Consejos y avisos

30/12/10

FELIZ 2011

Iste ano, pensei que ia librar por diversas circunstancias, pero non vai ser así, o final non houbo acordo, e a autoridade competente, obrigame a pechar ata o día 10 de xaneiro, a miña actividade bloguera.
Algún ata pode que o agradeza, e algún habera que o bote de menos, sexa como sexa, o día 10 volverei con folgos renovados.
Pa que vexades que a cousa vai en serio, a autoridade dispuso que o meu computador estes días este baixoa vixilancia deste grupo de señores, que no seu día fotografiou, o mestre Pacheco; eles faran os correspondentes turnos de garda, pra evitar que me achegue a miña ferramenta de lecer.
Se queredes, aproveitar pra buscar erros nas entradas pasadas, que pode ser un entretemento, e de paso facedesme un favor, pra que as poda correxir.
Ata o día 10, pasade un fin de Ano Feliz, (con pouco alcohol se pode ser), e que os Magos de "Ouriente", sexan xenerosos, (se se perde algun paquetiño por ahí, eu podo darlle acubillo).
Feliz 2011 

29/12/10

Dainow

Por si acaso tanta celebración trouxo algunha desfeita pra as dentaduras dos meus lectores, recomendareivos uns bos profesionais.
No sei o motivo, pero Ourense nunha etapa da historia, comezos do seculo XX, contou con moi bos profesionales da odontologia, de origen exotico pra o que era habitual naqueles tempos.
Algunha vez, (e volvera a aprecer no blog), falamos do cidadan Turco, (de Constantinopla) Cheriguain, e neste caso presentovos o Sr. Dainow, se non me equivoco, de procedencia centroeuropea, penso que ruso. Estes dous señores xunto co Doutor Villar, encargaronse durante bastantes anos, de coidar os dentes dos nosos devanceiros.
Tiveron a consulta na Praza Maior como vedes, e coido que un tempo tamén viviron nese enderezo, posteriormente pasarón a un piso na rúa Santa Eufemia, esquina Arcediagos, encima de onde hoxe esta o Miudiño (Antiga "La Reconquista")
Do seu fillo, (ou neto), Mario Dainow, tristemente falecido fai non moito tempo, xa falamos nalgunha ocasión, por ser un gran afeccionado a musica.

Esta entrada esta xustificada polo medo que teño a que algun se lle desencaixara a mandibula o leer a entrada de onte.

28/12/10

Auga da Burga pra a crise

O Concello da cidade, ven de informar, dun proxecto, encaminado a paliar dalgun xeito os efectos da crise, que estamos a padecer. O concelleiro de Industria e enerxia, nunha rolda de prensa, esta a comunicar o plan, unico no pais, que agas de aproveitar os recursos naturais, permitindo un aforro considerable enerxetico, posibilitara a creacion dunha encheta de postos de traballo, tan necesarios na actualidade.

Durante o ano proximo, vaise conectar a rede publica de augas, o desague da Burga darriba, como xa sabedes hoxe en día a auga excedente desta fonte, empregase pra quentar a piscina do pavillon da cidade, da servizo o colexio das Josefinas e provee tamen de auga quente os habitantes dunha casa situada nas inmediacions.
Co proxecto actual, e logo dun concienzudo estudo, que garantiza que o caudal, vai ser suficiente, as nosas autoridades, van tentar que todos os cidadans podan beneficiarse destas augas, e do seu poder calorifico.
A idea e que todas as vivendas que estean ubicadas no curso natural das augas: zona da praza de abastos, Polvorín, avda de Portugal e o Couto, dispoñan desta auga, pra o uso nas calefaccións, o sistema e totalmente ecoloxico, e sostenible, dado que non faria falla ningún sistema nin mecanico nin electrico, pra conducir a auga. Como segunda parte do plan, e pra non fomentar agravios comparativos co resto dos cidadans; que non poderian beneficiarse deste servicio. Estase estudando, poner en marcha un sistema de calefacción por chan radiante, na rúa do Paseo, o circuito de cañerias pasaria por esta rúa, desembocando no Parque do San Lazaro, onde esta proxectada unha piscina termal, dentro do plan Ourense termal, que complementaria o da Burga de arriba, xa en funcionamiento.
O Concello, ten posto en marcha xa cursos de socorristas e maxasistas, pra fonecer esta nova area de lecer, que seria gratuita pra todos os censados na cidade agas dos que xa se benefician do servizo de auga quente.
Non podemos mais que felitarnos por esta iniciativa, que nos pora o nivel de cidades como Estoeocolmo, e Reyquiavín, que xa gozan de servizos deste tipo.

27/12/10

Homenaxe a don Luis Fabrega Coello II

Continuamos hoxe co pequeno relato da biografía de don Luis Fabrega Coello, que comezamos onte.
 " Don Luis froito da sua profesión, foi nomeado: presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.
Nas eleccións municipais do 13 de Abril de 1931 sae elixido concelleiro do Concello de Ourense, sendo designado alcalde con once votos polos seus compañeiros de corporación, cargo do que dimite dous días mais tarde para facerse cargo da presidencia da Deputación o día vinte de Abril do mesmo ano.
Nas eleccións a Cortes Constituíntes celebradas o 28 de Xuño, preséntase na candidatura de Alianza Republicana, obtendo 41.327 votos, seguido por Basilio Álvarez 38.420, Ramón Otero Pedrayo 33.443, Afonso Pazos Cid 32.464, Xusto Villanueva 30.714, José Calvo Sotelo 27.493, e Afonso Quintana 26.647.
O seu labor como deputado nas Cortes Constituíntes, céntrase na loita para evitar que se paralicen as obras do ferrocarril entre Zamora e Ourense o que xeraría unha situación de paro dentro do sector da construción. Presidindo a Comisión Interprovincial pro-ferrocarril Zamora- Ourense-Santiago-Coruña. Outra das súas tarefas foi intentar a reedificación do Instituto de Ensino Medio de Ourense, destruído por un incendio catro anos antes.  
Pero a súa tarefa mais fecunda desenvólvese como presidente da Comisión Xestora da Deputación Provincial, secundado por Manuel Suárez Castro, socialista reformista da liña de Prieto, e por Eleuterio González Salgado, galeguista.
Entre os seus logros á fronte desta entidade figuran, a dotación de Raios X e Radioterapia ao Hospital provincial, a reapertura da Biblioteca Pública nos baixos da Deputación, que se queimou no incendio do Instituto, e da cal custea da súa peculio particular as instalacións de luz e calefacción, a máis diso libros. A ampliación da escola de Artes e Oficios.
E o máis importante, a creación da Caixa de Aforros Provincial de Orense, da que será o primeiro presidente do consello de administración e titular da cartilla de aforro nº. 2 (da cal na actualidade somos titulares o meu fillo Pastor e eu). Da nº 1 é titular a Deputación. Foi tanto o aprecio que sentía por esta entidade, que contaba Camilo Álvarez, o primeiro traballador que tivo a Caixa. Que todos os días achegábase Don Luís desde a súa farmacia a preguntar se houbera algún ingreso, e se a resposta era negativa, facía o un ingreso de 25 pesetas na súa cartilla.
O 11 de Febreiro de 1934 é renovada polo Gobernador Civil a Xunta Xestora da Deputación, e a Luís Fábrega Coello, manténselle no seu cargo de presidente, pero non así aos seus mais estreitos colaboradores os Deputados electos Manuel Suárez e Eleuterio González, razón pola cal non acepta esta designación e abandona a presidencia da Deputación.
O 30 de marzo de 1934 A Deputación nomeou conselleiro da Caixa Provincial de Aforros co carácter de fundador a Don Luís Fábrega Coello. Ao cesar na presidencia da Caixa como consecuencia de cesar na da Deputación.
A partir dese momento, deixa vida publica, pra dedicarse a rexentar unicamente a sua farmacia, onde seguiu ata o seu falecemento.
Polo medio quedan moitos momentos de satisfacción, e outros non tanto, como un periodo pasado no carcere, que ainda hoxe non ten xustificación, pero que el pasou sen que lle afectara o mais minimo a relación cos seus conciudadanos.
 Don Luis en definitiva foi un Bó Ourensán."

Felicidades neste día a toda a familia Fabrega.
Lembrade hoxe as 20,30 na rúa Cardeal Quiroga.

26/12/10

Homenaxe a don Luis Fabrega Coello

Maña as 20,30 na rúa Cardeal Quiroga, (rúa do Alba), a cidade vai rendir un emotivo homenaxe, a un ourensán, Don Luís Fabrega Coello, nesa data cúmprense 50 anos do falecemento, de quen durante a súa vida, foi un servidor dos habitantes da súa cidade e provincia, Ourense.

Fai xa bastante tempo, que intento que o seu neto Pastor, redacte unha entrada que nos mostre a Don Luís, en todas as súas facetas. Ninguén mais autorizado que Pastor, para facelo; pero supoño que o medo a caer no eloxio excesivo, fixeron que me facilite os datos necesarios; e unhas cantas imaxes que acompañen eses datos, pra que eu redacte a dita entrada. De todolos xeitos, a redacción deses datos, e tan precisa, que case que non lle vou tocar case nada.
Coincidindo coa homenaxe que se lle rende mañá, no que se descubrirá unha placa conmemorativa, na casa onde viviu gran parte da súa vida, Cardeal Quiroga 31. Publicarei esas fotografías de Don Luís, que mostran diversas facetas da súa vida, e fareinno en duas partes, pra que non sexa moi longa.

"Nace Luís Fábrega Coello o 5 de Maio de 1874, na casa n.º 30 da rúa do Progreso, fillo de Tomás Fábrega Tomás, natural de Cistella (Xirona) e de Laura do Coello López, natural de Cangas de Onís (Asturias). O seu pai mestre de obras titulado, tras traballar en Asturias onde contrae matrimonio, trasládase a Ourense a fin de traballar no ferrocarril Ourense-Vigo, entón en construción.
En 1887 trasládase a vivir xunto cos seus pais á casa que estes construíran no n.º 31da rúa de Alba na cal moraría ata o seu falecemento.
Finaliza Luís Fábrega os estudos de bacharelato no Instituto de Ourense o ano de 1891. Neste mesmo ano, matricúlase en preparatorio para cursar os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago, onde obtén a Licenciatura no ano de 1899.
En Arnedo (A Rioxa) fai un ano de prácticas, e tras rexentar unha farmacia en Monforte de Lemos, abre en Ourense a súa Farmacia o 3 de Xullo de 1904 na esquina das rúas de Alba e Progreso, da que foi titular ata oseu falecemento".
 
Seguiremos maña......

25/12/10

Desexo de Paz, e animo

Me vais a disculpar que la entrada de hoy, sea en castellano.

La causa es fácil de entender; el caballero de la fotografía, no es ciudadano de este país, y su padre, ya tiene problemas para entender el Español, con lo cual el Gallego, para que che conto. Cierto que su madre podría traducírselo, pero creo que es mejor así.

Hoy es Navidad, y no todo el mundo tiene la suerte de poder disfrutarla en un entorno de felicidad; y no me refiero a la crisis, que desde luego, es un grandísimo problema, pero por desgracia a todo hay quien gane.

En los últimos días, dos personas a las que me unen lazos familiares y/o de amistad, han tenido problemas de salud. Por fortuna parece que con paciencia, pueden tener solución. A mí, se me ha ocurrido, (no sé si habré acertado), para darle ánimos, presentarle a este precioso primito, que conocí hace pocos días.

Se llama M…., perdón, Kezia, el nombre aquí es un poco extraño, pero en su país natal, no lo es tanto. Cuando tienes cerca una criatura como esta, o piensas en una de ellas; eres capaz de olvidarte por un momento de todos estos graves problemas, y disfrutar un momento al menos, de esa sonrisa, ese gesto de sorpresa ante casi todo, en definitiva de esa belleza transmisora de paz, que solo tienen estos pequeñines.

Hoy, que es Navidad, quiero darle ánimos, a estas dos queridas personas, para que salgan de este mal momento, y que sepáis que tenéis detrás a muchos amigos esperando celebrar con vosotros muchas Navidades. (He escuchado comentarios, de que alguna gente está intentando organizar una noche de fin de año, durante la semana santa, podría ser….).

24/12/10

Feliz Nadal












   Xa vos advertín, que iste ano o Nadal, a pesar de todo, ia contar cunha maior relevancia no blog.
Xa vos falei do Belén dos Maristas, e hoxe traivos o que a Asociación de Belenistas da cidade, fai todolos anos; polo que eu sei, antes encargabase do de Baltar na catedral, e dende fai uns anos, coincidindo co traslado de este a sua nova (e iste ano novisima) ubicación; encarganse de montar o do Liceo. Estas fotografías son unha pequena mostra do traballo destes namorados do Arte de facer Belens.
  
O que si confeso que descoñecia, era a existencia de colaboradores, que aportan novas ideas e conceptos, en canto a construcción destas fermosas representacions. Como exemplo, tedes estas fotografías, nalgun caso e toda una labor de reciclaxe, noutros casos e un completo exercicio de traballos manuais, xa que dende as figuras, ata as casas esta todo feito polo autor, con mais ou menos arte, pero o importante e o cariño depositado no traballo.
Unha idea pode ser, facer hoxe un paseo pola cidade, (si o tempo acompaña mellor), levando os nenos visitar os belens, tedes o dos Maristas, o do Liceo, o de Baltar, (na praza de San Cosme), o da Catedral, e supoño que ainda que non o sei, algún colexio mais de seguro que tamen monta o seu. (outro ano procurarei enterarme); se tedes tempo e podedes, intentade visitar tamen o que don Jeronimo de Vicente, fai na sua casa todolos anos. (neste caso tedes que chamar, pra concertar a visita 98822868).
Felicidades e grazas polo seu traballo a todos os que decoran o Nadal, dos ourensáns.
Unha aperta e Feliz Nadal os amigos Natalio e Patricia do AVO, que nesto dos belens teñen algo que ver

23/12/10

B.B.V.A. en Ourense


Non tiña pensado facer estes días unha entrada con esta tematica, pero penso que a iniciativa do BBVA. mereceo; esoutro día recomendeivos que forades o Colexio (ver o belen dos Maristas), e hoxe digovos que deberiades ir o Banco. Non pra sacar cartos, que estes días e millor no sacalos de paseo, senon pra visitar unha exposición que na sucursal do Progreso presenta o Arquivo Historico do BBVA.
Ten tres partes diferenciadas, e todas son digna de botarlle un ollo, e levar os rapaces pra que vexan como eran estas cousas, antes da era do computador. Tedes por un lado unha fermosa representación do que era un despacho daquelas, con instrumentos, ainda que recoñecibles na actualidad, non carentes de certa rareza, e orixinalidad, como exemplo, sirva un reloxo dos de "fichar", que xa daquelas habia quen se "escaqueaba". Unha boa representación, do que eran as maquinas de escribir da epoca, algunha vaivos resultar extrana; e as bellas alcancias, ou pra ser mais precisos o baul dos cartos, que gardaba a bo recaudo o Sr. Director, que daquelas obligatoriamente levaba o Don. 
Por outra banda, presentan unha boa coleción de billetes dende o ano 1798, ata o fin da nosa añorada peseta. Cantos suspiros escoitanse estes días chorando polo seu regreso (eu non son quen de opinar do tema). E como remate un pequeno percorrido pola historia da entidade na nosa cidade.
Neste punto, tamen podedes botar unha ollada, no blog a vellas entradas, nas que se fala desta entidade, ainda que non o pareza. se facedes clic neste enlace, veredes a oficiña do Banco da Coruña no Paseo, que foi o antecesor da sucursal da esquina da Chevrolet. Banco da Coruña e si mirades a fotografía que vos poño eiqui, teredes unha visión diferente do antecedente desa sucursal na sua ubicación actual, se vos fixades daquelas, estaba ahí o Garaxe Hispano Americano.
Ide por alí, que de seguro que vos gusta, e pode ser unha forma de achegar os rapaces o aforro, (pasan os anos, e continuo a ser un iluso, que lle vou facer....)

22/12/10

Reedición do libro de David Simón II

Iba ser a primeira vez que saira unha entrada duplicada no blog, xa saiu o sabado, pero o final vai ter algunha diferencia. David Simón (que nos últimos días sae en todalas entradas), confirmoume que esta reedición, esta revisada, co cal aporta novos e interesantes datos historicos.
Idesme permitir que por primeira vez no blog, unha entrada saia duas veces, sen ter nada novo.
Pero penso que hoxe en día conseguir que un libro se reedite non e sinxelo, e si ainda encima quen o logra e un socio do Arquivo visual Ourensán, loxicamente conta co apoio incondicional deste blog. Por elo, hoxe e o día 22 esta sera a entrada; pra que non digades que non o sabiades.
O libro xa o poiden disfrutar, pero e que non se me malinterprete, foi cun exemplar prestado; a propiedade ainda non a conseguin, (a ver si nesta edición teño mais sorte, mal sera....).
O amigo David, reedicions aparte, ten xa uns cantos traballos circulando por ahí, e dende o meu humilde punto de vista, hoxe e o millor especialista en historia medica da nosa Provincia, (na outra profesión penso que tamén o e, - e medico psiquiatra- pero non ven o caso).
Recomendovos que vaiades a presentación deste libro, que vai pagar a pena, ademais seica ten entre mans algún proxecto mais, e verse acompañado o día 23 pode ser o empurrón definitivo pra que se poña na tarefa de rematalo.
Por certo o libro de "Locura, medicina y sociedad: Ourense (1875-1975)”, tamén da sua autoria, non o dou atopado nas librerias tampouco, asi es que o millor, tamén merece unha reedición, despois decimas que a xente lee pouco, e resulta que non son poucas as obras que non e sinxelo atopar.
Tedes mais información e articulos do doutor David Simón, no seu blog Diario de un medico de guardia
Felicidades David.
Eu non poderei estar, teño que ir a capital do reino, buscar un paquetiño (ten que voltar a casa polo Nadal), pero se díra chegado non dubides que paserei polo Liceo.

21/12/10

Villa Amelia?

De cando en vez, recibo mails de lectores que buscan información da sua familia; non sempre e sinxelo axudar na busqueda, debido os escasos datos que me aportan, pero neste caso coido que non ten por que ser complicado.
Noutras datas poñeriame a eló, pra ampliar a información, pero neste caso vou intentar que seades vos os que botedes unha mán.
O tema comeza, cando recibo un mail pedindo datos, de onde podia estar ubicada "Villa Amelia", e o unico dato que lembran, e que estaba preto do campo de futbol, nos anos 40 -50. Desas teremos que falar do Campo Loña, ou o Campo Bouzo, os dous na zona das Lagoas.
Eu tiña esta fotografía que me deixou o amigo Pastor Fabrega, pendente de poñerlle os datos, e sin saber o motivo veuseme a cabeza o leer o mail.
A ver si podedes algún de vos confirmar si ese era o nome dese Caserón.
Nun segundo mail, facilitame esta información, que eiqui vos poño:

"  ... toda mi familia materna procede de Ourense, en concreto de Castro Caldelas, pero luego se trasladaron a Ourense y vivieron en esta villa. Según me cuenta mi madre pertenecía a los Sres. de Villanueva, que residían en Pontevedra y en la finca vivían también los caseros, la señora Basilisa, cuyo único hijo murió allí, al volver de la mili herido, por tuberculosis.
Por referencias de mi madre, sé que en un local que había al lado de "Villa Amelia", mi abuelo con otros socios hacían la margarina Natacha y parece ser que anteriormente tuvo una fábrica de galletas en el Castro (confirmado en el libro de Sotelo Blanco Antropoloxía cultural da terra de Caldelas) y que luego la montó en el Veintiuno o 21? en la zona del puente (años 50).

Como veredes a continuación, tamen e lectora do blog do amigo David Simón, quen espero que bote unha mán, se pode; pero seguide lendo.

 
"Estoy investigando la vida de mi abuelo, Gerardo Vázquez Diéguez. Gracias a "Diario de un médico de guerra" (trabucouse, e Diario de un medico de guardia) de Simón Lorda, conseguí la referencia de un expediente que está en el Archivo Histórico Provincial de Ourense y que me ha dado otras referencias para seguir investigando. He localizado un periódico que dirigió mi abuelo y en el que colaboraban el médico D. Perfecto Herbella y Manuel Casado Nieto. Sigo intentando localizar otro periódico anterior llamado "El Defensor de Caldelas", pero no encuentro rastro ni se menciona en el libro "A prensa en Ourense e a súa provincia" de Marcos Valcárcel, de cuya muerte me enteré hace unos días y que lamento profundamente, pues a pesar de no conocerlo, por lo que he leído, me habría gustado poder saludarle".

O nome de quen me envia o mail, teño que pedir autorización pra poñelo, pero supoño que non habera problemas, tamén me gustaria saber desde onde mo envia. 
Se tedes algún dato agradeciavos que mo facilitarades pra pasarllo a esta amiga.
Se ela quere poño directamente o seu mail pra que os comuniquedes con ela.

20/12/10

Preparando o Nadal

Debe ser certo, eso de que o nadal disfrutase mais, cando sirve de excusa pra o reencontro cas persoas queridas, porque iste ano, confeso que teño mais ganas del que noutras ocasions, a pesar de que sempre foron unhas festas que me gustaron.
Iste ano e pra ir quentando o ambiente, así como xa se encenderon as luces das rúas, (pero dame a espiña que eso ten unha motivación comercial), eu douvos un adianto de felicitacíón.
Outros anos estiven xa a punto de utilizar este fantastico Belen, que o irmán Felix, monta no hall do colexio Maristas Ourense, pero pra evitar posibles comentarios de peloteo, (xa que daquelas era profesor dalgun dos meus fillos), preferín evitalo; agora xa non existe esa posibilidade, co cal facendo xusticia, eiqui o tedes; iste ano ademais, modificou un pouco a traseira, e pra o meu gusto queda moito millor, mais descargado, co cal o protagonismo recae todo nos elementos do Belén.
Se tedes oportunidade pasadevos por alí, a botarlle unha ollada, e si tedes nenos, non o dubidedes, de seguro que lles gusta, ten moitos automatas, que sempre chaman a atención, e outro detalle moi orixinal pra os rapaces, ten unha zona onde hay algo vivo. Bo digovolo, pra que non teñades que buscalos, pero co compromiso de que non ides levar cana, os peixes do rio, non son precisamente un adorno, certo que esixen un coidado especial, pero o irmán Felix vive o Belén de tal xeito, que non lle importa ter que darlle de comer.
Outra novidade e que este ano, ainda que o facian encantados, Manolo e Lucas, non teñen que preocuparse da iluminación; ten un sistema informatico que fai o efecto do paso das horas no portal de Belen.
Que non se me enfaden os da asociacion de belenistas, que iste ano intentarei complacer a todo o mundo
A todos Feliz Nadal  
Si quereis verlo disfrutando de la musica aquí teneis un villancico

19/12/10

El Cronómetro

De cara a escoller agasallos pra estas festas, que tal visitar a tenda de Don Odilo Fernandez, e escoller entre una Grafonola, as millores son as de La Voz de tu Amo, o una maquina de coser Naumann, seguro que son agasallos perfectos, o problema e que non sei se lle quedara algún, fai tempo que agardan un pedido e non da chegado.
Non vos equivoquedes, o anuncio e real, pero fai de eso oitenta anos; dende o peche da Ibense, andamos mais preocupados polos negocios con solera; pois este perfectamente modernizado, e no mesmo enderezo, entre nos continua.
Teñen eso si unha fermosisima fotografía dentro do local, que soo por botarlle un ollo xa paga a pena ir por alí. (terei que ir un día destes, a ver si me deixan fotografiala con calma; xa ma deixaron, pero os reflexos, non deixan que se vexa ben).

18/12/10

Reedición do libro de David Simón


Idesme permitir que por primeira vez no blog, unha entrada saia duas veces, sen ter nada novo.
Pero penso que hoxe en día conseguir que un libro se reedite non e sinxelo, e si ainda encima quen o logra e un socio do Arquivo visual Ourensán, loxicamente conta co apoio incondicional deste blog. Por elo, hoxe e o día 22 esta sera a entrada; pra que non digades que non o sabiades.
O libro xa o poiden disfrutar, pero e que non se me malinterprete, foi cun exemplar prestado; a propiedade ainda non a conseguin, (a ver si nesta edición teño mais sorte, mal sera....).
O amigo David, reedicions aparte, ten xa uns cantos traballos circulando por ahí, e dende o meu humilde punto de vista, hoxe e o millor especialista en historia medica da nosa Provincia, (na outra profesión penso que tamén o e, - e medico psiquiatra-  pero non ven o caso).
Recomendovos que vaiades a presentación deste libro, que vai pagar a pena, ademais seica ten entre mans algún proxecto mais, e verse acompañado o día 23 pode ser o empurrón definitivo pra que se poña na tarefa de rematalo.
Por certo o libro de  "Locura, medicina y sociedad: Ourense (1875-1975)”, tamén da sua autoria, non o dou atopado nas librerias tampouco, asi es que o millor, tamén merece unha reedición, despois decimas que a xente lee pouco, e resulta que non son poucas as obras que non e sinxelo atopar.
Tedes mais información e articulos do doutor David Simón, no seu blog Diario de un medico de guardia 
 Felicidades David.
Eu non poderei estar, teño que ir a capital do reino, buscar un paquetiño (ten que voltar a casa polo Nadal), pero se dira chegado non dubides que paserei polo Liceo.

17/12/10

As clases do Instituto no 1902

En desagravio por todos estes días de entradas rapidas; hoxe non vos vou dar a lata con moito texto, pero penso que esta fotografía servira pra que me disculpedes. E unha pequena xoia, que me prestou Don Antonio R. Martín. A quen quero dar as grazas publicamente.
Botade un ollo, pero con calma, xa que garda uns cantos secretos; non e un exercicio, xa me gustaria a mín poder identificar a todolos persoaxes que nela saen; pero a lo menos dous se que o estan.
Mirade na zona superior da escada, o carto persoaxe pola esquerda; si, un rapaz que ten gafiñas. Ainda que non o pareza, chamabase Ramón Otero Pedrayo, sonavos?. Eu sempre me refiro a él, como Don Ramón.
Era o curso 1902- 1903 no "Instituto Tecnico de Orense",(o que hoxe ten o nome do alumno precisamente) o profesor chamabase Antonio Gaite, e a clase era de Fisica General. 
Como detalle, catro dos alumnos portan nas mans, unas camaras fotogaficas das primeiras "populares", as de caixon, unha a lo menos e una Kodak Brownie, e outra pareceme ver o simbolo de Agfa; e unha magoa que non sepamos quen foi o fotografo, pero e que neses anos Don José Pacheco, tiña competencia pra ese tipo de fotografías; nas de estudio era dificil facerlle sombra, pero nas de exterior, o exceso de traballo obligabao a renunciar a moitos traballos. 
Disfrutadea, e se recoñecedes algún dos rapaces non dubidedes en decirmo; non descartedes que tamén saian na imaxen algun dos empleados, do que hoxe chamariase persoal non docente. Era habitual que tamén apareceran nas fotografías do curso. 

16/12/10

Maña espero retomar a normalidade

Penso que hoxe deixo rematada a tarea que me tivo liado estes días, co cal maña como digo no titulo agardo retomar o ritmo normal de entradas no blogue.
Algún seguro que agradeceria que seguiran sendo cortiñas, pra non aburrir, pero e que pra mín e un vicio, falar destas imaxes, (ainos peores, ou non?).
Hoxe e pra rematar cas entradas curtas, deixovos este exercicio. Onde estaba este edificio, lembradelo?.
A rúa en tempos formaba parte de algo moi "novo", e noutros tempos como se corria por "riba" desas pedras.
Os que ainda non caeron, que visiten o rueiro, usando o buscador do blog. (arriba a dereita).

15/12/10

O Hospital do San Roque

Xa sei que esta xoia que me enviaron, merece unha entrada con datos que fagan mais interesante a sua visión, pero vos non tedes culpa de que eu ande liado, e merecedes ver unha imaxen deste interese, (dende logo, pra mín teno); non puiden comprobar se era o recorte dunha postal, xa coñecida, pero dende logo o que o fixo, conseguiu que viramos perfectamente o edificio do San Roque.
Pra os despistados, hoxe ocupando practicamente o mesmo espazo, esta o edificio de Correos na Alameda.
Agardo antes de que remate o ano darvos mais datos.
Foi lastima que non me chegara esta fotografía, antes de enviar a que salirá no proximo numero do periodico "Ourense por Barrios"

14/12/10

Solidaridade

Faleivos esoutro día, da inauguración da fermosa exposición fotografica, da amiga Ana Iglesias.
O caso e que esquezinme comentar, a sua intención, de donar todo o material exposto, pra una serie de ONGs, de actividade humanitaria. E un acto de solidariedade que a honra, e merece que o resto contribuiamos na medida das nosas posibilidades.
Ela pon a nosa disposición, os numeros de conta de esas ONG. a fin de que cada un, partindo dun minimo de 25€, merque unha das suas obras. Os cartos entran xa directamente a organización escollida por cada un de vos, e o peche da exposición, o día 22 poderedes recoller a fotografía elexida.
Soo tedes que ir ver a exposición ao Ateneo, escoller a que mais os guste, (si ainda non esta comprada, que seica son poucas as que quedan), facer o ingreso na conta, e gardar o xustificante do ingreso, pra ir retirar a obra.
No Ateneo daranvos todas as explicacions precisas.
Grazas Ana pola tua xenerosidade.

13/12/10

Outro amigo, outros rapaces

Os poucos, o albúm dos Maristas, vai aumentando de tamaño, grazas as vosas achegas; a ultima, e dun novo amigo, Jose Manuel Perez Vazquez, quen entre o 68 e o 75 foi alumno do colexio.
Entre as fotografías que me deixou, estan estas duas, do equipo de 2º, o ano 1970. Os que seades da quinta, se vos recoñecedes, podedes decirmo no meu mail, e iremos poñendolle nome os futbolistas.
En proximas entradas, seguirems vendo as xoias que me envia o amigo José Manuel. Moitas grazas, e seguide animandovos a enviarme fotografías.

12/12/10

52 Felicidades

Idesme permitir que me tome a licenza de utilizar o blog, pra usos personais, pero e que co lio destes días, ainda que me lembrei, non din atopado un oco pra felicitar o meu irmán.
Supoño que non me fara quitar a fotografía do blog, por invadir a sua intimidade, pero e con boa intención.
Fixo esoutro día 52 aniños que este rapaz, que vedes tentando golpear a pelota, (poucos meses debia ter, calculolle 5 ou 6 meses), veu a este mundo, pra ir abrindo o camiño pra miña chegada, (no medio hai outro "bulto sospeitoso"), tardei catro aniños en coñecelo, pero dende aquelas teñone moito cariño.
Felicidades.

11/12/10

Volven as neves

Algún xa foi disfrutar da neve, fai quince días, outros de seguro que aproveitaron estes días de festa, pra estirar os "palillos", e algún coma mín, ainda estamos esperando a oportunidade, pra facer as primeiras do ano. Non sei como andara o tema, pero habera que intentalo, a ver si os reis....
Tereime que contentar con ver marchar no tren cara Sobradelo, a o amigo Pastor, co seu grupo de amigos, que alguen a disfrute, xa que eu non podo, hai que ser bo, e ter bos desexos.
Fixadevos na xardinera do tren, e nos esquis que levaban daquelas; non eran moito de "carving" que digamos.
Os amigos de Carrileiros, se queren esta fotografía, teran que pedirlla a Pastor, e o millor teñen que dar algún dos numeros atrasados, que a él gustarialle ter.

10/12/10

In memoriam "Marcos Valcarcel"

Debuxo recollido do blog "Arume dos piñeiros"
Colleume por sorpresa, e lonxe das miñas armas; non por esperado, que a situación era algo tristemente evidente, senon por desexado, sempres desexas que se produza o mais tarde posible; o caso e que ocurriu.
Foise Marcos Valcarcel; en persoa, xa dixen outras ocasions, que somentes puden velo duas veces, precisamente da primeira, fixen esta entrada, que podedes ver eiqui na sua data orixinal  preme eiqui , e hoxe volvo reproducir, porque considero que continua a ter validez.
Algún dia farei un resumen da relación, que tivo o bó de Marcos con iste blog; pero, hoxe non e o momento.

    "Os que ledes este blogue, supoño que xa vos dariades conta de que as imaxes que me atraen, son as que xa non están, as actuais non é que non me importen, é que as teño máis a man.
Onte tiven a fortuna e a honra, de coñecer por fin a un dos Ourensáns, que mais admiración cáusame dos últimos tempos, (que non se ofenda M.O. pero é que el é amigo de nenez, e a valoración é diferente).
Da súa obra, non me atrevo a comentar nada, dou por feito que todos coñeceredes as súas seccións e artigos en prensa, tanto ourensá como galega, (impresa e dixital), así como as por desgraza escasas publicacións que nos regalou, (aínda que entre propias e colaboracións parezan moitas, sempre se quere mais).
O Marcos que eu vin onte, só atrévome a dicir que emana "Bonhomía", e nos tempos que corren de pouca xente pódese dicir iso.
Grazas Don Marcos, e siga vostede escribindo para nós, e traballando pola cultura e historia desta cidade, se de paso aprovéitase o resto do mundo, que o gocen, pero vostede siga centrado nesta Vella Auria, que algúns tanto amamos".
"Ata sempre. Por medio das tuas obras, sempre estaras entre nos"

9/12/10

Chalet Losada

Fai moito tempo, que dixen no blog, que andaba na procura, dalgunha imaxen, deste edificio, que durante moitos anos, chamou a atención dos Ourensans; pola sua ubicación, no medio do Paseo, pero tamén pola sua vexetación espectacular.
Non pasou case que nadiña de tempo, pra recibir non unha, senon mais ou menos seis fotografías del; coincidindo ca recepción das imaxes, atopei un amigo que facia tempo que non via, a causa do seu traslado a cidade olivica, resulta que sin eu sabelo, (a miña ausencia cando era novo, da cidade foi a culpable), emparentou ca familia Losada, e aproveitei pra pedirlle que foran el e a sua dona quenes fixeran a entrada sobre este chalet. O temp vai pasando, e non dan enviado a entrada, polo cal e sabendo que teño mais fotografías pra mostrarvos o día que eles mo envien, ensinvos hoxe esta.
Non era xustificable, que un edificio tan coñecido, faltara no blog.
A fotografía, corresponde a época na que se utilizaba como: chamemoslle "hotelito con encanto", tal e como rezaba na sua publicidad, acollian hospedes fixos e viaxeiros, en instalacions con toda clase de Confort, e a precios modicos. 

8/12/10

Cartelera do ano 54


Como as entradas fagoas con adianto, non podo saber que tempo fara hoxe, un festivo o fin desta larga ponte. Por si o tempo esta triste e non apetece dar unha volta pola cidade, sempre tedes a opción de ir o cine. 
Esta opción hoxe require que encaminedes os vosos pasos, nunha dirección unica, cara o "Centro Comercial"; pero houbo un tempo non moi lonxano, no que tiñamos que decidir a que sala iamos acudir.
No centro, e moi cercanos entre eles, o Teatro Losada, o Cine Mary, e o Coliseo Xesteira, (por orde alfabetico pra non dar lugar a queixas); na rúa da Paz, o Teatro Principal (o Peripepe, como queirades, algún día falaremos de onde lle viña este nome), na avenida Wilson (como me gusta ese nome, sen despreciar a Curros Enriquez), o Cine Avenida, e no barrio da Ponte o Cine Yago.
Nos recortes, de prensa, ides botar en falta, o anuncio do Principal, pero e que os obtiven da "Hoja del Lunes", e a lo menos no numero que consultei, non se anunciaba, a ver si ia ser que pechaba os luns por descanso do persoal, coido que vai ser que non, pero ....   

7/12/10

Os medios pra o Deporte

Queixanse hoxe os nosos rapaces, de falta de instalacions, e medios pra practicar deporte. Estou totalmente dacordo con eles, que pra esta actividad tan saa, os medios nunca foron sobros.
A miña avoa, sempre decia, que "non se consola o que non quere"; eu pra axudarlles a consolarse, mostrolles esta fotografía, non moi vella; e de comezos dos sesenta; e nela podedes ver os rapaces dos Maristas, practicando atletismo no campo, daquelas de terra do colexio.
Fixadevos nas "Nike", do que ven entrando na meta no segundo posto, eran unhas alpargatas das de esparto, e que ben corrian "carafio"; a camiseta do que chega primeiro, e de algodón transpirable, tipo "Adidas" das que xa traen aerodinamica de serie. E a sudadera do segundo, que non e mais que a camisa de diario que o rapaz non quiso sacar, supoño que por non ter frio, vai ser causa duns azoutes o chegar a casa con ela toda sudada, e ainda por riba, non ter gañado a carrera.
Bromas aparte, hoxe os medios seguen a estar en precario, pero neste caso cumprese o dito "ningún tempo pasado foi millor"; ou sí....  

6/12/10

Los Chicos

Andan estes días os amigos de publicacions da Deputación, dandolle os últimos toques a un libro, que non vou desvelar de que vai, (a verdade e que non o sei tampouco moi ben). Cando teña datos non dubidedes que volos darei.
Pra aportar o meu grao de area, eu lembrolle que esta tarxeta publicitaria esta en poder do Arquivo Historico Provincial de Ourense, e poidera  ser útil pra complemetar datos desa publicación.
Polo que eu sei, este comercio de prestixio na cidade, estaba na esquina do Paseo cos xardins do Padre Feijoo, onde hoxe estan os "Almacenes Barros"; na planta de arriba, estaba "La casa de la novia", propiedade tamén da mesma empresa matriz, Almacens Simeón, ainda que este outro comercio, seica tamén tivo outra ubicación na rúa da Paz 5.
A pesar da brevedade das entradas destes días, contovos un detalle que me comentou o amigo Pastor Fabrega, e a miña mala memoria situa neste negocio, (se me trabuco Pastor sabe que acepto de bo grao as correccions). O caso, e que según parece neste negocio habia un empregado, cunha forza nas mans, fora do normal; din que era capaz de suxetando unha moeda na mán, e apoiando un cravo nela pra non mancarse, atizando un manotazo, enriba do mostrador, cravaba a punta case que ata o final. Aí queda iso. 

5/12/10

No cuartel

Fotografía propiedade de Don Felipe Fernandez Chacón.
Os que saben o que e a disciplina militar, esta fotografía, podelles parecer enganosa; e incluso poden pensar, que se trata de xente no entroido.
Polos meus datos, a fotografía foi feita nos anos vinte mais ou menos, no cuartel de San Francisco; dacordo que non e habitual, que saia un persoaxe, blandiendo, algo semellante a unha cimitarra, e a nena e o paisano, non contribuien precisamente a darlle un toque marcial a imaxe; por non falar dos uniformes, os gorros (ros?), e os pitillos.
Imos supoñer, e vai ser moito supoñer, que eran os da cociña do cuartel, facendo un alto no traballo diario, acompañados dos responsables do servicio, e dous espontaneos. Ou en vez de ser os da cociña, poideran ser os do economato, ou o millor a brigada de mantenemento; que mais ten, a fotografía reflicte ese aire añejo doutros tempos, a pra mín e fermosa, o resto ...   

4/12/10

Heraldo Gallego

Non chegou sequera a seis anos, o seu período de publicación, e con todo é un dos mellores diarios que tivo Auria; na rede tedes un fantástico articulo de Marcos Valcárcel, describindo coa súa habitual sabedoría, este diario; polo cal non me atreverei a corrixirlle nin unha coma. Preme eiqui pra leelo. Articulo de M.V.
Unicamente comentarvos, que o Museo Arqueolóxico, posúe a colección completa deste diario, e sen dúbidas é un pracer revisalo. Algún día farase unha reedición, pero posiblemente teñamos que agardar.

3/12/10

Anos 60, onde?

Nesta ocasión, pra non facilitar o recoñecemento dos persoaxes, non vos direi a quen pertence a fotografía

As veces, cando os meus amigos, me permiten ollar os seus álbumes familiares, sorprendense, de que fotografías que pra eles teñen somentes un valor sentimental, pra mín sexan tamén, documentos de interes, pra facer o seguemento, da evolución da nosa cidade.
Este e un deses casos evidentes; as tres damas, e eses pequeniños, estaban disfrutando dun momento de lecer, nun centrico parque de Ourense, se vos fixades nos edificios que se ven na traseira, poderedes identificar en que parque se atopaban. Dende logo as alturas dos edificios, que se ven na esquina, non corresponden cas actuais, pero non e complicado identificalos.
Un dia destes, poreivos as respostas as preguntas que vos estou a facer, pra que os despistados non queden na dubida.

2/12/10

Exposición no Museo

Fotografía propiedade da familia Bayón.
Así como onte, non vos facilitei dato algún, sobre no que ando metido; hoxe se que quero adiantarvos unha noticia; pra mín, e pra o Arquivo visual Ourensán, moi importante.
Do 17 de Febreiro o 20 de Marzo, nas salas do Museo Municipal, da rúa de Lepanto, intentaremos mostrar a todos os Ourensáns, unha parte da sua historia, en imaxes, da mán dos fotografos profesionais, que desenrolaron a sua actividade na nosa cidade.
Estamos intentando, que podades facer eses días, na sala fotografías como a que tedes nesta entrada, de xeito moi sinxelo, poderedes emular a estes cabaleiros, e semellarvos a este simpatico Don Hilarion. Bo ao millor, os temas non son este precisamente, pero procuraremos que podades gardar un recordo a lo menos diferente.
Esperamos poder estar a áltura que vos merecedes, e o Arquivo visual Ourensán, asegurovos, que fara todo o posible pra conseguilo. Polo de agora, vouno deixar eiqui, pero o que si queremos que teñades claro, e que a nosa intención e conseguir presentarvos unha exposición, que o mesmo tempo que instructiva, sexa "divertida".
Ultimamente estouvos a facer suxerencias de cotio, e hoxe teño que facer outra. Así coma onte vos recomendei ir ver  a exposición de Ana Iglesias no Ateneo, (que dende logo volvo recomendarvos), hoxe toca convidarvos a una charla de Don José Luis Suarez Canal, no marco da exposición que podedes disfrutar no centro Caixanova da Praza Maior "Pano de fondo", se nonme equivoco, e hoxe as oito. Alí nos vemos. 

1/12/10

Botade unha mán.

Polo de agora, non vou entrar nos detalles, pero durante uns días, andarei un pouquiño liado de mais; esta vez non e a miña "santa" a responsable; mais ben son eu, e algo que desexo que sexa do voso agrado, e se non se cruza ningún problema, poderedes xuzgar a partires do mes de Marzo. Pero de momento non quero avanzar mais datos.
Debido a eso, mais ou menos, ata a metade do mes do nadal, non esperedes atopar entradas, elaboradas; non vos vou deixar sen fotografías, pero moitas veces as imaxes iran orfas de texto, e si es caso, deixando aberta a opción, de que sexades vos os que mo enviedes.
Hoxe pra comenzar, traiovos esta fotografía, pra que me digades onde e?. Non e moi complicado, pero dende logo hoxe non esta así. A modo de axuda, digovos que a fotografía e do final dos sesenta.
O que si vou aproveitar, e pra recomendarvos, que hoxe a tarde as 20,00, ou 20,30, (non volo podo confirmar), non vos perdades, a exposicíón de fotografía, da amiga Ana Iglesias, no Ateneo, penso non errar, o decir que vos vai gustar.