Consejos y avisos

18/3/10

Campo a través

Cando escribía a entrada de onte, viñéronme á memoria, imaxes de mocidade, e lembrei, que non fai moito, deixaronme estas fotografías. As imaxes, afastanse un pouco do habitual, dada a súa antigüidade, son posteriores aos anos setenta, pero permitídeme este capricho.
Falaba onte do Jorulo, e mencionaba, o tema da carencia de instalacións deportivas; pois anos máis tarde, podedes ver que o problema non é que se solucionara, (aínda hoxe a pesar de Monterrey as carencias son manifestas), pero polo menos si que mellorara substancialmente; construíse o pavillón dos Remedios, utilizábanse as instalacións dos Salesianos, o Xardín do Posío, en máis dunha ocasión prestou servizos de estadio atlético; cando se dispuña de orzamento, podiamos usar as pistas dos Milagres, e en plan luxo, na cidade ocasionalmente, o Estadio do Couto ata permitía ao público que acudía a ver aos seus figuras, fixéseo comodamente no seu asento; non me esquezo do desaparecido campo dos Maristas, pero é, que se dedicaba caseque exclusivamente ao fútbol.
Centrándonos nas fotografías, corresponden ao ano 71 (teño que confirmalo, esquezín anotar o dato correctamente), e trátase dun torneo provincial, poida que o precursor do que hoxe é a Copa Deputación; ademais de atletismo, disputábase competición en bastantes disciplinas deportivas.
A proba como xa recoñeceriades, celebrábase nas Lagoas, (non mencionei esta localización como instalación deportiva, pero ben se podería facer; recordo cando se fixo a urbanización, antes de comezar a construción dos edificios, que eran moitos os deportistas que aproveitaban aquel terreo para adestrar, que llo pregunten aos xogadores do Club Carreira; poida que o blog amigo http://fotofutbolourense.blogspot.com teña máis datos.)
Non recoñezo a ningún dos atletas, pero ben poderían estar competindo, os que eran figuras na miña época, Visca, o Coreano, Paco, Masana, o gran Adrian Perez, etc. E seguro que por aí andaba Don Xullo, un dos mellores adestradores (e deportista), que tivemos na cidade.
Deixo moita xente sen nombrar, pero xa habera tempo noutra entrada.

No hay comentarios: