Consejos y avisos

6/4/10

A Bela Auria II

Os amigos de Bela Auria continúan traballando na preparación da festa; no seu blog ( http://belaauria.wordpress.com/author/belaauria/ ) , poderedes mantervos informados dos seus avances; eu pola miña banda, seguirei propóndovos vestimentas adecuadas ao evento. Hoxe nesta fermosa fotografía doutro membro do "Arquivo visual Ourensán", podedes ver novos tipos de vestimenta; fixádevos nas capas, os variados chapeus, os panos de gravata, e iso si, moi importante, o longo de saia das señoras.
Como xa vos comentei na entrada anterior, as opcións que temos en canto a vestimenta son amplísimas, o cal pode facilitar moito que ninguén se disfrace, se non que se vista de época, un traxe dos que hoxe están no armario, con algún pequeno complemento perfectamente servirá.
A modo de idea, sería un luxo contar coa presenza na festa, de grandes homes, como Don Ramón (que de certo non a perderá), Don Marcelo Macías, os Irmáns Villar, e por que non, "Don Celidonio" tamén seria benvido.
A fotografía ten outro detalle de interese, algún sería capaz de situala, no colexio das Franciscanas?, pois si, nese emprazamento obtívose, daquelas, cóntanos Santiago, o lugar era unha viña situada nos arredores da cidade, onde a súa familia organizaba saraos, e producía as uvas que permitían elaborar o "bon vinho de Orens", que tanto gustaba a Afonso X, (puidese ser que esta fose a resposta, ao porque do apelativo de Sabio).

No hay comentarios: