Consejos y avisos

8/6/10

El Cinife

Grazas ao meu amigo e colaborador, Don Pastor Fabrega Carballo, tiven acceso a esta fotografía, que considero de gran valor histórico.
Como podedes ver, trátase realmente dunha montaxe previa, ao cal sácaselle unha fotografía. O fondo é a portada do que puidese ser primeiro exemplar, (non existe, ou polo menos non se coñecen fondos), do xornal "El Cínife", e a caricatura que está en primeiro plano é a do director e fundador do diario, Don Ángel Vidal y Pérez.
Supoño que moitos vos uniredes a min, en dedicarlle esta entrada ao profesor Marcos Valcárcel, quen co seu excepcional Traballo "A prensa en Ourense e a súa provincia", fíxonos coñecer publicacións e datos de gran interese, para a historia de Ourense. Estes son os datos que no seu momento deunos o profesor:
61. El Cínife (Ourense)
XVIII Comentario: citado por Carré Aldao (23) e Altabella (2) como periódico satírico insultante aparecido en Ourense en 1894. (Aparece tamén citado nunha referencia directa no número 2 de As Burgas, de decembro de 1895, como una publicación existente en Canedo, concello limítrofe ó da capital) Non coñezo fondos.
Á vista da fotografía que vos mostro, e con todas as reservas que se deben manter, ao tratarse precisamente dun diario satírico, os novos datos serian.
Cabeceira
EL CINIFE
Semanario punzante, órgano dedicado a perforar.....

Data Canedo ..... Decembro de 1894

Ex director Ángel Vidal y Pérez
Isto último é como asina a dedicatoria Don Ángel, ao seu amigo Don Tomas Fabrega o 17 de Agosto 1895, e apóiase na lectura do artigo que se ve na imaxe.

PRISION DE NUESTRO EXDIRECTOR.

El día 7 del actual, nuestro ex director Don Ángel Vidal y Pérez, recibió una papeleta de citación, para que a las tres de la tarde del mismo día, se presentase en el juzgado militar.
A la hora señalada compareció el Sr. Vidal ante el Teniente coronel Don Juan Docampo Jaca instructor de las diligencias que por orden del comandante general del séptimo cuerpo del ejército, se practican en averiguación al parecer de quien es el autor del trabajo critico titulado Orense ……….. Literario, que se publica en el folletín de nuestro semanario.
Al terminar la declaración, nuestro ex director fue reducido a prisión y conducido al ex convento de San Francisco destinado a cuartel de infantería, en donde se encuentra incomunicado………………….

Debido como digo ao carácter satírico da revista, e creo que á personalidade irónica de don Ángel, unido á imposibilidade de comprobar a veracidade do artigo, creo preciso tomar todas as precaucións, antes de apoiarse nestes datos.
Onde vexades ....... quere decir que non son quen de ler o que pon.
Unha cariñosa aperta o profesor Valcarcel, e decirlle que e un pracer poder seguir colleitando Uvas na Solaina, Animo.

No hay comentarios: