Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

Importante

Antes de coger fotos del blog y compartirlas en Facebook o cualquier otra página o foro, PREGUNTAR. La mayoría son mías o de personas que no tienen inconveniente en prestarlas, pero hay algunas que por expreso deseo de su autor o propietario de los derechos no se pueden utilizar de manera indiscriminada

31/8/10

Volver empezar

As intencións eran boas, pero por fin, non fixen practicamente nada do que planificara, certo é que non puiden contar coa conexión á rede, como eu contaba, pero como se adoita dicir: "eche o que hai".
O que se lamento non ter feito estes días, foron a lo menos dúas entradas, a do falecemento do pintor Xosé Luís de Dios, e do Mestre Taboada Camoeiras, bo tamén  algún comentario o respecto do incendio da capela dos Remedios.

Intentaremos nos próximos días emendar o fallo.

Por outra banda, esta nova tempada, espero que sexa de novo frutífera, aproxímase  a chegada da exposición Pano de fondo, organizada polos amigos do C.e.f. Vigo, (Canal e Sendón) e se non se torcen as cousas, a finais de ano, ou principios do próximo, (case seguro que nos comezos do 2011) poderemos gozar da primeira exposición fotográfica do Arquivo visual Ourensán, xunto cunha pequena publicación que procurase ser unha aproximación á historia da fotografía en Ourense. Quedaran ainda así, varias cousas no tinteiro, pero teremos que ir a modiño.
Como vedes, con boas intencións seguimos, agora esperemos que nada se torza.

27/8/10

O fin do Verán

Supoño que poucos serán, os que non lembren aquela canción do "Duo dinamico", que voltou popularizarse ca serie "Verano Azul"; era en castelán, "el finaal, del, verano, llegoo, y tu partiraaas..."

Pois diso trátase hoxe; o verán e as vacacións tocan ao seu fin, (bo os afortunados de Setembro, aínda dispón duns días...), e teremos que concienciarnos de regresar ao habitual, non digo a rutina, porque este ano máis que noutras ocasións, toca porse as pilas.

Tal e como están os tempos, non podemos esperar que outros nos saquen as castañas do lume, e cada un co seu esforzo, teremos que facer o que poidamos pra saír deste "fregao", en que nos meteron, algo de culpa poida que teñamos todos, pero mellor déixao así..., o asunto é arranxalo; ou sexa que nada de síndrome post- vacacional e "pa lante".

Pra que durante o ano podades volver botarlle un ollo, déixovos esta imaxe, tratase dunha montaxe feita cunhas cantas fotografías do Sr. Pacheco, (hoxe propiedade do Arquivo Municipal, ainda que existen copias tamen nas mans de particulares; polo que teño entendido, nos últimos anos, Don Augusto sacaba de cando en vez, algunha das fotografías do seu arquivo, ou o do seu pai, e facia copias que vendia no seu estudo), nas que se pode ver o estado da zona playera ourensan, cando de certo era unha praia, fluvial, pero praia o fin. Que non todo van ser as "colonias" ourensans na costa Atlantica.

O día trinta e un, agardo dar comezo a unha nova tempada, non sei se poderei recuperar o ritmo de entrada diaria, pero procuraremolo.
Eiqui vos deixo a canción, pra que a disfrutedes.

24/8/10

A torre ou torres da Ponte

Seguindo co traballo de Natalio, e aproveitando esta segunda xoia que me facilitou o amigo Paco Boluda, (a primeira podedes vela seguindo este enlacepreme eiqui , hoxe falaremos da torre ou torres que adornaron a nosa Ponte.

"Posiblemente, teñamos que remontarnos á época romana, para ter antecedentes das medidas defensivas que adornaban a ponte, pero dispomos de datos, que a referencian, no ano 1571, (O Concello autoriza facer o tellado da torre o constructor Hernando da Calleja), data en que se proxecta a construción da Torre Nova, para facilitar a defensa da ponte, (xa o nome elixido, suxire a preexistencia dunha edificación similar), as obras finalizan no ano 1694.

A existencia desta torre, de eminente carácter defensivo, ten tamén xustificación, se a relacionamos co cobro do portazgo, (exercitado polos Sarmiento, desde o século XIV, en que Pedro I, concédello, xunto ao señorío de Ribadavia mercé á súa colaboración no enfrontamento, cos Trastamara)

En 1837, consta a construción dunha segunda Torre, na zona máis próxima ao concello de Canedo, durante a primeira guerra Carlista (carlistas versus cristinos), pero a súa estancia na cidade, foi breve, dado que en 1839, coincidindo co final de devandita contenda, elimínanse as dúas estruturas a fin de facilitar o paso da estrada Vigo -Benavente.

Durante estes anos fóronse sucedendo constantes reparacións, que contaron con profesionais de renome (arquitectos e enxeñeiros), Juan de Herrera, Hernando da Calleja, Melchor de Velasco, Santiago Estévez, Sebastián Martínez Risco, etc."

Quedan datos pendentes, pero pra non aburrirvos, deixareimolo pra outra entrada; nesta ocasion como xa fixen outra vez, o meu interese, e o de chamar a atención, sobre esta torre que e un dos simbolos mais esquecidos da cidade, cando se nos fixamos no noso escudo, veremos que e un dos elementos alí representados.
Non sei se coincidiredes conmigo, pero poderia ser interesante (hoxe non, que non temos cartos), plantexarse, una nova reforma da ponte, pra tentar acabar cos seus males, e o mesmo tempo devolverlle ese aspecto que tantos anos tivo?.

20/8/10

Romano ou medieval?


Fai xa tempo, o meu amigo Natalio Blanco (Arquivo visual Ourensán), prestoume un traballo (que por certo teño que devolverlle), sobre a ponte vella, que realizara o seu fillo, cando cursaba 1º de E.S.O. (non sei que calificación mereceu segundo o profesor, pero espero que fora excelente).
O caso é que nel, de xeito sinxelo, exponse a realidade da nosa Vella Ponte; aproveitarei o seu traballo, para, nesta e na próxima entrada, facilitarvos datos da nosa Ponte, (algún día espero conseguir que don Segundo Alvarado, experto coñecedor do tema, regálenos algún comentario para ampliar datos).

"A pesar de que a tradición liga a súa construción á época de Trajano, existen moitos datos, que nos fan situalo máis próximo ao imperio de Augusto (século I d.c.). Desta primeira construción só quédanos o primeiro arco da marxe esquerda do rio, suficiente, pra facerse unha idea do aspecto real da ponte, (habemos ter en conta, que as pontes romanas eran horizontais), constaba inicialmente de 11arcos, e a súa característica máis destacada, era que o seu van central posiblemente fose o máis amplo dos da súa época 38 metros.
Debido a problemas de cimentación, as reformas na ponte foron unha constante; tendo as primeiras referencias dunha reforma importante, no ano 1228 cando o Bispo  D. Lorenzo, promove as modificacións que lle deron o actual aspecto.
No 1432 afúndese o arco central, e reconstrúese co esforzo de todos os ourensáns, desgraciadamente foi traballo en balde, xa que en 1449 volve ceder o arco.

É o Bispo Frei Pedro Silva, quen nesta ocasión decide a súa reconstrución, pero non viu rematada a obra, que houberon de continuar os seus sucesores, Alonso López, e Diego de Fonseca; dáse por rematada e ábrese de novo ao tránsito alá polo ano 1484."

O martes que vén veredes a continuación deste resumo do traballo dun estudante de 14 anos, Natalio Blanco Santamaría

17/8/10

Esta é por fastidiar

Levan unha longa tempada os rapaces de lecer, ben merecida por certo, pero non me puiden resistir, de facerlles un pouco a puñeta.
Nestes días de praia, piscina, viaxes e demais divertimentos, dos que xa estaredes un pouco cansos; coa sá intención de  alegrarvos o día, quero lembrarvos, que xa van rematando as vacacions; e logo voltaredes a reencontrarvos cos vosos amiguiños.
Hala animadevos, que xa falta pouco; algún sei que agarda ese momento con ansiedade, xa que logo tamén se vai desfacer dos pesados dos seus pais, pero xa nos botaran de menos, xa.
Na imaxe (que seica a obtivo un afeccionado) tedes uns rapaciños que nos comezos do século pasado, (1919?), agardaban poder disfrutar do "privilexio" de asistir a escola, no rural, (Loñoa).

12/8/10

Los Suaves

Fotografía do arquivo de Lisardo Mazaira
E xa postos a falar de musica Ourensá, vou enmendar o me despiste, de non ter falado do mais internacional dos grupos Ourensans. "Los Suaves"
Algún de vos, seguro que descoñece o dato, de que estes ourensans, actuaron de telonerios dos "Ramones", e de grupo de invitado dunhos señores que "o millor" non vos soan, os "Rolling Stones".
Os irmáns Dominguez, Yosi (voz e guitarra), Charlie (baixo) e Xavier (bateria), ala polos últimos dos anos setenta, deciden dar un paso adiante, no que era a súa afección de mocidade. Horas de ensaio no local da rúa progreso, dan o seu froito, e con decisión, comezan a ofrecer as súas primeiras actuacións.
Poucos medios, mala acústica, pero unhas ganas e unha capacidade de traballo incansable, vanos convertendo día a día, en tema de conversación nos círculos musicais galegos; a dificultade dos comezos, fai que a formación sufra altas e baixas continuas; a principal Xavier Domínguez, que deixa paso a Gelo (Anxo Barrio) na batería, este, sumado ás incorporacións de Moncho Costoya e Hermes Alogo, dan forma ao grupo que conseguiu os primeiros éxitos da banda.
En 1981 a modo de confirmación, e recoñecemento ao seu traballo, ofréceselles a oportunidade de actuar de teloneiros de "Los Ramones", a súa actuación como era de esperar, foi espectacular, e abriulles as portas da discográfica galega Edigal, coa cal editaron os seus dous primeiros traballos.
O 18 de Setembro, está previsto unha homenaxe á banda, pola súa traxectoria musical. A modo de modesta colaboración, intentarei publicar algunha fotografía dos seus primeiros concertos, e darvos máis datos, noutra entrada a comezos de setembro; hoxe como aperitivo mostrovos estas dúas imaxes cedidas polo meu amigo Lisardo Mazaira, que mostran a uns mozos Yosi e Charlie nun dos seus primeiros concertos.

Fotografía do arquivo Mazaira

10/8/10

Los Posters (Arturo L.- R. Vispo)

Propiedade de Lisardo Mazaira
Levavamos unha tempada, sen falar do Ourense Musical, pero e que xurdiu na blogosfera, unha páxina que tentaba recompilar a historia da musica en Galicia, non sei a causa, pero o certo e que de repente desapareceu, polo cal os pouquiños tentaremos que a lo menos os de Ourense podan revivir neste blog.
Fai xa tempo, que nos visitaron estes cabaleiros, e daquelas pedinvos información, en duas entradas, e na terceira puxenvos dous dos temas que eles cantaban, pra ver si alguen se lle refrescaba a memoria,  Preme eiquí
Cando xa case que tiña perdida a esperanza de que me derades datos, apareceu un mail do amigo Arturo L.- R. Vispo, cheo de información, o caso e que vou ver si son quen de convencelo, de que faga il unha entrada en condicions, moitos xa sabedes que Arturo escribe moito millor ca mín, co cal sera millor pra todos, (por certo en pouco tempo espero poder falarvos dun fermoso traballo que se trae entre máns).
Agardando esa entrada de Arturo, polo de agora teredes que contertarvos con estes poucos datos.
Nunha das anteriores entradas, dixenvos, que o chegar a Madrid "Los Draculas", a casa discografica, recomendoulles facer un troco de nome, e según me di o amigo Arturo, non foi exactamente dese xeito; xa que os "Posters" formabanno:  baixo, Mario Dainow, (fillo do dentista Dainow, e merecedor dunha entrada ou varias falando das suas anecdotas); batería, Alejandro López "Cano", quen xunto o guitarra ritmica Miguel Dominguez, si que viñan de formar cos Draculas, e o guitarra solista Gustavo Valencia, pertencente anteriormente "Los Wagners".
O seu traballo mais coñecido, foi  "Sentimental girl".
Eiqui o deixo agardando, un agasallo de Arturo.

6/8/10

A festa do Polbo en Carballiño

Fotografía propiedade Pastor Fabrega Carballo.
Lembroume esoutro día, o meu amigo Pastor Fabrega, que en breve será a festa do polbo na vila de Carballiño, (roblecito) como di algún modernillo madrileño.
Este ano celébrase a tradicional festa, cun protagonista inesperado: o polbo Paul, a quen a súa afección polas cores vivas, e as ganas de pensar en algo diferente á crise que sufrimos, levaron aos máis altos banzos da fama.
Afortunadamente non se lle permitiu vir á festa, dado que aínda que el seria o rei, non creo que ao ver saír aos seus conxéneres do caldeiro, todos coloreados, e "engurrumuñados", (palabro entendible, pero que non se se formase parte do dicionario dalgún idioma), pasarao moi ben precisamente. Algún se cadra en solidaridade e por respeto co "rabudo", plantexabase, pasarse á carne o caldeiro, ou aos pementos; pero non sería procedente, xa que eses saborosos alimentos, teñen a súa propia festa, e como decia a miña avoa, "cas cousas de comer, non se xoga".
Sexa como sexa, os que teñades a fortuna de poder asistir o día 8 o Carballiño, gozade da vila, e dunhas boas racións de polbo, cun bo Ribeiro, que con mesura, sempre senta ben.
 
A fotografía, é outra das colaboracións do amigo Pastor (comprando polbo en Leiro 1948), e véndoa, dámonos conta de que a tradición pulpeira (ou polbeira, como queirades) en Ourense, é das poucas que se conservan case intacta co paso dos anos; bo se pasamos por alto, o uso do butano actual, no canto da leña de outrora; noutros casos si, pero neste, penso que pouco afecta ao sabor...

3/8/10

Outra praia Ourensá "Sanxenxo"

Como prometín o verán pasado, este ano intentaría ensinarvos fotografías da outra "colonia" estival dos ourensáns, Sanxenxo.
Niso andaba, cando me atopei con esta serie de imaxes, que grazas á cantante Marta Sánchez, e a R.T.V.E., podedes atopar na Web, gozalas, e miralas con detemento, porque non é fácil recoñecer o estado actual da contorna da praia de Silgar. Facede click eiqui 
Fai un tempo que non paso por aquelas bonitas praias de gratos recordos, e poida que un pouco sexa motivado por manter o recordo do Sanxenxo dos anos 80, na memoria; polo que se, a día de hoxe, creo que xa caeron todos os chalets que estaban a pé de praia; recoñezo que unha torre de 4, 6, 8, ou os pisos que sexan, permite que mais familias poidan gozar da comodidade de vivir a pé de praia o verán, pero non se se esa comodidade, non levase parella a masificación dunha pequena praia como a de Silgar, haberá que preguntarlle á "sirenita".

Pero bo, sexamos realistas, e o progreso ten eses inconvintes, por fortuna A Lanzada e unha serie de estupendas praias quedan a un tiro de pedra, e por que non recoñecelo, o fenomenal ambiente que me contan respírase na noite de Sanxenxo, non sería posible sen o incremento de veraneantes.

Intentarei pasar por alí este ano, e así falar de primeira man, se non me enganaron, na zona segue habendo restaurantes dos de "rechupete".