Consejos y avisos

26/3/10

A construcción do Cisneros

Estoume a decatar, que estes días, ca falta de tempo, e as presas, as entradas non son do meu agrado, no que atinxe os comentarios.
Dandolle voltas o tema, decidín, que dende o día vintesete (27 de Marzo), ata o cinco do mes que ven (5 de abril),non vou publicar entradas, xa que vaime ser imposible adiantalas, e vou estar sen acceso a internet.
Pidovos desculpas os que visitades o blog, (sobre todo os que o fan a diario, que son quen mais o vai notar).
Deiqui o venres, tentarei recompensarvos cunhas cantas imaxes, que penso son orixinais; as veces non vos van sorprender, xa que imaxes semellantes son moi coñecidas, outras de seguro que o amigo Candido, (un dos lectores mais esixentes, que teño), vai ter unha agradable sorpresa, pola novidade; sexa do xeito que sexa, podo garantirvos, que todas estas fotografías poucos privilexiados teñen acceso a elas.
Non descarto recuperar algunha, ou poida que todas, para facerlle unha entrada do meu gusto, que agardo sexa o voso.
A de hoxe non ten comentario, terei que facer algún día unha cronica das andanzas do amigo Luis, e os seus camaradas, neses dificiles anos do comezo do colexio nesta ubicación.
O texto durante esta semana vai ser similar todos os días. Se escribo algo diferente, poreinno en letra doutro color pra que non perdades tempo.
Pídovos desculpas de novo, e ata o día cinco, que espero recuperar o ritmo habitual.
Pdta. tamén tedes a opción de darme a sorpresa, de tentar redactar vos a entrada dalgunha das imaxes, eu estaria encantado de publicalas tan pronto mas enviedes por mail.

25/3/10

O alicerce do viaducto

Estoume a decatar, que estes días, ca falta de tempo, e as presas, as entradas non son do meu agrado, no que atinxe os comentarios.
Dandolle voltas o tema, decidín, que dende o día vintesete (27 de Marzo), ata o cinco do mes que ven (5 de abril),non vou publicar entradas, xa que vaime ser imposible adiantalas, e vou estar sen acceso a internet.
Pidovos desculpas os que visitades o blog, (sobre todo os que o fan a diario, que son quen mais o vai notar).
Deiqui o venres, tentarei recompensarvos cunhas cantas imaxes, que penso son orixinais; as veces non vos van sorprender, xa que imaxes semellantes son moi coñecidas, como o caso da que hoxe vos deixo; outras de seguro que o amigo Candido, (un dos lectores mais esixentes, que teño), vai ter unha agradable sorpresa, pola novidade; sexa do xeito que sexa, podo garantirvos, que todas estas fotografías poucos privilexiados teñen acceso a elas.
Non descarto recuperar algunha, ou poida que todas, para facerlle unha entrada do meu gusto, que agardo sexa o voso.
A de hoxe vaille gustar os amantes da enxeñeria, que algún me visita de cando en vez, tratase do alicerce central da ponte do viaducto, cando estaba no oso.
O texto durante esta semana vai ser similar todos os días. Se escribo algo diferente, poreinno en letra doutro color pra que non perdades tempo.
Pídovos desculpas de novo, e ata o día cinco, que espero recuperar o ritmo habitual.
Pdta. tamén tedes a opción de darme a sorpresa, de tentar redactar vos a entrada dalgunha das imaxes, eu estaria encantado de publicalas tan pronto mas enviedes por mail.

24/3/10

Abastos

Estoume a decatar, que estes días, ca falta de tempo, e as presas, as entradas non son do meu agrado, no que atinxe os comentarios.
Dandolle voltas o tema, decidín, que dende o día vintesete (27 de Marzo), ata o cinco do mes que ven (5 de abril),non vou publicar entradas, xa que vaime ser imposible adiantalas, e vou estar sen acceso a internet.
Pidovos desculpas os que visitades o blog, (sobre todo os que o fan a diario, que son quen mais o vai notar).
Deiqui o venres, tentarei recompensarvos cunhas cantas imaxes, que penso son orixinais; as veces non vos van sorprender, xa que imaxes semellantes son moi coñecidas, outras de seguro que o amigo Candido, (un dos lectores mais esixentes, que teño), vai ter unha agradable sorpresa, pola novidade; sexa do xeito que sexa, podo garantirvos, que todas estas fotografías poucos privilexiados teñen acceso a elas, eu tiven a gran fortuna de que o amigo Amador Rego, prestásemas uns días, e agora co seu consentimento, preséntovolas.
A de hoxe, ven moi a modo, xa que se esta a falar estes días da reforma da zoa das Burgas, e a praza esta incluida no lote a reformar, eiqui podedes ver un momento da sua construcción.
Non descarto recuperar algunha, ou poida que todas, para facerlle unha entrada do meu gusto, que agardo sexa o voso.
O texto durante esta semana vai ser similar todos os días. Se escribo algo diferente, poreinno en letra doutro color pra que non perdades tempo.
Pídovos desculpas de novo, e ata o día cinco, que espero recuperar o ritmo habitual.
Pdta. tamén tedes a opción de darme a sorpresa, de tentar redactar vos a entrada dalgunha das imaxes, eu estaria encantado de publicalas tan pronto mas enviedes por mail.

23/3/10

O San Lazaro no 23

Estoume a decatar, que estes días, ca falta de tempo, e as presas, as entradas non son do meu agrado, no que atinxe os comentarios.
Dandolle voltas o tema, decidín, que dende o día vintesete (27 de Marzo), ata o cinco do mes que ven (5 de abril),non vou publicar entradas, xa que vaime ser imposible adiantalas, e vou estar sen acceso a internet.
Pidovos desculpas os que visitades o blog, (sobre todo os que o fan a diario, que son quen mais o vai notar).
Deiqui o venres, tentarei recompensarvos cunhas cantas imaxes, que penso son orixinais; as veces non vos van sorprender, xa que imaxes semellantes son moi coñecidas, como o caso da que hoxe vos deixo; outras de seguro que o amigo Candido, (un dos lectores mais esixentes, que teño), vai ter unha agradable sorpresa, pola novidade; sexa do xeito que sexa, podo garantirvos, que todas estas fotografías poucos privilexiados teñen acceso a elas, eu tiven a gran fortuna de que o amigo Amador Rego, prestásemas uns días, e agora co seu consentimento, preséntovolas.
Non descarto recuperar algunha, ou poida que todas, para facerlle unha entrada do meu gusto, que agardo sexa o voso.
O texto durante esta semana vai ser similar todos os días. Se escribo algo diferente, poreinno en letra doutro color pra que non perdades tempo.
Pídovos desculpas de novo, e ata o día cinco, que espero recuperar o ritmo habitual.
Pdta. tamén tedes a opción de darme a sorpresa, de tentar redactar vos a entrada dalgunha das imaxes, eu estaria encantado de publicalas tan pronto mas enviedes por mail.

22/3/10

Nosa Señora da Misericordia

No album "Portfolio de Galicia", publicado polo mestre Pedro Ferrer na Coruña o ano 1904, aparece a terceira das fotografías que coñezo (antigas), desta fermosa Igrexia; nesta ocasión o fotografo, non foi don Pedro, senon segundo reza na parte baixa da imaxen, o carón da identificación do lugar, "L. Villar, afcdº.", non me atrevo a facer unha afirmación do tema, pero poderia ser un xovenciño, Leopoldo Iglesias (foto Villar).
Igrexia da nosa señora da Misericordia de Vista Fermosa
Seminario Menor Ourense
Mandada construir por el obispo Dr Jose de la Cuesta y Maroto (1866-1871), no seu exterior, mostraba unha fermosisima estampa, o seu adro, ornado ca presenza de varias figuras de bela execución, (penso que daquelas eran trece), daba un aspecto magnifico a sua fachada de estilo gotico, hoxe despois de varias reformas, as do seu lateral esquerdo, desapareceron, e si ben continua a ter un fermoso aspecto, non ten comparanza co que foi.
Por ver a A igrexia en sí, xa paga a pena dar un paseo cara esa zona, pero e que a maiores teredes oportunidad de ollar unhas fermosisimas vistas da cidade.
Se revisades o blog, veredes as outras duas fotografías que teño desta Igrexia; pra os que non teñen tempo pra andar paseando polo blog, eiqui tedes o acceso direito a unha mala montaxe que fixen das duas, no que se ve os fundadores do colexio Maristas, posando diante do adro (1908).
O seu interior non podo describilo, xa que nin teño imaxes, nin e posible visitala; e de uso exclusivo da familia seminarista, polo que teño entendido.
Se queredes ter mais datos, podedes acceder a páxina web do Seminario Menor, onde falan con mais detalle da historia da construcción do Seminario, e un pouquiño da sua igrexia.

21/3/10

Sanatorio Mosquera Blanco


La Zarpa, 5 de agosto de 1930
Refollando o diario a Zarpa, (que dito sexa de paso, e todo un pracer), que me prestou un amigo da asociación "Arquivo visual Ourensán", atopei este anuncio publicitario, e xurdiu unha dubida, eu sei da consulta dun Mosquera, na rúa Progreso, no "crux" da rúa Ervedelo, pero "Frente a la Alameda del Crucero", non tiña datos, supoño que outro socio do "Arquivo" podera botar luz neste asunto, non en vano e da familia Mosquera.

20/3/10

Álbums para o reencontro


Dín que o tempo non vai acompañar neste ponte, así que unha boa idea, pode ser achegarse o Museo Etnoloxico de Ribadavia, e disfrutar da visita; alí os que non os teñades podedes tentar facervos cos fermosos catalogos das exposicions de fotografía que se teñen feito no centro, nos derradeiros anos, en concreto, a colección Álbums para o reencontro, Ribadavia e os Ribadavienses, que xa vai polo sexto número.
Se queredes saber os horarios, do museo, e facervos unha idea do que ides atopar, visitade a páxina do centro, neste enderezo.

19/3/10

Día do Pai

Non me trabuquei o subir as fotografías; pensei que o loxico no día do pai, seria ver os rapazes, senon fora por eles, non haberia pais, dito esto que penso queda ben, e o que algun listillo tentara sacarlle proveito, agardo que cando podiades ler esta entrada, a maioria estedes disfrutando do agasallo dos fillos; no meu caso, e ainda que eles non rematan de crelo, prefiro que sigan mantendo a costume de facer algo persoalmente, eses dibuxiños, que me traian de pequeniños, aquela pinza cunha volvoreta de papel, o cubo cas suas caras pintadas co retrato de toda a familia, ou nos ultimos tempos as composicions fotograficas feitas ca axuda do ordenador.
As fotografías non corresponden cos meus fillos, son moi novos pra sair neste blogue, (ainda que alguna excepción pode haber). Pertencen a fabulosa colección fotografíca que o Etnoloxico de Ribadavia, posee do estudio Foto Chao; e sairon publicadas no V Albúm para o reencontro Ribadavia e os Ribadavienses, e datan do ano 25 unha, e dun ano ou dous despois a outra.
Aproveito pra recomendarvos que visitedes os blogs que dona Matilde Chao descendente destes fotografos, ten na rede, (si entrades no blog http://ribadaviafotosdelcajondelosrecuerdos.blogspot.com/ teredes acceso os outros dous que ten,e xa postos a navegar pola rede podedes botar un ollo o fantastico blog do amigo Julio Freijido http://maquians.blogspot.com/ ).
Feliz día do Pai

18/3/10

Campo a través

Cando escribía a entrada de onte, viñéronme á memoria, imaxes de mocidade, e lembrei, que non fai moito, deixaronme estas fotografías. As imaxes, afastanse un pouco do habitual, dada a súa antigüidade, son posteriores aos anos setenta, pero permitídeme este capricho.
Falaba onte do Jorulo, e mencionaba, o tema da carencia de instalacións deportivas; pois anos máis tarde, podedes ver que o problema non é que se solucionara, (aínda hoxe a pesar de Monterrey as carencias son manifestas), pero polo menos si que mellorara substancialmente; construíse o pavillón dos Remedios, utilizábanse as instalacións dos Salesianos, o Xardín do Posío, en máis dunha ocasión prestou servizos de estadio atlético; cando se dispuña de orzamento, podiamos usar as pistas dos Milagres, e en plan luxo, na cidade ocasionalmente, o Estadio do Couto ata permitía ao público que acudía a ver aos seus figuras, fixéseo comodamente no seu asento; non me esquezo do desaparecido campo dos Maristas, pero é, que se dedicaba caseque exclusivamente ao fútbol.
Centrándonos nas fotografías, corresponden ao ano 71 (teño que confirmalo, esquezín anotar o dato correctamente), e trátase dun torneo provincial, poida que o precursor do que hoxe é a Copa Deputación; ademais de atletismo, disputábase competición en bastantes disciplinas deportivas.
A proba como xa recoñeceriades, celebrábase nas Lagoas, (non mencionei esta localización como instalación deportiva, pero ben se podería facer; recordo cando se fixo a urbanización, antes de comezar a construción dos edificios, que eran moitos os deportistas que aproveitaban aquel terreo para adestrar, que llo pregunten aos xogadores do Club Carreira; poida que o blog amigo http://fotofutbolourense.blogspot.com teña máis datos.)
Non recoñezo a ningún dos atletas, pero ben poderían estar competindo, os que eran figuras na miña época, Visca, o Coreano, Paco, Masana, o gran Adrian Perez, etc. E seguro que por aí andaba Don Xullo, un dos mellores adestradores (e deportista), que tivemos na cidade.
Deixo moita xente sen nombrar, pero xa habera tempo noutra entrada.

17/3/10

José Ruiz López (Jorulo)


Fotografía do arquivo de Don Marcial Feijoo, "Jorulo en Aviles 1948" .
Merécese unha entrada máis ampla, ou mellor aínda, alguén debería escribir a biografía deste Ourensán, pero polo de agora, sirva esta entrada, pra lembrar este gran ourensán.
O deporte Ourensán, á marxe dos gloriosos anos do noso Coren Ourense (1989...), en baloncesto, pouca repercusión tivo e ten a nivel nacional, por iso, deberiamos ter máis presentes, os meritos dos poucos ourensáns, que conseguiron éxitos no deporte de alto nivel.
José Ruiz López ou Jorulo como lle chamaban os amigos, foi un deses esforzados veciños, que ben merece un recoñecemento, penso que é o único que pode presumir de ser tres veces campión de España.
Escomezou a súa vida deportiva, practicando as carreiras campo a través; falamos dos anos 40, (tería sobre 16 anos), nos que as instalacións deportivas da cidade, eran unha quimera, (o pouco que había, se percorredes o blog, darédesvos conta que eran catro campos máis ou menos chairos, onde todo suplíase a base de tesón), a súa opción certamente dáballe liberdade para adestrar, (campo si que había dabondo); en pouco tempo, descubriu a "Marcha Atlética", e aí comezou a súa etapa triunfal.
No 1945, durante os campionatos galegos, disputados no estadio de Riazor, proclámase "Campión de Galicia", e establece o record da proba de 10 Km marcha, en 53´36", iso motívalle, e comeza a preparar metas máis altas, así é como en 1947, no estadio de Montjuic proclámase campión de España, por primeira vez, ante os sorprendidos atletas cataláns, que sempre dominaran a proba (a súa marca 49´44" ).
O ano seguinte 1948, era ano olímpico, e Londres agardaba aos mellores, para encumalos ao Olimpo, e José, decide prepararse a fondo, o obxectivo era factible tendo en conta a súa progresión, ponse en contacto cun ex campión mundial de marcha, quen lle envía un programa de adestramento, que José con moitas dificultades consegue desenvolver, (contaba ademais cun suplemento de adestramento diario; contable de profesión, a diario percorría a cidade en catro ocasións, desde o seu domicilio no barrio dás Eiroas, ata o seu traballo no Almacén dos Eire no Xardín do Posío), froito desa preparación, nos campionatos galegos dese ano, rexistra unha marca de 44´00"5, que de xeito evidente seria meritoria de facilitarlle a súa presenza en Londres, razóns non aclaradas, e algunhas críticas demostradamente infundadas, permitiron ao Catalán Villaplana acudir á cita olímpica, en lugar de quen merecidamente ¨tiña gañado o dereito, a título informativo, direivos que a medalla de ouro olímpica tivo unha marca de 45´13", moi lonxe da marca do noso Jorulo.
Durante un tempo mantívose á marxe da competición, pero a súa afección lévoulle a regresar, vencendo novamente o Campionato de España, en Barcelona no ano 1951, e repetindo a fazaña en Avilés o ano 1952.
Logo diso, e ante a falta de apoio, decidiu marcharse a Venezuela, onde residiu ata a década dos oitenta, en que voltou á súa cidade.
Faleceu no ano 2002 en Ourense.

A información da entrada, procede da memoria do amigo Marcial Feijoo, a excepción dos datos de fechas e marcas, que proceden da prensa da epoca, e as paxinas web oficiais das federacions galega, e española de atletismo.
Noutra ocasion que volva falar do Jorulo, facilitareivos datos, da súa faceta de adestrador; que tan bos recordos deixo entre os seus pupilos.

16/3/10

A Bela Auria

Os amigos da asociación A "Bela Auria", o xoves pasado, fixerón a presentación dun fantastico proxecto, que penso vai ser do agrado de todos os Ourensans.
Tratase da organización dunha festa historica na cidade de Ourense; o caso e que non vai ser unha festa mais, non pretende competir con ningunha das que xa coñecemos e disfrutamos sempre que podemos, (Historia en Ribadavia, Arribada en Baiona, etc), neste caso a idea (moi acertada pola miña modesta opinión), e facernos volver no tempo somentes uns cen anos mais ou menos, ou dito doutro xeito, recrear os anos do esplendor cultural da cidade de Ourense, aqueles nos que se falaba da "Atenas de Galicia".
Eles xa saben que contan ca miña colaboración, e atrevome a dicir que tamén, ca dos membros do "Arquivo visual Ourensán", pra botar unha mán no que sexa preciso.
Hoxe e como aperitivo, pra que podades ir collendo unha idea, dos usos, costumes, e vestimenta da epoca, comezo unha serie de entradas, nas que porei unhas cantas imaxes de persoas daqueles anos; non vos asustedes, se vedes cousas moi dispares, pero e que o abano, ainda que non o pareza e bastante amplo, (pode ser unha vantaxe), o que si quero vos decir, e que a idea non e volver facer un entroido, ou sexa, non trata de disfrazarse, senon que trata de se vestir da epoca.
Hoxe, tedes unha señorita no ano 1922, un cabaleiro nos arredores do 1900, e uns estudantes, no ano 1904, abaixo, poñovos un dos persoaxes o redor do que xira dalgunha maneira a festa, un xovenciño Don Ramón (non teño a data exacta, pero penso que ten que andar polo 1916).
Noutra entradas dareivos mas datos do tema, pero por hoxe eiqui queda.
Somentes darlle animo os organizadores, e adiante "BELA AURIA".

15/3/10

Non din chegado

Levo tempo detras das fotografías da fundición Malingre, e os poucos algo vai aparecendo, nesta ocasión non din chegado a tempo de sacar a fotografía, xa se me adiantaron as maquinas do derribo, e arramblaron con todo, bo, caseque todo, a cheminea ainda esta en pé.
Nalgun momento, agardo poder ler un traballo, falando desta gran industria da cidade, e non sei o motivo, pero dame o palpito, de que en breve podereino facer.

14/3/10

Ourense A cidade, da orixe ao século XVI

Onte tocaron desculpas, hoxe vai de agradezemento, esoutro día, tiven a fortuna de que don Francisco Fariña Busto, (director do Museo Arquelóxico de Ourense), deixarame ollar este novo libro, que trata dos estudos arqueoloxicos realizadas na nosa cidade.
Editado pola Conselleria de cultura e turismo da Xunta de Galicia, e a recopilación do traballo de varios autores,
.- Yolanda Álvarez González.
.- Rafael Cristobal Rodriguez.
.-Francisco Fariña Busto
.-Xosé Manuel Fernandez Quintela
.-Santiago Ferrer Sierra.
.-Manuel Garcia Valdeiras
.-Jorge Lamas Bertolo
.-Luis Francisco López Gonzalez
.-Luis Orero Grandal.
.-Celso Rodriguez Cao.
.-Manuel Xusto Rodriguez.
Nel podemos descubrir de primeira man, o xeito no que se teñen feito as intervencions arqueoloxicas da cidade de Ourense.

13/3/10

As respostas

Dun xeito ou doutro, en todas as entradas, teño que pedir desculpas, ou dar as grazas a alguén; pra non perder o costume, iniciamos este terceiro ano de andaina, pedindo desculpas.
Onte estaba previsto, que dese as solucións, aos exercicios da semana, pero entenderedes, que foi un descoido, dado que coincidía co aniversario. Pido desculpas por iso, e poño remedio á falta.
Exercicio 1. A rúa da Barreira, antes de abrir rúa doutor Marañón, aínda que ao final e logo de varias pistas vía mail, moitos recoñecestes o lugar, o que ninguén me dixo, é, que era ese edificio que tivo que caer pra abrir a nova rúa, queda pois pendente ese exercicio para outra ocasión.
Exercicio 2. Creo que o máis complicado, xa que a pesar do meu atrevemento ao tutear á Orde dos Franciscanos, aos que pido desculpas , non foron máis que tres persoas, as que me dixeron que se trataba da casa e solar da Orde, antes do traslado no 1929, ao parque de San Lázaro.
Exercicio 3. Nada que comentar, o barrio de San Francisco, coa vía e o seu túnel, a pesar de aparecer na imaxe practicamente espido, era fácil de recoñecer.

12/3/10

Aniversario

Fai hoxe dous anos, que comecei, esta aventura; naquel momento, soamente tiña as fotografías do meu albúm familiar, (loxicamente non son todas da miña propiedade), e as postais que os poucos pola miña conta fun quen de reunir, por iso, antes de seguir, estou obrigado a darlle as grazas a toda a miña familia; con mais ou menos constancia, e interese, todos fixeron á súa achega.
Arquivo Maristas Ourense
O capítulo de agradecementos, sería moi extenso, (podedes velo no lateral do blog, na pestana "botaron unha mán"), aínda así, creo que é de xustiza, mencionar a quen facilitaron, os primeiros pasos deste blog.
Os Irmáns Maristas de Ourense, na persoa do seu director, Don Alfredo Veiga, e o irmán Vázquez, permitíronme acceder ao magnífico arquivo que eles conservan do colexio; moitas desas fotografías, trouxeron moi bos recordos a visitantes deste blog, e nalgún caso, (o último moi recente, ler a entrada de Mail de Carlos Bóveda), espertou unha certa morriña.
O amigo Lisardo Mazaira, quen desde o primeiro momento prestouse a colaborar, xa non só permitíndome utilizar o seu arquivo, senón que mobilizou a todas as súas amizades, para conseguir máis imaxes.
E por ultimo non podo esquecerme do Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde todo foron facilidades, para axudarme na miña tarefa.

Arquivo Colexio Josefinas Ourense
Co paso do tempo, fóronse unindo, moitísimos particulares, e a práctica totalidade dos organismos a quen lle pedín colaboración, Concello de Ourense, Deputación Provincial de Ourense, Arquivo Municipal de Ourense, Arquivo Histórico Municipal de Ourense, Museo Arqueolóxico de Ourense, Biblioteca Publica Provincial de Ourense, se me esquezo dalgún que me perdoe, pero non é a miña intención.
Tamén foron varios os amigos, que tendo a súa propia páxina web, ou blog, colaboraron comigo, e puxeron enlaces nas súas páxinas, para dar a coñecer o meu traballo.
Fotografía do Arquivo "Catuta"


Fotografías dos Maristas, cedidas por Pepe Lui
A todos en definitiva, moitas grazas pola vosa axuda, sen a cal, seria imposible, poder facer este blog.

A entrada do terceiro cumpleanos, agardo facela millor, pero iste ano colleume nun momento que non me sobra o tempo. Se me esquezin dalguen, que estou seguro de que así foi, que me perdoe, non foi intencionado.(por certo se sabedes de algún blog mais que me teña feito un enlace, decidemo, as veces pasa un tempo, ata que me decato dese detalle).

11/3/10

O ano que eu nacín

A seguir, co traballo pra vos; eiqui tedes unha imaxen, que supoño que a pouco que vos fixedes, recoñeceredes. Ten un par de datos que a falta de edificios, e de rúas, facilitan enormemente o recoñecemento, loxicamente tratase de decir cal e o barrio que se ve no primeiro plano.
A imaxe e sacada dunha postal das que custodian no Arquivo Historico Provincial de Ourense, (desta vez se que o escribín correctamente, espero..), e corresponde o ano 1962, (xa choveu), con ela quero aproveitar pra dar as grazas o persoal do Arquivo Historico, en especial o amigo Manuel Ángel García Yanes, (por certo, membro do Arquivo visual Ourensán), por buscar un oco no seu traballo pra atenderme; moitas grazas.
Maña xa vos adianto que cumprense dous aniños, do nacemento deste blog, e vou intentar poñervos unhas cantas imaxes pra festexalo.

10/3/10

A ponte da Lonia


Do arquivo de Don Francisco Mendez.
En desagravio, pola brevedad das entradas que estou a facer estes días, eiqui vos deixo duas fermosas fotografías, da Ponte Loña, un dos mais interesantes pontes que temos na cidade, pode ser que non o mais coñecido, dada a sua ubicación, pero dun indudable valos historico; hoxe podemolo ollar, cun aire renovado, grazas a unha restauración feita no 1988, (penso que moi necesaria).
Descoñezo datos da sua construcción, pero seguro que algun dos lectores, pode decirnos algo, o unico que eu podo decirvos, e que a primeira información que del aparece, data do ano 1238, así que algo de historia xa ten.

9/3/10

Outro exercicio

Continuo a estar falto de tempo, asi que eiqui tedes outro exercicio. No de onte xa vos digo que pensei que era mais sencilliño, pero parece ser que non; fixadevos ben no que se ve o final da rúa, e daredevos conta de cal e; ainda que ten un detalle, que os que non coñecen a historia de certo colexio da cidade, van ter problemas pra entender como foi posible facer a fotografía. Os que teñen mais facilidades, xa estaran cobrando do estado.
Ainda que non o pareza, son pistas.
Vaiamos a de hoxe, que e pra mín mais dificil, de todo los xeitos, o edificio de baixo e duas alturas que mostro, non mudou nin siquera unha pedriña dende que se fixo a fotografía, sen embargo do pequeno, non queda nin unha areniña, a maiores vouvos dar unha pista que espero que facilite moito a identificación.
"Se coñecedes os Pacos, (perdón pola confianza), e a obra de don Doroteo, teredelo moi sinxelo, se non....."

8/3/10

Pra que traballedes vos

Ando un pouquiño liado estes días, co cal propoñovos que traballedes vos.
Eiqui tedes unha fotografía, das mais orixinais, que me deixou o Etnoloxico de Ribadavia, forma parte do fondo Guedes Pacheco, e penso que e autoria de Don Augusto, non de don Xosé, (habera que empezar a diferenciar entre pai e fillo, non todos os meritos poden ser do pai, que don Augusto tamén algunha instantanea obtivo, ou non?).
O caso e que ainda que e sinxelo saber cal e a rúa, gustariame que me comentarades se na imaxen hai algunha cousa que choque co estado actual da zona.
O venres se podo fareivos outra entrada da zona, cos datos que me teñades aportados, e algún que xa teño eu.
Tedes o meu mail a vosa disposición.

7/3/10

Fototeca Ourensán

Hoxe tampouco hai fotografía, vouvos contar unha das misions que colateralmente, (esta de moda o termo), intentareis facer 
A historia da fotografía en Ourense, ten estado agochada, co paso dos anos. Cantos de vos poderiades dicirme, os profesinais, que estiveron traballando na cidade antes do 36?; a gran maioria, coñecedes o gran José Pacheco, (mestre de fotografos, e incluso algun me ten dito que foi o primeiro, xa vo lo digo, non o foi), tamen sona o nome de Samaniego, e dende logo todos coñecedes Foto Villar, ou o estudo de Scrhreck, (por fortuna ainda abertos grazas o traballo dos seus descendentes); os mais interesados no tema, lembraran a estancia unhos anos de Don Jose Gil na cidade, e pode que o periodo de aprendizaje dos grandes Luis Ksado, e Xaime Pacheco; o que xa non sabemos, e se coñecedes do paso doutros mestres, o afamado en Lugo, onde botou mais tempo que eiqui, Pedro Varela, ou das andanzas de Pedro Ferrer; houbo un tempo que a lo menos dous dos irmáns Garita Onaindia exerceron o seu arte na cidade, Francisco Prieto, quen na sua epoca tivo un dos millores estudos fotograficos de Galicia, na centrica (daquelas) rúa Pelayo, o curto periodo na cidade de Uxio Mora, etc.
De todos estes mestres, quedan moitos tesoros que descubrir, e moitos datos da sua biografia profesional que a lo menos pra nos son totalmente descoñecidos. Demasiadas preguntas, que intentarei ca vosa axuda e se son capaz, (voluntad teño, o caso e contar co coñecemento necesario), respostar. Que maquinas tiñan?, como eran os seus estudos?, como solucionaban os problemas da iluminación?, etc.
Estoume a esquezer dunha das preguntas que mais voltas me ten feito dar, e ainda non teño a resposta, agardo que ca vosa axuda, podamola resolver, quen foi o primeiro na cidade?.
Xa en varias ocasións, pensei ter a resposta; Aquillis Bocconi o italiano, foi quen primeiro estivo nese posto no meu ranking, pero en pouco tempo cedeu o posto a Don Uxio Mora, e ou a Don Pedro Varela, ambolos dous coñecidos, pero non sabia do seu paso por Ourense, non debeu ser moi longa a sua estadia, pero eso non quita de que poideran ocupar o primeiro posto, nesas andaba, cando aparecen informacions, das visitas doutro mestre Gervasio Alonso Montenegro, eiqui pouco o nada lembrado, pero na cidade de Xerez, considerado un dos millores profesionales, a mais de que deixou escola, co seu discipulo, Diego González Lozano.
Pois vai ser que non esta claro que don Gervasio ostente tal honor, fai pouquiño tempo, atopei unha información (escasa), de que a lo menos outros dous profesionales, andiveron por estas rúas, en datas proximas, que poideran ser anteriores, douvos o unico dato que teño de cada un :
Constancio L. Corona , mestre e pintor, participou na exposición Rexional Galega (Santiago) no ano 1858, con varios cadros, e a lo menos unha fotografía de titulo "O patio dos Leons" de Granada .
E outro profesional de apelido Garcia, nesas datas, posiblemente un pouco despois tivo estudo na rúa das Tendas.
Acercamonos así xa moito os inicios documentados da fotografía en Galicia, que en canto a Apertura de estudos, datan a primeira no ano 1856 en Santiago de Compostela, (Andres Cisneros), e en canto a presenza de fotografos, dos chamados ambulantes, no 1842 (Enrique Luard Falconier, A Coruña).
Por hoxe deixamola hai, pero seguiremos co tema, o asunto e contar ca vosa axuda, e entre todos poder recuperar toda a historia en imaxes da cidade.
Recordovos o mail, pra que podades colaborar.

4/3/10

Primeiro Banco de España

Non tiña pensado facer unha entrada desta entidade bancaria, tan próxima no tempo, á anterior, pero casualidades da vida, facilitárono.
Na entrada anterior, falábavos da localización na rúa Progreso, desta entidade, alá polo ano 1886, e comentábavos que o edificio supuña que era da familia Ferrer, pois ben, estaba nun erro en canto ao tema da propiedade do edificio, aínda que creo que antes de que caese a casa, para dar paso a outra, (non moi bela esteticamente falando), estivo alí a tenda de tecidos e paquetería de Don David Ferrer; a propiedade (como ben me informa o amigo Pastor Fabrega), correspondía a Don Perfectino Vieitez Rodríguez; home emprendedor, que fixo fortuna en terras do Brasil; responsable tamén da construción do Pazo da Almuzara, (hoxe magnifica casa rural), a cal serviulle de residencia.
Para que a entrada non se limite a unha aclaración, aproveito para mostrarvos este documento que outro amigo, Amador Rego Villar-Amor, facilitoume, trátase do primeiro arqueo que se realizou nesa oficina, do Banco de España en Ourense, o vinteseis de setembro do 1886.

Pra os que non coñeceron o antigo negocio Ferrer, o edificio e onde vedes o explendido automovil parado na porta, seria do presidente do Banco en visita de inspección???.

3/3/10

Alumnos ourensans nos Jesuitas

Onte visitáronnos os Maristas, hoxe fano os Xesuítas.
Por desgraza non podo ensinarvos unha fotografía das súas aulas na rúa Lamas Carvajal, nin de forma lóxica, tampouco da súa primeira localización na provincia, o Colexio de Monterrey; teredes que conformarvos, con esta bellísima imaxe, do seu colexio en Mondariz.
O nexo de unión co blog, á marxe da preciosa fotografía antiga que é, reside en que polo menos dous dos raparigos que se afanan en mellorar as súas habilidades mecanográficas, baixo a atenta mirada dos irmáns da Compañía, son Ourensáns, Manuel Pereira, e Salvador Freixedo. Aproveitarei pra darvos un par de datos por si espertan a curiosidade dalgún de vós, e decídese a profundar no tema, (recordo que son un simple afeccionado).
- A primeira información, da instalación dos Xesuítas na provincia, data de 1555, cando o Conde de Monterrey, facilita á orde, a súa instalación nas inmediacións do castelo, á espera de facer un edificio propio, foi o primeiro reitor, o pai Juan de Valderabano.
- Na cidade, é no ano 1653, froito do legado de Don Pedro de Mondragon, onde fundan inicialmente, un convento na Praza da Fonte do Rei, (descoñezo a súa situación exacta, pero podería corresponder coas posteriormente casas consistoriais, das que podedes ver o debuxo realizado por Don Ático Noguerol, nunha entrada anterior do blog), para amplialo posteriormente, co edificio da rúa Lamas Carvajal, e a igrexa de Santa Eufemia.
- Coa desamortización de Mendizábal cesou a súa presenza na cidade, e a falta de confirmar o dato da apertura, no ano 1942, da Academia San Ignacio (Xesuítas) dirixida por Don Manuel Amean na rúa progreso, non retomaron na cidade a súa actividade educativa.
Dou as grazas ao amigo Nemesio Pereira, por deixarnos gozar desta fotografía, e algunha máis que veremos noutras entradas.

2/3/10

Mail de Don Carlos Bóveda

Unha das maiores satisfaccións que me produce, escribir este blog, é cando descubro que para algún dos lectores, resúltalle de utilidade; (aínda que volva saltarme a orde na pequena historia dos Maristas en Ourense, considero que nesta ocasión, o fin xustifica os medios.).
Neste caso un alumno dos Maristas, escríbeme dende a Republica do Salvador, pedindo colaboración, para contactar cos seus amigos de colexio; nada podería ser mais sinxelo, seguro que Don Alfredo, ou o Irmán Diego Nicolás, facilitábannos o reencontro; o problema reside en que este alumno tiña a súa aula de estudo, na Avda. de Pontevedra, (perdón, daquelas era rúa Pereira 5), ou sexa que foi un dos alumnos que viviron o traslado do centro á súa localización actual.
Moi difícil non vai resultar, dado que sen eu sabelo, xa apareceu nunha foto do blog, (recordade, e se non é así botar un ollo no blog), a entrada creo recordar que se titulaba o Equipo de José Luís Fernández Ojea.
Pensándoo ben, vou aproveitarme de Don Carlos Bóveda, e vai ser el quen continúe a entrada, para iso vou utilizar un dos mails, que me enviou, xunto a unhas fotografías suas.

Equipo de futbol do colexio no Couto, ano 1961
"Fuimos la primera "quinta" durante unos seis años del equipo titular del Colegio, te explico breve: cuando nos pasamos al Colegio en la calle Bedoya (sin terminar) veníamos del parque enfrente a la Alameda y sólo éramos de primero de bachillerato (que era lo mas que tenía el Colegio en Bedoya), luego fuimos segundo de bachillerato y así sucesivamente, el Colegio fue creciendo en cursos al igual que la edad del equipo de fútbol (en esa foto tenia servidor 15 años y medio). Eran épocas de 4 años de bachiller elemental y dos más de bachiller superior.
Perdóname la inmodestia que no la motivan los años que tengo (64 años) pero éramos un equipo con mucha, mucha técnica.
De la Torre un excelente pasador, Guti un portero increíble, Corona y Moure una media de ensueño, Ojea un extremo habilidoso y veloz, Hernández impasable en defensa, Victorino bueno en cabeza, servidor con dominio rápido y goleador, en fin todos con mucho oficio, y un hermano Víctor entrenador con conocimientos
".
Don Carlos no colexio da rúa Pereira, ano 1953
Vos transcribo a continuación outro parágrafo do mail no que poderedes descubrir o agradecemento dun alumno, cara aos seus mestres.
Hace unos tres años me puse delante de la fachada del colegio y me quedé viéndolo en silencio unos minutos (no sabría decirte cuantos), mientras una película de mi vida pasaba por mi mente provocando una sonrisa en mi rostro.
Al colegio le debo mucho de lo poco o algo que soy, él me dio los parámetros del comportamiento, las reglas de la ética, religión, honor y dignidad que intenté cumplir, sus conocimientos me hicieron fácil la convivencia y progreso en los países latinoamericanos que tenían cierta desventaja de educación general, y me dieron una identidad marista de la que me siento injustificadamente orgulloso.”
Un saludo
Supoño qu a familia Marista, lera con ledicia estas verbas, dun antigo alumno do colexio.
Agora fai falla que os compañeiros de Don Carlos, animense e se poñan en contacto; Ojea, agardo que o faga esta sema, e o resto, espero que cando poidan tamén o fagan, se algún quere o mail, que mo pida o meu enderezo.

1/3/10

Ponte "Bella", madereiras, e a cuadratura do Arco

Foron uns cantos os mails, que me teñen preguntado por unhas montoneiras de madera que nalgunha imaxe, podense ollar preto da Ponte Nova, polo de agora eu ainda non colguei ningunha nas que se ven, pero fareinno en breve; tratase das industrias madereiras que houbo na cidade, de feito non fai moito que traballaba unha na Avda. de Portugal, e outra no final da rúa Marcelo Macías, incluso ainda que non dentro da cidade, queda unha na carretera de Madrid.
Teño moi pouquiños datos das antigas, e ese e o motivo de que non pusera as imaxes.
No caso da de hoxe, e que sa botei fora a toalla, (ou panho), e non son quen de conseguir información, por eso deixovos a vos as pesquisas; que grande empresa madereira estivo no Ribeiriño???.
E xa que falamos da nosa Ponte Bella, ensinovos tamén esta outra imaxen; non se trata de que a xente do Ribeiro decidira facer unha demostracción agricola o pé da Ponte.
Esta era a nosa Ponte Maior, cando vivir da agricultura, era posible, cando as terras pagaba a pena cultivalas, e non botarlle hormigon enriba; cando ninguen pensaba en atravesarlle un ollo por culpa dunhos "abscesos" a Galicia.
Por si es caso, e non entendedes esto último, e que volvín ver estes días o proxecto que se fixo, (por sorte somentes no papel), pra cuadricularlle un dos arcos, e que queredes que vos diga, pareceme surrealista que alguen poidera plantexar algo dese calibre.