Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

10/5/10

A procesión de Fátima e as obras

Este volveuse tolo, que terá que ver esa fotografía co título da entrada?
Pois evidentemente , nada; as obras de Juan XXIII no ano 1959, por fortuna xa están rematadas, (se algún non recoñecera a localización, que se fixe no edificio da dereita, e sen dúbida recoñecerá a traseira da actual Delegación do Goberno (Goberno Civil). O caso é que esta fotografía de obras na cidade, dáme pé a falarvos das molestias que están causando as obras de Ervedelo. (que non haxa ningunha, mala interpretación, penso que eran necesarias, co cal temos que sufrilas pra poder gozalas ao rematar).
A principal, que supoño debida a un fallo na previsión de datas, penso que vai ser o cambio de itinerario da máis popular das manifestacións relixiosas na cidade: a Procesión nocturna da nosa Virxe de Fátima.
O que vai ser lamentado polos veciños da zona afectada co peche, vai ser motivo de felicidade dos (na súa maioría novos), veciños da recentemente estreada rúa Dalí, e de todolos ourensáns que residen no tramo do parque infantil na rúa Progreso, que é o percorrido alternativo elixido para este ano de obras.
Como anécdota, que penso descoñecida por moitos ourensáns, direivos que o cambio de percorrido, vai impedir dar cumprimento a unha tradición (non oficial), que leva xa, máis dunha década realizándose.
Ao entrar na ponte de Ervedelo cara O Progreso, a Virxe fai sempre unha parada; (o feito pasa desapercibido, xa que e moi habitual que a procesión sufra parons, debido a inxente cantidad de feligreses que queren acompañar a Virxe no seu percorrido, mais agas de esta parada, as demais son aleatorias); e un xeito "casual", de saúdo e respecto dos cidadáns do Couto, cara a Don José González, "O Parroco de Couto ", quen tanto esforzo dedicou ao servizo da Virxe e os veciños; desde que a súa saúde impediulle acompañar á virxe no seu paseo anual pola cidade, Don José acompañábaa co corazón, e neses breves intres en que podía vela desde a fiestra do seu domicilio en Doutor Fleming, coa vista.
Era un xeito de encontro entre amigos.
Nota de última hora, o final a procesión tampouco pasara pola rúa Dalí, o recorrido sera pola rúa Greco

No hay comentarios: