Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

17/10/10

El Cercano e outros consellos de lectura

Este fin de semana, vai de recomendacions, e despois do libro de onte, hoxe van ir dous, pero antes, gustariame comentar a existencia dun centro de reunión, que o amigo Moncho Conde Corbal, abriu fai un tempo, na cidade; moitos dos meus lectores, sei que xa o coñecen, e tedes un enlace a sua paxina web, no lateral do blog, pero ainda quedan moitos ourensans, que penso podelles interesar saber da existencia deste punto de encontro.
Nunha perfecta ubicación xeografica, na cidade, a rúa da Habana, o amigo Moncho, pon a disposición de todos nós, un lugar de descanso, tertulia, e lecer, no que a unica prohibición, e a intolerancia, e os malos modos. Nun agradable entorno, o mesmo podes disfrutar da presentación dun libro, como dunha cata de bo viño, pasando por un desfile de moda, ata se queres, podes asistir en directo a un programa de radio. A parte deses eventos, o millor e que naquelas paredes, podes atopar xente de calquera ideoloxia, ou tendencia, ca que podes entablar unha tertulia, totalmente aberta; a unica pega que lle poño a idea, e a da falta de tempo, que as veces non nos deixa aproveitar estas oportunidades, teremos que facer un oco, nas nosas axendas.
Precisamente nese foro, tiven a ocasión, de coñecer a Fernando Sánchez Salinero, o autor dun dos libros que que quero recomendarvos, "La casa al Reves"; ainda que o titulo, a portada, e o estilo da edición, non o suxiran, e un tratado de economia, Fernando no quere competir evidentemente cos gurus da economia, (por certo, últimamente un pouco denostados), a sua unica intención, e mostrar un punto de vista, cercano (Moncho escolleu ben o nome...), a maioria dos cidadans, como demostra no seu libro, non son precisas complicadas teorias, nen sesudos estudos, pra que unha empresa funcione, o mais preciso, e como en toda nesta vida, O sentido común.
E por último, pra rematar o fin de semana, este outro libro, que fai tempo escribiu Valentín Barreiros, pero non tiven ocasión de botarlle o ollo, ata fai moi pouco tempo, a verdade e que teño que agradecerlle a Valentín que tivera a deferencia, de agasallerme un exemplar.
Seria sinxelo, calificalo como o mellor libro sobre a historia do cine, en Ourense, xa que polo que eu sei, e o unico que podemos atopar ata o de agora;  tratase realmente, da recompilación dos seus articulos publicados no periodico "Ourense por Barrios", pero sinceramente, e un bo traballo; conto tamén ca vantaxe de saber que en breve saira do prelo, outro libro tamén de Valentín, mais elaborado ca mesma tematica, e que continua a traballar no tema, buscando mais documentación; por experiencia personal, podo decir que tarefa complicada, e prá que sabe que o igual que todos os que traballan pra recuperar a historia de Ourense, conta co apoio do Arquivo visual Ourensán.

No hay comentarios: