo penso que valen ben.
Como datos pra ver si podedes axudar, vouvos comentar o pouco que eu deduzo das fotografías.
Se vos fixades, na deiqui arriba, seredes quen de recoñecer, o edificio onde se obtivo a imaxe, penso non errar, o decir que e o actual C.e.i.p. Calvo Sotelo, ubicado na rua do mesmo nome, no numero 27; os que sodes da vila, xa o coñeceredes de sobra. Eso non permite afirmar con rotundidade, que os Irmáns Maristas, ocuparan ese edificio, xa que no mesmo libro, penso que se poden ver imaxes, de outros grupos de escolares, (colexios publicos e privados), que aparentemente posan nese mesmo lugar.
Por outra banda, nos pes de foto o autor danos un abano de datas, que vai dende o 1908, ata o 1917. Non me atrevo a por en dubida a veracidade das datas, pero resulta moi extrano que a sua estancia na vila, fora tan extensa; o cal faime pensar, que algunha das fotografias publicadas ainda que ben datadas, e obtidas entre as xentes do Carballiño, correspondan o colexio da cidade.
A que vos deixo eiqui debaixo, ten moitisima similitude con unha das do Arquivo Maristas Ourense, datada tamen no 1917, pero situada na traseira da actual Delegación de Defensa, onde xa sabedes que estiveron os irmans na sua primeira etapa na cidade
Eu deixarei o tema eiqui, pero agardo pola vosas achegas; por certo fai tempo que ninguen me envia fotografías dos Maristas, e a pesares do extenso arquivo que manexamos, sabemos que ten que haber moitas mais. Revisade os vosos albumes e se atopades algunha, estareivos moi agradecido de que me a enviedes.
O meu mail tedelo no lateral dereito do blog. 

13/9/10

Os Maristas en Carballiño

Acaban de rematar as vacacións escolares, ou nalgún caso queda moi pouquiño, co cal é bo momento para retomar as entradas dos colexios.
Os que seguides o blog, xa sabedes que os primeiros en permitirme utilizar o seu arquivo, foron os Maristas, e iso desde logo é de agradecer. Debido a esa deferencia, esta semana sairán varias entradas referentes á comunidade Marista en Ourense.
De paso, hoxe e mañá, intentarei solicitar a vosa colaboración, para resolver unha dúbida:
Os Maristas en Carballiño
Fai máis dun ano, intentando reconstruír os primeiros anos de estancia dos irmáns en Ourense, comprobei que á marxe da súa instalación na cidade, tiveron tamén durante un curto período, colexio en Ribadavia, (de feito algunha fotografía xa está no blog). Atopei tamén algunha referencia, que indicaba a súa presenza na vila de Carballiño, pero non fun capaz de conseguir datos nin confirmación, e podo dicirvos que contactei co Concello, e xente de certa idade; o caso é que cando xa o tiña esquezido; dispúñame a gozar do último libro da serie "Ráigame", dedicado, á Vila do Arenteiro, e pra miña sorpresa, vexo nalgún pé de foto, a lenda Maristas ano ...
Xa intentei contactar co coordinador da obra, (por certo estupenda como todas as da serie Xinzo, Celanova, Rizo etc.), Xosé Manoel Rodríguez González , pero o verán non é bo momento, para eses mesteres.
Aquí déixovos a portada do libro, e unha das fotografías que aparecen dos Maristas en Carballiño, (a calidade non é boa, pero creo que serve para ilustrar o comentario), se algún de vós ten datos da estancia dos irmáns nesa localización, agradeceríavos facilitásedesmos.
Grazas por anticipado. E mañan seguiremos co tema. 

11/9/10

Síntoo

Polo de agora, os fins de semán non habera entrada.


Espero que a do luns sexa do voso agrado.

10/9/10

A vidreira por Thomas


Levo tempo buscando antigas imaxes da cidade, nas que se poida observar algo; o que sexa, do que hoxe en día sexa posible obter unha imaxe semellante.
E si, teño atopado varias; o edificio do Concello, foi retratado en moitas ocasións, e certamente pouco a variado, algunha placa na súa fachada, e pouco mais; o caso é que en case todas as fotografías, sae acompañado do antigo obispado, (hoxe museo arqueolóxico en obras), e este si que impide a fotografía; nuns casos, pola modificación do balcón, e noutros porque nos seus baixos estaba a tenda "Do Valencia", e saen os seus artigos e clientes na imaxe. (Outro día poreivos varias imaxes para que o entendades mellor).
Outra que case se mantén igual, é a que retrata a noso "Padre Feijoo", no seu pedestal dos xardinillos, pero tamén neste caso, existen variacións; o peche cambiou, e apareceron as escaleiras.
Algunha máis vos podería mencionar, da Alameda, O Instituto, etc., pero en todas teñen algo...
En todas, menos nesta.
Supoño que recordardes, que xa falamos de don José "Thomas" Bigas (as entradas de cartofilia Ourensán), e a súa colección de postais (1905- ...); pois ben, cabe pensar que as imaxes das postais, fosen editadas por el , pero non necesariamente obtidas por el, a fotografía de hoxe con todo quero pensar que se a obtivo el directamente; o libro no que a poderedes atopar (publicado en 1888), é o tomo "Galicia", da serie "España" da editorial Daniel Cortezo e Cía.
O texto que acompaña esta e outras imaxes da nosa cidade, (que supoño algún día tamén vos mostrarei), é de Don Manuel Murguía, co cal folga recomendarvos a súa lectura, (en internet pode atoparse unha versión dixital, en varias Bibliotecas, León por exemplo); Murguía asina o seu traballo en 1885, co cal habemos de pensar que a fotografía corresponde a unha data próxima a ese ano.
En historia, 125 anos, non é un período excesivamente longo, pero no relativo a fotografía, podo asegurarvos que se o é.
Supoño que todos recoñeceriades a "fiestra", pero por se algún se despista, está na fachada da catedral, á rúa Juan de Austria, aínda que cando se fixo a fotografía, é posible que ese tramo de rúa, fóra o "Patín Vello".

9/9/10

Ruth Matilda Anderson

Tiña xa que ter xirado visita esta dama, fai tempo no blogue, pero andaba eu algo disgustado, non con ela, libreme Deus; senon co feito de que, alo menos que eu saiba, non vai vir a sua magnifica exposición, mostrarse na nosa cidade; na Coruña, Vigo e penso que estes dias en Ferrol, xa poideron disfrutala, nos, se non me equivoco teremos que esperar un tempo mais.
O caso e que, ela e nos non temos culpa, co cal hoxe fara a sua primeira aparición; esta dama Americana. Recoñezo que a sua producción na cidade foi escasa, e penso que incluso fixo mais tomas na vila de Ribadavia podedes ollar algunha no blog do amigo Julio Freijido, preme eiqui (Maquians), que na nosa, pero teremos que poder ollar esas imaxes, non, si?.

Ruth Matilde Anderson (Nebraska 1893 - Nova York 1983)

Dende pequena, viuse inmersa no mundo da fotografía, seu pai Alfred, tiña un reconocido estudo en Kearney (Nebraska), ainda que rematou os estudos de mestre, non chegou a dedicarse o ensino, xa que tiña claro que o seu futuro ia ser a fotografía, o 1919 remata os seus estudos de fotografía, na Clarence H. Whyte de N.Y., e os dous anos, comeza a sua relación ca Hispanic Society of America.
Traballando pra H.S.A. no mes de marzo do 1917, comenzou as suas visitas a España, rematando a última en novembro do 30, nese periodo foron cinco en total as suas viaxes, e neles dous, tiveron como obxetivo principal a terra Galega. (xullo do 24- Agosto do 25, Galicia e Asturias), (novembro do 26 - maio do 26 Galicia. e León).
Loxicamente destas datas, (inclinome a pensar que posiblemente na segunda), son as imaxes que obtivo en Ourense, pero deixemos de momento a sua biografía, e imos ver unha das suas belas imaxes. 

Os que seguides o blog, xa saberedes, por que escollín esta de entre as suas fotografías. O meu añorado hotel Roma, acolleu a dona Ruth, durante a sua estancia na cidade; dende unha das suas ventas, obtivo esta imaxen, que reflexa o Ourense daquelas.
A rúa Progreso, nese tramo, reunia aqueles anos, todalas cualidades pra ser o centro neuralxico da cidade; no edificio dos Perez Bobo, (hoxe Deputacion de Ourense), o centro administrativo; na rúa do Alba (hoxe Alejandro Outeiriño no seu treito inferior, no resto Cardeal Quiroga), Doctores, Avogados, Periodistas e Fotografos; no edificio do Roma, como vedes, a saida dos "Carritos", cara o resto da Provincia; e o mais importante, o centro de reunions sociais, e politicas da epoca.
Na imaxen recortase un anaco do cartel que anuncia a clinica de Don Atilano, (de quen en breve veredes outra entrada, estes días temos a selección de basket na sua terra, co cal teremos que lembralo a él e o seu parente, o outro Cheriguain da cidade); podemos comprobar a perfecta convivencia entre os vehiculos de motor, e os de tracción animal, mirade se non a perfecta alineacion que levaban os carros, de seguro que ian deixar os pontons, e as tablas no almacen dos meus parentes o caron do Roma.
E por último non deixedes de fixar a vosa atención, nas escadas que cumprian pra chegar os asentos de teito no autobus, de seguro que algún parroquiano dos de primeira hora, ainda cun moito de sono, de cando en vez probaba a dureza do chan; que se ia facer, daquelas os temas de seguridade, non andaban tan controlados.

Aproveito, pra recomendarvos a visita deste blog, no que penso que esta involucrado algún vello amigo do blog, e no que poderedes gozar duns foto-montaxes, que xa me gustaria a mín, saber facer. Fai click eiqui. Amio Cajander 

8/9/10

A Romaría da "Virxe dos Remedios"

Este ano, o día Dos Remedios, non vai manter a alegría de anos pasados; a devoción do pobo Ourensán pola súa Virxe, continua intacto, non así por desgraza, o seu santuario á beira do Miño; ao que como xa sabedes o incendio que sufriu no pasado mes de xullo, deixo totalmente calcinado no seu interior.

Pasados estes días de festa, e espero que contando coa colaboración de don Francisco Méndez, intentar facer algunha entrada para que podades recordar o santuario no seu estado orixinal.

Hoxe é o día da Virxe, así que imos intentar non pensar en temas desagradables, e gocemos da romaría.

Aquí tedes para o recordo, a imaxe da Virxe, nunha fotografía tomada no ano 1990; e debaixo o programa de actos, tanto relixiosos como lúdicos, que se desenvolvían nestas datas, alá polo ano de 1861. (Procedentes do arquivo persoal de Don Francisco Méndez).

É curioso ver que un dos actos lúdicos, era a solta dun globo aerostático, fai bastantes anos (que eu saiba polo menos), que se deixou de facer na cidade, pero segue sendo un dos actos principais nas festas maiores da vila de Celanova.

7/9/10

Don Luis Taboada Camoeiras "Mestre" (Xosé Lois Carrión)


Este mes de agosto, deixounos, unhas cantas novas non desexadas; se fai unhos días lembrabamos a figura de Xosé Luís de Dios polo seu pasamento; apoiandonos nunhas letras roubadas o amigo Carrión; hoxe caseque vou facer o mesmo.
 A perda de Don Luís Taboada, e unha mala nova pra todolos ourensans, pero se cabe no caso de Xosé Lois, resulta mais dificil de levar, como ides poder leer, don Luís xa foi amigo do avó de Carrión, e logo tamén amigo seu.
Eiqui vos deixo o texto remitido por Xosé Lois, practicamente integro, (por cuestíon de espacio, o texto integro podedelo ler no diario "La Región" do 22 de agosto) .
*Non me decatei que no artigo do diario "La Región", non estaba tampouco integro, así que deixovos eiqui o artigo tal e como mo remitiu Carrion, facede clic no texto pra amplialo e facilitar a lectura.

6/9/10

Seica non era unha inocentada de Pacheco

Estou a seguir cas cousas que me chegaron estes días de peche patronal no blog; e hoxe traiovos esta imaxen, que ten moitas semellanzas con outra que me deixaron no etnoloxico de Ribadavia, e certamente pensei que xa estaba publicada, (non a dou atopado, co cal ensinareivola outro día); o caso e que cando a vín, pensei que se trataba dunha das inocentadas que todolos anos o mestre Pacheco facia no decembro, pero a miña sorpresa, veu cando o amigo Fernando (Arquivo Municipal), contoume que tiña datos de que non era tal, de certo existiu un proxecto pra facer esa ponte que vedes no montaxe feito por Augusto Pacheco.(posiblemente o ano 1962)

A fecha e unha suposición, que faria encaixar a outra fotografía  obra do seu pai José, e que estaria feita no 1946.
Bó imos o conto, o caso e que no ano 1946, e logo dunha riada tremenda, que levou por diante as pontes que habia no Barbaña (penso que xa falamos dela nalgunha ocasión), os nosos conveciños, solicitaron o "Iltmo. Sr. Director General de Caminos", que estudiara a posibilidade de facer esta nova conexión entre Progreso e a Avda. de Portugal, o asunto non foi rexeitado mais que por cuestions economicas segun parece.
Co paso dos anos na cidade debia seguir sendo unha cuestion necesaria, polo que no ano 62 volveuse facer un intento.
Evidentemente, tampouco tivo solución nesa ocasión, polo menos temos o montaxe fotografíco, e postos a dar opinión, non sei se me gustaria unha ponte desa envergadura na zona, que opinades vos?.

3/9/10

E de Cenlle

Fai uns meses, pusen unha fotografía, facendo a pregunta de onde era a fonte que se via, o certo e que xa o pouco tempo dironme a resposta, pero despisteime e non o correxín, estes días volveronme mandar un mail comentandome o meu olvido, e o mesmo tempo enviaronme unha fotografía da fonte no estado actual.
A fonte esta na praza da tenencia de Cenlle, e conservase en bo estado, polo que me di Raul Rodriguez Novoa, se comparades as duas fotografías, veredes que pasaron uns aniños, e a praza remodelouse, mais a fonte segue no mesmo sitio.
Pra ver a entrada anterior fai clic eiqui.
Pido desculpas pola tardanza en correxilo, e doulle as grazas a Raul polos datos

1/9/10

In memoriam "Xosé Luís de Dios"

Dos irmáns de Dios, o que mais coñecín, foi a Don Manuel (falecido o ano pasado), quen me deu clases no Otero fai xa uns aniños, tamen coñecín o seu irmán Alvaro, (e duas sobriñas, dunha delas fun compañeiro de clases).
De todolos xeitos, non me sinto capacitado pra facer a entrada que un artista ourensan como el merece, polo cal, deixarei que o amigo Carrión, que si tiña moita relación con él fagaa por mín.
Utilizarei pra ese fín, o parrafo dun texto que me remitiu o amigo Carrión o día seguinte do pasamento.
   "De Dios, con pouco máis de medio século de traballo ás costas, dicía que era a mesma persoa de sempre, un ourensá que estaba con quen lle pedira axuda.
 Nunha entrevista dicía sobre el mesmo que era a criatura de sempre, que atravesaba a Praza Maior y vía cousas fantásticas, que percibía o cheiro a sancristía e escoitaba las campás da Catedral, xogando a ser de Ourense.
Xosé Luís déixanos as súas obras de gran valor, pero sobre todo, de moito máis valor aínda, o seu recordo, a súa personalidade.
Deica sempre, amigo!"
Mais adiante procurarei facer unha entrada falando da sua obra, e tan pronto como poida tamén andaran por este blog os seus irmáns, pero deixaremos pasar un tempo.