Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

18/10/10

O coiñal

A entrada de hoxe, non e miña, deume a idea, e a fotografía, o amigo Pastor Fabrega; tocaba exercicio, i él, tirando do fio do que puxen a semana pasada, que por certo esquecinme de novo de dar a resposta o sabado, suxireme este exercicio: seria por a fotografía de arriba, e preguntar, que e o que hoxe non esta?.
Os novos non se ian decatar, e os vellos, e posible que non o lembren, de non ser as mozas que presumian de ter o bronceado mais oscuro da cidade; o que hoxe falta, e, O Coiñal, que era como chamaban a esa zona do rio, cheiña de coios brancos, que actuaban de potenciador dos raios do sol.
Non se sabe, se ca boa intención de coidar os pes dos bañistas, ou facilitar o traballo do contratista que naqueles anos urbanizou, e fixo moitas das casas do barrio de San Francisco; o Coiñal foi desaparecendo, o mismo ritmo, que se facia a cimentación desas casas. Non deixa de ser un xeito de reciclaxe, semellante o que nos anos trinta, se fixo cas pedras que o concello, decidiu sacar das vias publicas, pra asfaltar e adoquinar, que a modernidade así o exixia; y en vez de tiralas, fixo con elas o muro que ainda luce hoxe o instituto Otero Pedrayo; xa digo non e o mesmo, pero si semellante.
A fotografía que tedes abaixo, mostra o mismo lugar, rematados duos edificios do devandito barrio.   
E pra que non me rifedes, eiqui vai a solución a pregunta do lunes pasado, a fotografía, que por primeira vez, ningún foi quen de dar solución correcta, mostra onde esta o alicerce da ponte nova que teria que sair a dereita na imaxen de hoxe. A fotografía penso que se sacou dende preto da Ponte Vella, na zona da rúa Ribeira de Canedo, antigua rúa Xeneral Aranda.

No hay comentarios: