Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

22/10/10

Cronica Negra de Ourense II (O Marracú 2ª parte)

O asasinato do Federal (2ª Parte)

Fotografía do diario ABC, na que estan sinaladas a casa, o galpón, e ca C o lugar onde apareceu o cadaver (Foto.Pacheco)
Deixamos onte o tema, co percorrido previsto da viaxe.

O Crime
E retomamolo hoxe, confirmando que valendose do coñecemento que tiña o Gallego dos enlaces e horarios da viaxe, conseguiu chegar a nosa cidade, de xeito que fora preciso pernoctar nela, e o mesmo tempo que non fora sinxelo seguir a pista dos desplazamentos feitos. Pra empezar, logrou que perderan o tren directo de Madrid a Ourense, collendo logo, sen billete, o que ia pra Asturias, facendo trasbordo en Leon, rematan tendo que dormir na estación de Monforte, e cediño, arrancan cara Ourense, onde chegan a estacion de Canedo.
Logo conseguiu chegar a administracion do autobus (o pé do Hotel Roma), xusto uns minutos despois de que partira o autobus; en todo momento a apariencia, era de que as perdas de enlace e retrasos, eran froito da casualidade e mala fortuna.
Chegados a este punto, temos xa o Federal e o seu acompañante, na cidade de Ourense, ca necesidade de pernoctar, e o mais importante, sin que ninguen soubera da sua presenza na cidade.
Este momento, e o que aproveita "El Gallego", pra comentarlle o Federal, que ten un amigo que vive eiqui, e que o millor tamén lles pode ofrecer aperos de labranza cos que negociar no rastro, e incluso e posible que poidan dormir na sua casa. O Federal, con certos recelos, pero supoñemos que o verse fora do seu ambiente, e vendo que o seu acompañante movese con soltura, acepta, e a pé collen o camiño, cara Mariñamansa.
*n.a. .- posiblemente a decisión de ir sempre a pé, a pesar da distancia, e a incomodidade de trasladar o equipaxe, (que supoñemos liviano, dado que o viaxe ia ser somentes dun par de días), fora tamén suxerencia do Gallego, pra evitar que ninguen se fixara no Federal.
Logo dun rato de camiño, o Gallego non pode evitar levar o seu acompañante a comer, xa que levaban un día enteiro de viaxe, e decide levalo a unha fonda da rúa de Colón, rexentada por "Lola do Porto", (quen despois foi unha das claves, pra seguirlle a pista os malhechores), onde logo se soubo, que o Marracu, andaba por alí supoñemos que ca intención de verlle a cara a victima, pra evitar erros, (a premeditación evidentemente non deixa lugar a dubidas). Esa foi a unica oportunidade, na que asumiu riscos o Gallego, xa que a parte da Fonda, ninguen se fixara na presencia do Federal na cidade.
Logo de xantar, achegaronse a casa do Marracu, (falase tamén de que o Gallego, referiase as fillas do Marracu, coma moi complacientes), onde ian pasar a tarde, e a noite, primeiro negociarian os aperos vellos a comprar, el logo dormirian pra continuar a viaxe o día seguinte.
Entrar pola porta marcada na fotografía cunha A, e o último certo que sabemos fixo o desafortunado Federal.
Posiblemente case que o chegar, alguen deulle un golpe na testa cunha "machada", ou unha "marreta", vaciaronlle os bolsos, que inesperadamente, non levaban mais que oito mil pesetas, e rapidamente levaronno o pozo que xa tiñan preparado os asasinos.
Ata eiqui os datos que poidemos recompilar de como se desenrolaron os feitos.
Añadovos estes procedentes da autopsia, ainda que queda pendente outra entrada do proceso de investigación, e como foi posible a resolución do caso.

Xa dentro da casa, sabemos que non chegou a comer nada, xa que na autopsia non apareceron mais restos, que os dos callos que comera na fonda, e outro detalle interesante da autopsia, e que o golpe que presentaba na cabeza, era moi probable que lle fora asestado por unha persoa zocata.

Maña remataremos ca  3ª parte: a investigación.

No hay comentarios: