Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

9/7/10

Crónica Negra de Ourense

Fotografía da Revista Mundo Grafico na que vemos o burato que xa estaba preparado no baixo da telefonica, e as autoridades que interviron na actuación, Tte Col. Garda Civil Don Juan Valls Quiñones, e Maxistrado da audiencia Don José Vieitez.

Por desgraza ningún lugar neste mundo, está libre de padecer incidentes tráxicos; Ourense non ía ser menos, e por suposto, tamén ten a sua "Crónica Negra".
A entrada de hoxe é a primeira desta temática, que aparece no blog, e desgraciadamente non será a última. O que se vos aseguro desde agora mesmo, é que non ides atopar morbo, nin un trato ofensivo nestas entradas, de feito non mencionarei máis que os nomes de pila, ou alcumes dos implicados, e un breve relato dos feitos, (case sempre baseándome en datos da prensa da época).
Indícanme os meus amigos, que o caso que máis repercusión a nivel nacional tivo, foi o asasinato do "Federal", pero por circunstancias, comezarei a serie, con este outro:
"Crime na central telefónica"

O titulo esta sacado da revista, que me deu acceso á pouca información que teño, pero para ser honesto, realmente o titular debería ser "Intento de asasinato na central telefónica".
Corría o ano 1916, e a prensa facíase eco, do descubrimento que fixeran as nosas forzas vivas:
Don Eladio, ata aqueles momentos, considerado un cidadán merecedor de todo respecto, director da central telefónica da cidade, sita na céntrica Rúa do Progreso, (teño a dúbida de cal era o edificio, onde estaba naqueles anos, dado que a pesar de saber que durante bastante tempo, ocupo o baixo onde hoxe está a Caixa postal, ou *Deutsche *Bank, que se non me equivoco agora cambio de titularidade; tamén me informan, que durante outro período, estivo nun edificio próximo, posiblemente enfronte a esta localización), froito da desesperación había urdido un plan, para asasinar a Don Braulio.
Segundo parece todo nace da adicción ao xogo de Don Eladio, que lle levou á ruína económica, desesperado e sen ser capaz de pór freo á súa adicción, chego a utilizar fondos dos que era un mero custodio na empresa de teléfonos.
A súa mente enferma, do que hoxe coñecemos como ludopatía, (e que con esforzo e tratamento ten cura), só foi capaz de desenvolver un plan de asasinato, para iso conseguiu con enganos, que dous dos empregados ao seu cargo, fixesen a fosa no local da central telefónica, onde pretendía esconder o cadáver da súa vítima; a fortuna fixo que antes de finalizar os seus plans, descubrísense as súas intencións, e confesase o seu plan.
Se tedes datos deste caso ou outros similares e facilitádesmos, poderemos entre todos reconstruír con máis precisión esta Crónica da cidade. .

Datos atopados con posterioridade, falan de que realmente don Eladio chegou a agredir a sua victima don Braulio, si ben esta conseguiu fuxir a rúa cun golpe na testa, pero salvando a vida.

No hay comentarios: