Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

1/11/10

Santos

  Xa outros anos, dixenvos (empeza a ser vello iste blog, que xa teño que referenciar anos anteriores), que a mín o dos Fieles Defuntos, non me motiva, prefiro celebrar o día de todolos Santos.
Non teño ningún motivo especial, somentes, que penso que lembrar seres queridos ten que ser motivo de ledicia, non de tristura; a parte, de que nunca encontrei a loxica dos días de ...., sempre e bo día pra querer e respetar.
Dita esta elucubración das miñas; hoxe querovos presentar os meus avos, o ano pasado non poiden presentarvos, mais que a Don Antonio, e a miña querida Ramonita, (sei que non queria que a chamara así, pero, no fondo gustaballe, ela sabia que era cariñoso, cando a queria fastidiar chamaballe doutro xeito..); pero iste ano grazas a amabilidade dos meus familiares paternos, conseguin as fotografías dos meus avos Avelino e Josefa, (Josefa foi o mais complicado, morreu bastante noviña).
Sei que esta entrada, pouco lles vai interesar a maioria dos meus lectores, pero algún privilexio me tiña que reservar, e seguro que os meus irmans gustalle poñerlle cara os seus avos.
Ando buscando agora, a seguinte xeneración, e pola via materna xa os atopei; os catro bisavos, pero na paterna, estaseme a resistir, e case que estou a perder as esperanzas. Todo se andara.
Felicidades a todos.

No hay comentarios: