Consejos y avisos

22/3/10

Nosa Señora da Misericordia

No album "Portfolio de Galicia", publicado polo mestre Pedro Ferrer na Coruña o ano 1904, aparece a terceira das fotografías que coñezo (antigas), desta fermosa Igrexia; nesta ocasión o fotografo, non foi don Pedro, senon segundo reza na parte baixa da imaxen, o carón da identificación do lugar, "L. Villar, afcdº.", non me atrevo a facer unha afirmación do tema, pero poderia ser un xovenciño, Leopoldo Iglesias (foto Villar).
Igrexia da nosa señora da Misericordia de Vista Fermosa
Seminario Menor Ourense
Mandada construir por el obispo Dr Jose de la Cuesta y Maroto (1866-1871), no seu exterior, mostraba unha fermosisima estampa, o seu adro, ornado ca presenza de varias figuras de bela execución, (penso que daquelas eran trece), daba un aspecto magnifico a sua fachada de estilo gotico, hoxe despois de varias reformas, as do seu lateral esquerdo, desapareceron, e si ben continua a ter un fermoso aspecto, non ten comparanza co que foi.
Por ver a A igrexia en sí, xa paga a pena dar un paseo cara esa zona, pero e que a maiores teredes oportunidad de ollar unhas fermosisimas vistas da cidade.
Se revisades o blog, veredes as outras duas fotografías que teño desta Igrexia; pra os que non teñen tempo pra andar paseando polo blog, eiqui tedes o acceso direito a unha mala montaxe que fixen das duas, no que se ve os fundadores do colexio Maristas, posando diante do adro (1908).
O seu interior non podo describilo, xa que nin teño imaxes, nin e posible visitala; e de uso exclusivo da familia seminarista, polo que teño entendido.
Se queredes ter mais datos, podedes acceder a páxina web do Seminario Menor, onde falan con mais detalle da historia da construcción do Seminario, e un pouquiño da sua igrexia.

No hay comentarios: