Consejos y avisos

21/4/10

Maristas na Alameda

A sabendas, de que teño pendente a continuación da breve historia do colexio Maristas, recibín unhas cantas fotografas que don Camilo Conde, por medio do amigo Lisardo Mazaira, (socio do Arquivo visual Ourensán), facilitoume, e quixen non deixar pasar máis tempo para mostrarvos alo menos unha delas.
Pertence á segunda etapa do colexio na cidade, ano 1955-56, cando os irmáns logo de unha longa paréntese, abren de novo as portas do colexio, nunha localización provisional, a alameda, ou para ser máis exactos Avda. de Pontevedra, (daquelas rúa Pereira), aínda que o edificio, antiga clínica do Doutor Pol Piñeiro, posibilitaba perfectamente o desenvolvemento das clases, non dispuña dun patio que permitise realizar as actividades dos alumnos, por iso nesta ocasión polo menos, a fotografía de grupo dos alumnos, fíxose nas escaleiras que o Obispado, ten cara á alameda.
A falta dunha identificación máis completa, na imaxe deberían andar todo o grupiño de alumnos que poucos anos máis tarde, van inaugurar as instalacións definitivas en Bedoya (1958); algúns xa pasaron por eiquí facendo gala de bos deportistas, Camilo Conde, Felipe Chacón, Carioco, Fernández Ojea, Carlos Bóveda, Guti, etc.
Se algún ten ganas e identifícaos, non teño inconvinte en refacer a entrada. E falando de refacer a entrada, a proxima seman, poreivos a fotografía dos nados no 58, xa que estan a gran maioria identificados.

No hay comentarios: