Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

15/6/10

Fonte da Praza Saco y Arce

Non pode ser de momento, a fonte "Do Picho" non está entre as fotografías que teño no meu arquivo. Pero buscándoa, atopei esta de outra fonte, tamén desaparecida. A do picho, contan que estaba enfronte da actual praza do Doutor Galego, ou pola contorna, esta con todo está perfectamente localizada, na actual praza de Saco e Arce.
O valor histórico da fonte é relativo, e o estético como podedes ver limitado. Pero a fotografía sérveme perfectamente para lembrar outra forma de vivir Ourense, ou mellor dito, o Casco vello da cidade.
Non fai tanto tempo, as rúas do casco histórico, rezumaban actividade, todos os locais tiñan o seu negocio, todolos pisos os seus ocupantes, e todas as rúas os seus veciños inmersos na diaria actividade. Iso bótase de menos, ou polo menos a mín prodúceme certa pena pasear por esa preciosa contorna, e percibir o silencio, que aínda que en ocasións agradécese, a súa excesiva persistencia, convérteno en desagradable.
O caso, é que o que eu realmente creo que esas rúas botan de menos, é os berros de nenos, xogando nas súas prazas os fins de semana, as charlas dos mozos de camiño ao colexio, ou ao instituto os maiores. A falta de mocidade nesa contorna, é o que o mata.
De pouco vale que se instalen na zona organismos públicos, ou que se fomente a apertura de negocios nos seus baixos, se non habitan esa zona familias. Puidese ser que a falta de aparcadoiro na zona, retraiga ás familias de residir na zona?. Porque se é así puidese ser a solución, crear un parking subterráneo nalgunha das prazas que alí existen, creo recordar que fai anos criticábase ao concello da Coruña, porque tiña levantadas todas as prazas para facer aparcadoiros, a ver se vai resultar que tiñan razón...

No hay comentarios: