Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

9/10/10

Quince anos só ou xa (Off - Ouff)

Remata a edición numero 15 do Festival de Cine de Ourense, e ainda que sabedes que non adoito falar da actualidade, nesta ocasión non queda mais remedio, as veces cen anos non son nada, e outras como e o caso, quince anos son un mundo.
Un mundo de traballo, de superarse ano tras ano, e de intentar que Ourense avance na sua oferta cultural. Como eu sempre vou o de "onte", o Off, hoxe Ouff, naceu da mán de algun dos poucos profesionais do cine que tivemos en Ourense. Eloy Lozano e Abelardo, estiveron ahí, nos comezos desta aventura.
A lista da "xente do cine" en Ourense, e tristementente, moi corta, podemos xuntar os nomes de Toni Román, Carlos Velo,  Tacholas, José Samaniego (?), e algún mais que a miña cachola non lembra, e xa remataria.
A esperanza esta nos novos valores, algun non tan novo, o amigo Sergio Pazos xa vai chegando os cincuenta, pero se que últimamente estamos vendo xurdir xente con moita ilusión, e capacidade; tamén contamos por fortuna ca escola de audiovisuales, que sinceramente o que teñen feito, e todo un luxo, eso que os medios con que contan, darialle a mais dun a risa, pero como sempre gañas e esforzo dan bos resultados.
Felicidades polo Festival a organizadores, e todo o mundo do cine Ourensán. 
Na fotografía que corresponde a unha rolda de prensa que Eloy e Abelardo, mais o amigo Lisardo Mazaira, xunto co representante do patrocinador (Caixa Galicia), deron, pra inaugurar a exposición de carteis cinematograficos antigos, que daquela se fixo como actividade do Festival.
Aproveito con ela pra ter unha lembranza de Eloy, e Abelardo; este último foi colaborador do blog, polo cal estoulle moi agradecido. Unha aperta
A exposición foi posible grazas a excelente colección que tiña e ten Lisardo Mazaira, de carteis e Programas de mán antigos, supoño que se falan con el poderia en anos sucesivos facerse algo semellante, o do primeiro ano. 

No hay comentarios: