Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

7/2/10

¡Pobre Xan da Coba!

Os que seguides o blog, xa sabedes do meu interes, por averiguar datos deste Ourensano, que dende logo non deixaba indiferentes os seus paisanos.
Na primeira entrada que fixen falando del (xunio do 2008), xa o titulo indicaba, que non estaba claro, a que aterse falando das ideas do home, "Xenio ou tolo".
Nas miñas pesquisas, teño atopado poucos datos; na maioria das ocasions, son simples comentarios de pasada, sen afondar no tema; pero hoxe traivos os comentarios escritos por Don Ramón Varela no 1951 (avogado, e presidente do Liceo).
"Como dato jocoso hay que señalar la entrega para nuestra Biblioteca de varias obras SEUDO-LITERARIAS escritas por D. Juan de la Coba "autor de muchas obras y autor de muchas más ocultas por infames envidiosos", según rezan las letras de molde de sus producciones.
¡Pobre Xan da Coba!
Vivia de su trastornado ingenio, plasmado en "El Gracioso", del que se titulaba Director, Redactor, y único Repartidor. El Liceo solía socorrerle con alguna dádiva.
Habia pertenecido al RECREO como uno de sus primeros socios en el tiempo.
- Actas de 9 de junio del (18)51, 2 de Noviembre de (18)92, 31 de Julio del (18)95 y otras - ¡Dejemos en paz su memoria!"
(Posio Artes y letras 1952)
Sen entrar no tema de se moitas das suas ideas eran estrafalarias, noutra entrada veremos outra opinión contraria a que hoxe da, Don Ramón Varela, quen por certo, coincide co meu admirado Don Ramón Otero, quen procuraba non falar del, e cando o facía era chamándolle "toliño".

No hay comentarios: