Consejos y avisos

2/12/10

Exposición no Museo

Fotografía propiedade da familia Bayón.
Así como onte, non vos facilitei dato algún, sobre no que ando metido; hoxe se que quero adiantarvos unha noticia; pra mín, e pra o Arquivo visual Ourensán, moi importante.
Do 17 de Febreiro o 20 de Marzo, nas salas do Museo Municipal, da rúa de Lepanto, intentaremos mostrar a todos os Ourensáns, unha parte da sua historia, en imaxes, da mán dos fotografos profesionais, que desenrolaron a sua actividade na nosa cidade.
Estamos intentando, que podades facer eses días, na sala fotografías como a que tedes nesta entrada, de xeito moi sinxelo, poderedes emular a estes cabaleiros, e semellarvos a este simpatico Don Hilarion. Bo ao millor, os temas non son este precisamente, pero procuraremos que podades gardar un recordo a lo menos diferente.
Esperamos poder estar a áltura que vos merecedes, e o Arquivo visual Ourensán, asegurovos, que fara todo o posible pra conseguilo. Polo de agora, vouno deixar eiqui, pero o que si queremos que teñades claro, e que a nosa intención e conseguir presentarvos unha exposición, que o mesmo tempo que instructiva, sexa "divertida".
Ultimamente estouvos a facer suxerencias de cotio, e hoxe teño que facer outra. Así coma onte vos recomendei ir ver  a exposición de Ana Iglesias no Ateneo, (que dende logo volvo recomendarvos), hoxe toca convidarvos a una charla de Don José Luis Suarez Canal, no marco da exposición que podedes disfrutar no centro Caixanova da Praza Maior "Pano de fondo", se nonme equivoco, e hoxe as oito. Alí nos vemos. 

No hay comentarios: