Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

22/2/10

O Banco de España

Fálase estes días con moita frecuencia do edificio do Banco de España en Ourense, parece ser que por fin albiscase unha solución ao seu futuro, e dende o meu punto de vista, satisfactoria para os cidadáns deste noso Ourense; á espera de solucionar uns flocos de "pagala ti ou, pago eu", que esperemos teñan unha pronta resolución, dende este blog imos intentar recordar como foi o nacemento deste hoxe, emblemático edificio.
Desde que no ano 1886, nos baixos dun edificio da rúa Progreso, (creo que propiedade da familia Ferrer, onde despois se instalou o seu negocio de tecidos), abrísese a primeira sucursal ourensá do banco de España, baixo a dirección de Don Domingo Villamil y Cueto, auxiliado no seu traballo, por Don Juan Irigoyen (Caixeiro), Don Juan Gómez Domingo (interventor), e Don Manuel García Sanfiz (secretario), a idea que se tiña, era de provisionalidade, considerábase Ourense unha praza de entidade suficiente, como para albergar unhas instalacións de "gran empaque".
Sexa como for, a provisionalidade, mantívose durante 44 anos ao longo dos cales os diferentes directores que pasaron pola entidade esforzáronse en conseguir as novas instalacións, (cabe destacar as actuacións de Don Tomas Villanueva, quen deu o pulo definitivo ás xestións), o tres de Agosto de 1930, e coa presenza do nuncio da súa santidade, (a quen unían lazos familiares ca cidade, e aproveitando a súa estancia na provincia a fin de inaugurar as reformas do Mosteiro de Osera convidouselle pra dar realce ao acto inaugural), Monseñor Tedeschini, inaugurou o edificio da entón rúa de Vicente Pérez.
Don Nicolás Domínguez Rey (director), exerceu de mestre de cerimonias, véndose acompañado de todas as altas xerarquías da cidade Gobernador Civil Don Eduardo Garrido, Alcalde Sr. Junquera, Bispo Dr. Cerviño, Presidente da deputación Don Juan Taboada, Gobernador Militar (interino) Tenente Coronel Don Luís Guach, e a practica totalidade de personalidades da cidade.
Deran comezo as obras en xaneiro de 1929, baixo a supervisión dos arquitectos señores Don José Yarnoz e Don Juan de Zabala, autores do proxecto; a construción encargouse aos señores Erroz e San Martín (navarros), o mobiliario e traballo de carpintería, foi obra dos Ourensáns irmáns Rodríguez, (quenes foron requiridos o día da inauguración, para ser felicitados por tan magnifico traballo).
scendeu o orzamento final á cantidade 1.195.669,25 Pts. (7186€), póñovos ata os céntimos, porque tratándose dun banco, o arqueo xa se sabe, ten que cadrar.
Por non alargar mais a entrada, outro día falareivos do lunch e comida posterior, algo moi a destacar, segundo dedúcese da lectura da prensa da época.
Por certo, comentarvos que a prensa local naqueles anos, era un pouco mais variada que a actual, recolleron a noticia que eu saiba, os diarios locais, "La Región", "La Zarpa", "Heraldo Orensano", e "Galicia" , amen da reseña do rexional "Vida Gallega", o cal publicou unha fotografía de Ksado, que noutra entrada mostrareivos.
A imaxe de hoxe foi publicada en "La Zarpa".

No hay comentarios: