Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

24/2/10

O paseo en festas

Non sei a data exacta, pero aproximo a finais dos sesenta, comezos dos setenta, esta fotografía supoño que os da miña quinta, traeralle recordos da sua infancia, fixadevos, que estaban axeitando o local da camiseria "Aser", menos mal que o abriron, senon onde ian mercar moitos dos rapaces da cidade os jerseys "Pulligan", e os pantalons "Wrangler", pra complementar as "Adidas" que lucian nos pes; agora que estamos, gustariame que algun de vos tentara explicarme, por que o "Pulligan" (das primeiras prendas unisex), as rapazas levavano atado o redor da cintura, e os rapazes o redor do pescozo, raro era que algun o levara posto coma un jersey que era; bo sigamos ca rúa, e vemos tamén o cartel dos calzados "Layton", e o comercio de "Peñamor", todos eles comercios de referencia pra unha e si me apuras duas xeneracions.
Ahi tedes tamen o edificio da sala Auria, ca sua verde e brillante cupula, e o mais significativo da imaxen, como non podia ser doutro xeito, as "Majoretes" (majorettes), as que entre outras cousas temos que agradecerlle, que lle facilitaran os nosos mayores a ampliacion de coñecemento, como senon iase saber en Ourense que existia un pobo ala na Francia que se chamaba Montpellier, onde as rapazas andaban a cotio ca falda "arremangada".
Lembro as festas daqueles anos, ou millor dito as batallas de frores daqueles anos, mais concurridas do habitual, tamen as facianas dos pais, cando as suas donas lle preguntaban se viran como voaban as varas da directora do grupo, e eles nin sabian do que lles falaban, xa que estiveran moi preocupados, por si se lles veia o "culotte", as señoritas, (que mal o pasaban os "probes").

No hay comentarios: