Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

28/10/10

Bar deportivo


Fotografia do arquivo de Javier Taboada, facilitada polo amigo Lisardo Mazaira.
Case que estiven a punto de poñervos esta fotografía a xeito de exercicio, pero logo pensei que non; somentes terian problemas pra identificala, a xente nova; os vellos coma mín e "superiores", non terian mais que pensar un pouquiño, ou ampliar a imaxen, pra ver o cartel dos toldos "Tapia", ou recoñecer o negocio dos Lombardero.
A carroza do Sr. Taboada, pasaba neses momentos, polo cruce de Ervedelo, con Progreso, corrian os últimos anos da decada dos sesenta, e o edificio daba os seus últimos estertores, o Bar Deportivo otrora tan frecuentado, semella pechado, e o resto dos locais, penso que lle quedaba pouco pra seguir os mesmos pasos. Outro detalle curioso, e que en primeiro plano vese alguén facendo unha fotografía, e no primeiro momento, eu identifiquei, coma o herdeiro dunha saga de fotografós ourensáns, (que eu saiba a unica no seu orixen), tiveno que descartar, xa que daquelas o amigo teria entre seis ou nove anos, co cal non o é. 
(O balcón gustariame que o amigo Santiago Mosquera, poidera confirmarme se ainda era a ubicación da clinica dun seu parente).
Ese solar hoxe esta invadido, por un edificio que non garda relación co anterior, e que como sempre xa que non ten remedio, imos encuadrar no debe das necesidades do Progreso. 

No hay comentarios: