Consejos y avisos

30/7/10

Os golfos daqueles anos

Sigo con imaxes refrescantes, para axudar a levar as calores que estamos sufrindo este verán.
Neste caso tráiovos a esta encantadora señorita, (quixen traer a fotografía dun cabaleiro, para compensar, xa que señoritas xa apareceron noutra ocasión, certo é que cunha finalidade moi diferente, podedes vela facendo  click aquí), e aproveitando a súa presenza, gustaríame que me botásedes unha man.
O caso é que falando con algún amigo que por idade, viviu de cerca eses acontecementos, comentábame, un costume que en círculos moi privados levabase a cabo alá polos anos vinte, e un pouquiño antes.
As señoritas que acudían á cidade, para mostrar as súas artes, tanto de canto como de baile, nos escenarios da cidade, Bilbaína, Moderno etc. En moitas ocasións facíano acompañadas da súa nai, era a mellor protección, para evitar malos entendidos, xa se sabe as letras e o vestiario, en moitas ocasións eran suxestivas, e as mentes dos cabaleiros da época estaban ávidas de experiencias naqueles tempos de crise visual, moi ansiadas; basta recordar, que a visión dun nocello, era motivo de comentarios.
Noutros casos, con todo a señorita viña sen compañía, ou vixilancia, tomadeo como queirades, iso propiciaba segundo parece o florecemento doutro negocio alternativo.
As "vedettes", cobraban, digamos unhas vinte pesetas por tres días de actuación, era unha cantidade polo que me contan, axeitada pra manter un bo ritmo de vida; pero, e aquí vén o que me interesa confirmar: en ocasións ofrecíaselles pousar un pouco máis lixeiras de roupa, iso si nun estudo, e sen mirons por outras vinte pesetas; ao obxecto de distribuír entre a parroquia as cópias pertinentes ao módico prezo de "a peseta"; segundo cóntanme, existía o pacto non escrito, de non distribuír este material, mentres a protagonista, atopásese na cidade, para evitar malos entendidos, tratábase dunha fotografía, nada máis, e realmente, mais suxerente que explicita.

Se algún de vós, ten datos sobre o tema, agradeceríavos que mo confirmásedes, así como se tedes algunha desas xoias, e facilitádesme unha copia, sería un pracer poder mostrala á parroquia actual.

Nota a fotografía que acompaña a entrada, non é de ningún fotógrafo de Ourense, se non me equivoco é dunha postal Alemá, polo cal non busquedes parecidos nin coincidencias.

No hay comentarios: