Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

16/10/10

A ponte por Fernandez Sobrino

Este fin de semana, dín que baixan as temperaturas, co cal pode ser un bo momento, pra retomar o pracer da lectura.
Vouvos recomendar hoxe este traballo de José Manuel Fernández Sobrino, quen escapando do seu habitual fútbol, fai un percorrido polo barrio da Ponte, acompañado dunhos amigos, lembrando recunchos, xentes, e anecdotas que no seu conxunto, conformaron a historia deste barrio ourensán.
Falando as veces, con amigos dese barrio, e teño moitos; lembrar o meu querido Andres Iglesias, que nalgunha fotografía ten pasado polo blog, (poñede no buscador "Bimba"), o meu admirado, Manolo Dominguez, da web amiga http://www.canedo.eu/ ,  o Pichel, e como non, o seu irmán, e añorado  amigo, Andres Pereiro Sotelo; notabaselle certo desagrado ca fusión de Ourense con Canedo (non vou decir as palabras exactas que algún deles empleaba, por si algún rapaz visita o blog), o "animal" do meu amigo Andres Pereiro ainda iba mais lonxe, él era da Ponte, pero antes era do Ribeiriño, pra todos eles, e sen animo de polemizar, agradecerlles, que dende o seu corazón Pontino, sempre tiveran un respeto, a lo menos, polos da Burga, como son eu.
Volvendo a libro, penso non errar, o decirvos, que e un traballo excepcional, de Don José Manuel, dalgún xeito a sua lectura, trae a cabeza, a Don José Adrio, no seu "Del Orense Antiguo", polo tono proximo e familiar, unha forma de lembrar a historia que a mín particularmente, resultame moi agradable.
Supoño que algo terian que ver os colaboradores que tivo, moitos amigos e colaboradores deste blog, o xa citado Manolo Dominguez de Canedo.eu, os amigos de carrileiros.com, o sempre disposto a colaborar e moi bo amigo Lisardo Mazaira, e o que me encantaria coñecer, e ainda non tiven a oportunidade, Pepe da Guardesa.
Pero a pesar de ter tan bos colaboradores, non podemos deixar de felicitar o Sr. Fernandez Sobrino, moitos dos relatos, son vivencias e recordos propios, que ten a amabilidade, de compartir con todos nos.
Grazas por este magnifico libro.
Polo que eu sei, xa pode ir pensando nunha segunda edición, o exemplar que conseguin, tiven que leelo con moitas prisas, pra deixarllo a un amigo, que a pesares de ter influencias no ambito editorial, non foi quen de conseguilo.

No hay comentarios: