Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

22/4/10

Tesouros esquecidos "El Olivar"

Fotografías do arquivo de Don Francisco Mendez.
Posiblemente a persoa máis autorizada no tema, Don Francisco Méndez, envíame estes datos relativos a un dos pazos que temos ao redor da cidade, nin el nin eu coñecemos o estado actual desta histórica edificación, pero pra colaborar a que non se perda o seu recordo, aquí tedes estas imaxes, e o comentario de quen o viviu na súa mocidade.
Consta que no século XVIII, "El Olivar", pertencía a unha familia "Novoa", orixinaria de Vilafranca do Bierzo, quen nese século decidiron o seu traslado a este belo lugar; descoñécese a anterior propiedade, aínda que posiblemente os Novoa, adquiriron un caserón de pobo, ao que someteron a posteriores remodelacións, dándolle o grandioso aspecto "actual", (referímonos ao aspecto que ofrecía en 1969, descoñecemos o de hoxe en día).
Dos seus comezos, existen datos de que sufriu varios ataques das tropas francesas, durante a guerra de independencia, cesando estes en 1809.
Poucos son os datos que se teñen destes primeiros moradores, aínda que podemos citar algún: Don Juan José Novoa, capitán xeral (nado no Olivarl, fillo dos primeiros propietarios), caso con Dona Catalina Seron Molina (do señorío de Molina de Aragón). Fillos deste matrimonio, foron Josefa e Antonia Novoa Seron, a primeira casada cun Puga, e sen descendencia, e a segunda casada con Don Manuel Méndez Miramon, (tiveron catro fillas e dous fillos homes), nese momento, 1905 é cando a propiedade pasa á familia Méndez Novoa, (propietarios da capela dos Remedios no campo do desafío, Ourense). Parte desta familia viviu unha época do ano no Olivar e ocupouse do funcionamento da leira, ata que en 1969 os herdeiros decidiron vender o pazo; deses anos, fainos unha perfecta descrición Don Francisco Méndez, xa que o viviu en primeira persoa.


"O centro do Olivar consistía nunha antiga edificación de pedra, amurallada e pechada sobre si, do estilo característico dos pazos galegos.
Nun lateral do patio central había unha modesta construción de pedra que estaba destinada á habitación dos caseiros. Unha cociña grandísima, a lareira situada baixo a cheminea ornamental e que en principio era a cociña dos caseiros e que comunicaba coa escaleira secundaria que vai ata o patio no que estaba situada unha adega con inmensas cubas, varia cuadras, e unha gran prensa en madeira para as uvas.
Deste patio arrincaba a gran escaleira principal que ía ata a solaina cuberta desde a que se vía a estación de Barbantes (cun catalexo podíase ver a hora). A solaina era o acceso ao primeiro piso onde estaba a parte nobre do edificio: salón, habitacións, comedor, cociña e a Capela que tiña tamén acceso mediante unha escaleira ao camiño de San Fiz.
Atravesando o salón e a cociña chegábase ao patio alto (parras de moscatel, laranxos e un limoeiro así como un xardín e un pombal).
Un pouco máis lonxe chegábase a unha viña que se chamaba "Do pombal" dunhas vinte e cinco aéreas. Saíndo pola porta segundaria chegábase á viña "Do Pumar" dunha hectárea cun aljibe de auga fresca proveniente dunha fonte, onde os veciños acudían a coller auga; mais alá había un prado chamado "Fabas" dunhas setenta aéreas onde pacían unhas vacas e terneiras, e un pedazo de monte de bastantes áreas, do outro lado do camiño había un monte de cento setenta áreas chamado "Alban", había tamén un gran monte chamada "Acebiñeiro" onde había moitos madroños e eucaliptus e que segundo os papeis tiña duascentas cincuenta e catro áreas.
Bo, bastantes máis cosas había, como un par de casas, (todo está nunha lista realizada por non sei cantos peritos).
Había tamén a "Torre da María" que pertenceu á familia "Saco" e que se dicía que había uns subterráneos que ían do Olivar á Torre, imaxínome que iso era unha historia para dar medo aos nenos?.
Ata eiquí o relato de Don Francisco, agora e aproveitando a primavera, podedes achegarvos a Puga, aínda que só sexa para gozar do paseo pola máis fermosa estrada, que sae de Ourense, e intentar descubrir se existe ese pasadizo, seguro que se o atopades, estará repleto de marabillosos tesouros; se por desgraza non conseguides descubrilo, non perderiades o día, as vistas desde a zona, son fabulosas e merecen a pena.

1 comentario:

Lau RR dijo...

En estos momentos esta todo abandonado, los propietarios actuales hicieron algunos arreglos hace unos años . Un lugar tan bonito y tan poco aprovechado y lo peor es su estad.