Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

21/10/10

Cronica Negra de Ourense II (O Marracú)

Na fotografia do diario ABC, o xuiz Marquina (X),  autoridades,  policias que levaron a cabo a investigación, e os operarios precisos, pra conseguir sacar o cadaver, do seu enterro. (Foto Pacheco)
As cousas non son como se quere, moitas veces e como se pode. Fai tempo que abrin unha nova sección, a "Cronica Negra de Ourense", e por falta de tempo, non fixen mais que a primeira entrada, hoxe pra que non quede no tinteiro esta sección, presentovos a segunda entrega. (Debido a cantidade de información ira en varias entradas, co detalle, de que non quisen ler os datos do xuizo, a fin de ver se cos datos que facilitou a prensa local e nacional nos primeiros momentos, podese aproximar un, a realidade). 
O asasinato do Federal (1ª parte)
(mais coñecido en Ourense, como o caso do Marracu)
O ano 1919, a cidade de Ourense, foi noticia a nivel nacional, (como case sempre, por desgracias); don José Delgado Guzman, mais coñecido como o "Federal", nun primeiro momento foi dado por desaparecido, e posteriormente, descubriuse que fora asasiñado.

Os implicados, e o lugar do crime 
(exceptuando o nome da victima, evitaremos citar nomes, ainda que presumiblemente todolos implicados xa faleceron, consideramos que hoxe carecen de relevancia).
Don José Delgado, era un industrial de 68 anos, moi coñecido, no ambito do Rastro madrileño, poderiase decir que era un anticuario da época (non esta claro, pero nalgun texto, falan del como chamarilero, e noutros como ferralleiro), e o igual que hoxe, andaba sempre na busqueda dos preciados obxetos, que pra uns non sirven pra nada, e outros ansían a sua posesion; hai cousas que non cambiaron co tempo.
Esa busqueda de obxetos, foi aproveitada, por un coñecido, "El Gallego" (A.E.C. natural de Ourense, con antecedentes delictivos), pra convencelo de facer unha viaxe a Galicia; alí, según decia, tiña amigos que lle podian facilitar pezas interesantes pra negociar
Ese amigo, non era outro que o Marracu (A.F.V. tamén natural de ourense), un perxonaxe conocido pola xusticia na cidade, (ainda facia moi pouquiño, estivo a piques de entrar na carcere por un asunto cun crego de Celanova),  que tiña a sua residencia, na carretera Vigo-Villacastin, (preto da zona do actual cruce do Paco Paz), a propiedade era do Farmaceutico Don Carlos Valencia, quen a pesares de recoñecer que non estaban o corrente do pago; por lastima, e que "parecianlle xente humilde",  deixou que o Marracu (viuvo), a sua nai, as duas fillas e un fillo de 15 anos, residiran no galpón que habia na finca. Nesa casa foi onde se desarrollou o traxico episodio.
Os personaxes, citados, xunto co "Valentón" (N.R.V.), amigo Navarro do "Gallego", (entablaron amizade no carcere), conformaban a trama do asesinato.

*O desenrolo dos feitos, tedes que comprender, que non se pode garantir a sua total veracidade, xa que antes de producirse o xuizo, no ano 1925, o Gallego, e o Marracu morreron, levando con eles a sua version dos feitos. E ademais lembrovos que este relato esta feito sen coñecer os datos do xuizo.

Primeiros pasos
Durante unha estancia no carcere Modelo (setembro de 1918), o Gallego e o Valentón convirtense en bos amigos; o Gallego o sair en liberdade, axuda o Valentón a conseguir a redención de pena, e ofrecelle acubillo en Madrid, na vivenda dunhas parentas (tia e prima) o sair. (segundo algunhas opinions, xa se coñecian con anterioridade).
Nos últimos meses do 1918, o Gallego, entabla relación co Federal no rastro madrileño, e empeza a argallar como poder roubarlle os cartos.
Entre Novembro do 18 e o mes de enero do 19, consta a lo menos unha visita destes dous elementos, a cidade de Ourense, o obxetivo recoñecido, era recoller unhos cartos agochados dun robo anterior cometido polo Gallego; segundo pensamos agora, esa viaxe tiña como obxetivo ter preparado o terreo e os complices, pra poder actuar no momento oportuno, dese xeito contactan co Marracu vello coñecido do Gallego, que ainda por riba, reside nunha zona discreta da cidade.
Dalgun xeito o Gallego tivo noticias, de que o Federal fixera os comezos do ano 1919 unha operación que lle deixara uns 5000 duros.
Esa e a desgraza do Federal.
O Gallego con no pouco traballo, xa que don José era un home experimentado, convenceo de facer unha viaxe a Galicia, onde poderia mercar a maquinaria dunha fabrica de azucre que habia pechado en Padrón, de paso poderian ir a Ourense, onde, "tiña un amigo que lle poderia facilitar gran cantidade de trebellos de labranza, dos que tanto gustan os señoritos da capital, pra adornar nas suas casas da Sierra", (esta parte e dubidosa, xa que en algún momento se cree que a estancia en Ourense non estaba no programa do Federal).
Dese xeito o 20 ou o 21 de xaneiro saen cara Galicia, O Federal e o Gallego, e de xeito presumible mais non confirmado, o Valentón.
O traxecto, seria: Madrid- Ourense (no tren).  Ourense- Santiago (no Autocar). Santiago- Padrón (no Carrito)
Maña seguiremos co relato.....

No hay comentarios: