Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

5/4/10

Estrada Villacastín- Vigo *

Rúa Progreso nos 60 (General Franco)
Andiven a revisar as vellas entradas do blogue, e aproveitando que tiña tempo, pero non conexión a rede, fixen unhas cantas correccións, agardo que vos gusten. Se ainda correxidas, detectades algun erro, decidemo, e tentarei modificalo.
Esta era "a miña rúa", así a chamaba, quizais porque vivín nela os primeiros catorce anos da miña vida (e iso desenvolve o espírito de propietario), o territorio estaba delimitado, e só se podía circular libremente pola Alameda; sempre e con coidado de que non nos visen, podiamos chegar ata "As Burgas". Os pais da época, advertíannos -coidado cos coches-, e é que xa era habitual velos circular como tolos, saías da casa, e un seiscentos a fume de carozo, adiantaba ao "carrito" que ía cara ao "Posío".
Á dereita vemos o Obispado, antigo Seminario Conciliar, e á esquerda o edificio de Correos, anteriormente ese solar foi ocupado polo hospital de San Roque, (do antigo edificio non se conserva nada nesa localización, fago a aclaración porque se existe a antiga entrada do hospital, pero foi trasladada e forma parte dunha das entradas da Igrexa de "A Santísima Trindade").
A continuación de correos e cruzando Parada Jústel, estaba o restaurante "La Regidora", (onde Xosé Ramón servía o seu viño galardoado no concurso de cata do Ribeiro, non lembro en que anos o obtivo, pero o cartel recórdoo de toda a vida, e a Rosiña e o seu dono trataban con agarimo aos comensais), ese local, anos atrás, fora a localización do Café Moderno, onde Lerroux no 1904 chegou a celebrar un mitin; ao seu carón estaba o estudo de "Foto Sanjurjo" (no segundo andar tiña a súa oficina de seguros D. Aser), ese edificio foi morada tamén doutro Ourensán, un home dos que se pode dicir sobordaba "bonhomía", Don Juan Manuel Amor Pereira; seguía a beirarrúa, coa ferraxería "Anta", e un pouquiño máis adiante "O Fornos", (onde Dona Carmen cociñaba autenticas delicias e preparaba banquetes todos os fins de semana).
Mais atrás vese a construción do edificio dos "Diéguez" (un dos máis altos da época), á beira dese edificio tiña o seu comercio "Avance", Olegario, (casado ca sobriña de Don Alejandro Veiras), home emprendedor que tivo a boa idea de ofrecer na época das rebaixas a súa mercancía, camisas, chaquetas, pantalóns etc., a troco de ovos, pitas, coellos, etc (mercancías que durante uns días formaban parte do escaparate, el o chamaba: "Coñitas" e "puñeteras Rebaixas").
Moitos anos antes estivo alí un dos primeiros chafarices de gasolina da cidade.
Desta localización porei mais fotografías (nas que ven modificacións puntuais), e ampliarei os comentarios, dado que e unha dás zonas que menos mudou no tempo, con todo sempre foi un punto neurálxico da cidade.
17-03-08