Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

16/3/10

A Bela Auria

Os amigos da asociación A "Bela Auria", o xoves pasado, fixerón a presentación dun fantastico proxecto, que penso vai ser do agrado de todos os Ourensans.
Tratase da organización dunha festa historica na cidade de Ourense; o caso e que non vai ser unha festa mais, non pretende competir con ningunha das que xa coñecemos e disfrutamos sempre que podemos, (Historia en Ribadavia, Arribada en Baiona, etc), neste caso a idea (moi acertada pola miña modesta opinión), e facernos volver no tempo somentes uns cen anos mais ou menos, ou dito doutro xeito, recrear os anos do esplendor cultural da cidade de Ourense, aqueles nos que se falaba da "Atenas de Galicia".
Eles xa saben que contan ca miña colaboración, e atrevome a dicir que tamén, ca dos membros do "Arquivo visual Ourensán", pra botar unha mán no que sexa preciso.
Hoxe e como aperitivo, pra que podades ir collendo unha idea, dos usos, costumes, e vestimenta da epoca, comezo unha serie de entradas, nas que porei unhas cantas imaxes de persoas daqueles anos; non vos asustedes, se vedes cousas moi dispares, pero e que o abano, ainda que non o pareza e bastante amplo, (pode ser unha vantaxe), o que si quero vos decir, e que a idea non e volver facer un entroido, ou sexa, non trata de disfrazarse, senon que trata de se vestir da epoca.
Hoxe, tedes unha señorita no ano 1922, un cabaleiro nos arredores do 1900, e uns estudantes, no ano 1904, abaixo, poñovos un dos persoaxes o redor do que xira dalgunha maneira a festa, un xovenciño Don Ramón (non teño a data exacta, pero penso que ten que andar polo 1916).
Noutra entradas dareivos mas datos do tema, pero por hoxe eiqui queda.
Somentes darlle animo os organizadores, e adiante "BELA AURIA".

No hay comentarios: