Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

7/5/10

Baixada as Burgas

En máis dunha ocasión, queixeime pola desaparición dalgún edificio da cidade, (non tantos como poida parecer), o estrañado Roma en Progreso, o Circulo Católico no Paseo, a Casa do Pobo no Posío, e pouco mais; por fortuna aínda que é posible que nos sobren os defectos, soubemos conservar nunhas condicións aceptables, o noso casco histórico.
Hoxe ensínovos esta fotografía do arquivo Pacheco, (Museo Etnolóxico de Ribadavia), na que aparecen as últimas casas típicas que había na baixada Burgas, e supoño que coincidiredes comigo, en que non tiña moita lóxica a súa conservación; diferente é que nos guste ou non o que as substituiu, pero ese é outro cantar.
Ao mesmo tempo que vedes as casas, gozade duns detalles, que evocan tempos pasados, (non tanto que eu aínda os lembro, e son un mozo Ourensán), as pitiñas paseando "altaneras" por encima da burga, camiño do seu galiñeiro, (seguro que eran dos Giles, e procuraban estar pouco tempo na casa, non fose ser que Aser as metese na tixola), e o carriño da panadeira, que descansa á sombra, logo de realizar a repartición polas casas da cidade.
Nota para os tragaldabas; cantos botamos de menos os máis saborosos palitos de pan que se facían na cidade?, segundo comentan algúns, o sabor debíase ao interese pola reciclaxe que tiñan Rosa e Camilo, utilizando o aceite sobrante das empanadas, para enxougar esas delicias tan simples; eu prefiro pensar que ese exquisito sabor, debíase á arte de manexar as masas que adquiriran no forno co paso dos anos.
Pido desculpas ao resto de excelentes profesionais do pan dos que gozamos na cidade, Remedios, Antonio (As Cabanas), etc. Pero outro día tocáselles a eles, na fotografía de hoxe o forno de referencia era este.

No hay comentarios: