Consejos y avisos

20/7/10

Rúas (Don Juan Manuel Pereira de Castro)

Andan estes días a falar na cidade dos nomes das rúas, co gallo de recuperar o costume de porlle placas de cerámica na entrada, pra orientar os viandantes.
Continuando coa serie de entradas que prometín falando dos persoeiros que teñen, e nalgún caso (como o que hoxe nos ocupa) tiveron a honra de dar nome algunha rúa da cidade, (polo de agora soamente  apareceu Don Vicente Pérez,  Preme eiqui ).  E xa postos, pra tentar axudar na faena, xa que dín que van procurar lembrar o nome histórico, e de paso refrescar un pouco os meritos de quen daba o nome a rúa.
Hoxe visitanos un home que poucos lembran, a pesares de ser quen durante bastantes anos, deu nome a unha das rúas posiblemente mais concorrida, a actual Avda. de Pontevedra.

Don Juan Manuel Pereira de Castro (Reboreda, 24-5-1820 - Ourense, 15-4-1896)
Rúa de Pereira (Avda de Pontevedra)
    O ano 1868 (ou 78, que a pesares dalgún dato, teño a dubida) os veciños de Ourense, adícanlle a rúa que baixa da praza maior, cara os xardín do Bispo Cesáreo a este Redondelán, politico e gran viaxeiro.
  Adicou a sua vida, a politica, e dende moi novo, tivo cargos de responsabilidade, (o ano 1854 foi gobernador civil de Pontevedra), os seus meritos en política foron moitos, e de certo debeu  contar co apoio das altas xerarquías do pais; podemos citar por exemplo, que tivo acta de Deputado, primeiro por Pontevedra, e logo por Ourense, foi Ministro dende o ano 1874 o 77, pero o dato mais lembrado, pola cidadanía, foi o seu nomeamento como Embaixador de España, no Extremo Oriente.
   Nunha epoca, na que viaxar a Madrid era toda unha odisea, o de marchar cara a China, era toda unha aventura, o traballo de Don Juan naquelas terras, non foi sinxelo; non tanto por estar tan lonxe, senon mais ben, polas diferenzas culturais; contan que no Reino de Siam, tivo problemas o repartir uns agasallos entre a familia Real.
Froito desta estadia en terras afastadas, o ano 1883 publicou o seu libro de viaxes "Los Paises del Extremo Oriente"
   A figura deste persoeiro, debeu chamar a atención do noso Don Ramón, ata o punto de  que a novela "O Señorito da Reboraina" baseáse nos feitos deste home.
Podedes atopar moita mais información da sua actividade publica neste enderezo,   Preme eiqui 

No hay comentarios: