Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

28/2/10

Algún ainda está.

Caeu a Ibense, o un deste mes (ano 2010), e pra mín dende logo foi unha desgraza.
O caso e que mentras estan ahi, non lle das importancia, pensas que estaba, esta e estara sempre o teu servizo; unha tardiña, chegas tomar o teu xeado (non vou decir sabores, que xa sei que non hai acordo, bo.... o de mantecado sempre tivo mais sona, pero o de turrón, e segun alguns o exotico de Tutti Fruti, para ahí, que xa tes estas a lanzar.), e atopas a porta pechada.
Liin estes días articulos tocando o tema, e facendo unha relación dos enterros que sufrimos nos últimos tempos, "Ramos", "El Cortijo", etc.
O que non liin, foi nada dos que ainda quedan, que eu saiba, non son pazos de exquisiteces, pero son locais co encanto do añejo, onde se respira profesionalidade e bo trato, como senon ian sobrevivir tantos anos.
Algun mais aparecera por eiqui, pero polo de agora, lembrovos estes dous, o da arriba a Armeria do Marcial, leva a lo menos tres xeneracions as costas, o anuncio que vos poño, saiu no periodico "La Zarpa", ala polo ano 1930, xa choveu.
(non ten nada que ver que sexa o primeiro en aparecer, a amistad que lle teño os Feijoo, ainda que de paso quero agradecerlle a colaboración que desde os comezos tiveron con este blog.)
O de abaixo a Reloxeria "El Cronometro", debe ser dunha quinta cercana, non teño datos de cando deu comezo a sua andadura, pero da epoca debe ser, o que e unha pena pra mín, e que non teñan a venda xa ningun dos aparellos de radio que anunciaban daquelas, supoño que tamen terian os Gramofonos desa afamada casa "La Voz de su amo".
(por certo se algun dos interesados o alguen que teña datos, quere aportarmos, encantado os publicarei, entre todos poderiamos facer unha pequena historia dos negocios da cidade, algun xa non esta aberto, pero quedan moitos descendentes entre nos que poderian dar datos.)

27/2/10

Caderniños de Historia 4 (Miguel Ángel González García)

Remata hoxe o primeiro libriño que vos vou mostrar da coleccion que Don Miguel Ángel Gonzalez García esta a facer, ainda que el chamalle historias menores, veredes que moitas das veces o interese que ten a obra xustificaria, un estudo mais amplo.
7.- 1865 agosto 4 Reloj
"Reconocidos algunos reparos en el reloj de la ciudad*, resolvió esta Corporación municipal, atenderlos y al efecto se formo el presupuesto de que acompaño copia para que ese venerable Cabildo se sirva reconocer las obras que habrán de hacerse y manifestarme con oportunidad las observaciones que su ilustración le sugiera y considere oportunas para mayor perfección de la obra".

Se adjunta el siguiente
" Presupuesto de los reparos necesarios en el reloj de la Ciudad.
Hacer cinco ruedas y un piñón que son indispensables para la cuadratura, su correspondiente árbol de comunicación, con sus dos poleas de juego de nuez, como igualmente una chapa de hierro para colocar la cuadratura. Hacer otra rueda nueva de hierro para remontar la cuerda con su piñón, cigueña y armazón.
Mudar el registro a la varilla de la péndola. Hacer un piso de madera de castaño seca y bien construido. Hacer una caja que cubra la maquinaria con sus vidrieras para conservación y aseo de la misma. Bajar el reloj al primer cuerpo de la torre, rebajar en el interior del cubo de esta el hueco para que la péndola pueda oscilar con libertad y los mas reparos imprevistos que se ocurran".
*Se entiende esta comunicación por estar el reloj de la ciudad instalado en la catedral en la llamada torre del reloj en la que hoy modernizado pervive.
Non quero opinar da fiabilidade do reloxo, antes das reparacions, a luz da lectura do que precisaba, moi ben non andarian de hora os nosos paisanos.
8.- 1865 agosto 5. Listas electorales
" Ruego a V.S. que a la mayor brevedad se sirva remitirme una relación de los individuos que componen ese Cabildo Catedral, con expresión de la habitación a fin de incluirles en la nota para rectificación de listas electorales, según lo dispuesto en el artículo 19 nº 2º de la Ley de 18 de julio último".

9.- 1866 marzo 15. San Lázaro.
"Necesitando para la función de San Lázaro un terno morado por no haberlo en la parroquial de Santo Domingo, ruego a V.O se sirva acordar se me facilite, así como dos bandejas de plata para la mesa del petitorio"
(Al margén: Administrador del Santuario de San Lazaro por el Ayuntamiento Constitucional de Orense. Ramón Vila. Y Contéstese que concedido y que se entiendan con el Sr. Fabriquero.)

10.- 1866 julio 9. Listas electorales
De nuevo se solicita la lista del Cabildo con el segundo apellido y domicilio.

11.- 1868 julio 2. Listas electorales.
Otra petición similar a la anterior.

12.- 1868 agosto 11. Programa de Fiesta de San Roque.
"Remito a vuestra Señoria diez y seis programas de los festejos de San Roque por si gusta tener conocimiento de los mismos y mandarles repartir entre los señores que componen ese Venerable Cabildo".

26/2/10

O Fielato?

Dende fai tempo, intento confirmar, se isto que aquí vos ensino, era un dos antigos "fielatos" que tiñamos na cidade.
Resulta que algún dos meus colaboradores, afírmao, e outros o negan, (teremos que recibir máis opinións, para alcanzar o consenso); o problema radica, en que segundo a quen lle preguntes pódeche dar estas tres opcións, (e o estraño é que non o teñan claro, os fielatos desapareceron como tal, nos últimos cincuenta, principios dos sesenta):
- Eran como o da fotografía; ese era o máis grande, e os outros tiñan un só corpo.
- Eran de madeira e tiñan o teito con algo similar á uralita.
- Eran igual que a opción anterior, pero pintados de gris, (xa verás como se confunden co uniforme da policía nacional, que tivo esas dúas cores).
O que se conseguimos, é situar algún destes "locais", que tamén se chamaban "estacións sanitarias", (seria por aquilo de controlar que o porquiño non viñese coxo, ou as leitugas non trouxesen carne no seu interior), na entrada da ponte de Marcelo Macías, onde hoxe está o edificio de telefónica, estaba o que controlaba os produtos vindos da zona de Celanova, Bande, e demais vilas; no cruzamento da rúa Coruña con Bonhome, comentan a existencia doutro, un terceiro, na esquina de Celso Emilio Ferreiro coa Avda. De Bos aires, e á marxe da posible existencia dalgún máis, (que comentarios existen), este que se ve na imaxe, situado no comezo da rúa Progreso pola zona da ponte vella, o carón do taller de bicicletas e motos do *Canalla, onde hoxe esta Mapfre, que ainda non fai moito estaba en pe, (somentes unha das duas estruturas).
Outra posible opción que se me ocorre, é que todos teñan razón, e non estivese unificado o seu deseño, sería lóxico pensar que cada un acórdese mellor, do fielato que vía de cotio.
Agardo mails aclaratorios.
*Correción feita polo amigo Ricardo Blanco, quen tamén apunta a existencia doutro Fielato, onde agora esta a Casa da Xuventude
Pra os que pola idade ou calquera outra circunstancia non lembren que eran os fielatos, eiqui vos deivo o enderezo da wikipedia, onde podedes ampliar coñecementos.

25/2/10

Ana Iglesias

Supoño que nos vos resultara complicado en exceso, advertir que a fotografia de hoxe, non e moi antiga que digamos, de feito penso que foi obtida nos últimos meses, ainda así penso que paga a pena que vola enseñe.
Tratase dun dos traballos, que a amiga Ana Iglesias, de cando en vez deixa que vexamos; Ourense foi escola de artistas da fotografía, caseque dende os comezos deste arte, e hoxe en día continuan a xurdir artistas que manteñen a tradicción, xa non vos falo dos que teñen os seus estudios, senon, dos que por afección, e aproveitando as novas tecnoloxias, fan maravillas como estas.
Noutra entrada e se mo permite, ensinareivos unha das panoramicas que fai o amigo Lisardo Mazaira.

24/2/10

O paseo en festas

Non sei a data exacta, pero aproximo a finais dos sesenta, comezos dos setenta, esta fotografía supoño que os da miña quinta, traeralle recordos da sua infancia, fixadevos, que estaban axeitando o local da camiseria "Aser", menos mal que o abriron, senon onde ian mercar moitos dos rapaces da cidade os jerseys "Pulligan", e os pantalons "Wrangler", pra complementar as "Adidas" que lucian nos pes; agora que estamos, gustariame que algun de vos tentara explicarme, por que o "Pulligan" (das primeiras prendas unisex), as rapazas levavano atado o redor da cintura, e os rapazes o redor do pescozo, raro era que algun o levara posto coma un jersey que era; bo sigamos ca rúa, e vemos tamén o cartel dos calzados "Layton", e o comercio de "Peñamor", todos eles comercios de referencia pra unha e si me apuras duas xeneracions.
Ahi tedes tamen o edificio da sala Auria, ca sua verde e brillante cupula, e o mais significativo da imaxen, como non podia ser doutro xeito, as "Majoretes" (majorettes), as que entre outras cousas temos que agradecerlle, que lle facilitaran os nosos mayores a ampliacion de coñecemento, como senon iase saber en Ourense que existia un pobo ala na Francia que se chamaba Montpellier, onde as rapazas andaban a cotio ca falda "arremangada".
Lembro as festas daqueles anos, ou millor dito as batallas de frores daqueles anos, mais concurridas do habitual, tamen as facianas dos pais, cando as suas donas lle preguntaban se viran como voaban as varas da directora do grupo, e eles nin sabian do que lles falaban, xa que estiveran moi preocupados, por si se lles veia o "culotte", as señoritas, (que mal o pasaban os "probes").

23/2/10

A estación de Canedo no final

Protéstome estes días un dos lectores, dicindo que facia tempo que no blog non aparecían fotografías de rúas, e podo asegurarlle, que é froito da casualidade, ou mais ben, a lóxica consecuencia de que cando tocas un tema, normalmente unha entrada quedase curta, polo cal xa elaboras dúas ou tres.
De todolos xeitos, e para compracer ao amigo Ricardo, emendarei o fallo, e modificarei a orde das entradas programadas.
Hoxe podedes ver esta fotografía pouco difundida do Sr. Pacheco, na que podedes ver o estado da que era estación de Canedo, xusto cando foi desmantelada, por deixar paso á nova do Empalme, aproximadamente seria o ano 1952 ou 1953.
Neses terreos que vedes aínda coas marcas das travesas do ferrocarril, edificouse despois o complexo escolar da ponte, o parque, e os viarios que hoxe temos.

22/2/10

O Banco de España

Fálase estes días con moita frecuencia do edificio do Banco de España en Ourense, parece ser que por fin albiscase unha solución ao seu futuro, e dende o meu punto de vista, satisfactoria para os cidadáns deste noso Ourense; á espera de solucionar uns flocos de "pagala ti ou, pago eu", que esperemos teñan unha pronta resolución, dende este blog imos intentar recordar como foi o nacemento deste hoxe, emblemático edificio.
Desde que no ano 1886, nos baixos dun edificio da rúa Progreso, (creo que propiedade da familia Ferrer, onde despois se instalou o seu negocio de tecidos), abrísese a primeira sucursal ourensá do banco de España, baixo a dirección de Don Domingo Villamil y Cueto, auxiliado no seu traballo, por Don Juan Irigoyen (Caixeiro), Don Juan Gómez Domingo (interventor), e Don Manuel García Sanfiz (secretario), a idea que se tiña, era de provisionalidade, considerábase Ourense unha praza de entidade suficiente, como para albergar unhas instalacións de "gran empaque".
Sexa como for, a provisionalidade, mantívose durante 44 anos ao longo dos cales os diferentes directores que pasaron pola entidade esforzáronse en conseguir as novas instalacións, (cabe destacar as actuacións de Don Tomas Villanueva, quen deu o pulo definitivo ás xestións), o tres de Agosto de 1930, e coa presenza do nuncio da súa santidade, (a quen unían lazos familiares ca cidade, e aproveitando a súa estancia na provincia a fin de inaugurar as reformas do Mosteiro de Osera convidouselle pra dar realce ao acto inaugural), Monseñor Tedeschini, inaugurou o edificio da entón rúa de Vicente Pérez.
Don Nicolás Domínguez Rey (director), exerceu de mestre de cerimonias, véndose acompañado de todas as altas xerarquías da cidade Gobernador Civil Don Eduardo Garrido, Alcalde Sr. Junquera, Bispo Dr. Cerviño, Presidente da deputación Don Juan Taboada, Gobernador Militar (interino) Tenente Coronel Don Luís Guach, e a practica totalidade de personalidades da cidade.
Deran comezo as obras en xaneiro de 1929, baixo a supervisión dos arquitectos señores Don José Yarnoz e Don Juan de Zabala, autores do proxecto; a construción encargouse aos señores Erroz e San Martín (navarros), o mobiliario e traballo de carpintería, foi obra dos Ourensáns irmáns Rodríguez, (quenes foron requiridos o día da inauguración, para ser felicitados por tan magnifico traballo).
scendeu o orzamento final á cantidade 1.195.669,25 Pts. (7186€), póñovos ata os céntimos, porque tratándose dun banco, o arqueo xa se sabe, ten que cadrar.
Por non alargar mais a entrada, outro día falareivos do lunch e comida posterior, algo moi a destacar, segundo dedúcese da lectura da prensa da época.
Por certo, comentarvos que a prensa local naqueles anos, era un pouco mais variada que a actual, recolleron a noticia que eu saiba, os diarios locais, "La Región", "La Zarpa", "Heraldo Orensano", e "Galicia" , amen da reseña do rexional "Vida Gallega", o cal publicou unha fotografía de Ksado, que noutra entrada mostrareivos.
A imaxe de hoxe foi publicada en "La Zarpa".

21/2/10

A Musa d´as aldeas (Valentin Lamas Carvajal)

Como case todo-los domingos, traivos unha nova suxerencia de lectura.
Nesta ocasion, tratase de unha das obras poeticas de don Valentín, publicouse no ano 1898, e a imprenta foi a do xornal, do que el era o director (un deles, xa que como sabedes, tamén diruxiu o Heraldo Gallego, e o Tio Marcos da Portela), "El Eco de Orense".
Xunto co libro "Saudades Gallegas" publicado dez anos antes, comprende toda a producción poetica de Don Valentín.

20/2/10

Caderniños de Historia 3 (Miguel Ángel González García)

Penultima entrada sobre este caderniño de Don Miguel Ángel González García, que nos fala da correspondencia entre o concello e o Cabildo na primeira lembran as funcions de tinieblas, que pra ser sincero non sei se siguen a celebrarse, pero de seguro que este ano voume enterar, e se siguen a celebrarse veredesme alí.
5.- 1865 abril 12 . Tinieblas

"Conforme a los deseos de ese Venerable Cabildo Catedral, significados en su atenta de esta fecha doy las debidas órdenes a la Guardia municipal para que procure el mayor orden en la concurrencia a las funciones de tinieblas*"
Wikipedia
Al apagarse las luces era momento aprovechado para armar toda clase de alborotos por lo que se explica la petición de ayuda del Cabildo a la que accede el Ayuntamiento.

6. 1865 junio 12 Corpus.

19/2/10

Luis Fabrega Coello

Na entrada do luns, xa vos comentaba que hoxe vos daría a resposta, á pregunta que alí se expuña.
O segundo cabaleiro, sentado pola esquerda, é un xovenciño Don Luís Fabrega Coello.
As pistas que vos dei, para algúns de vós foron suficientes, pero dende logo, non para todos. Non vos vou a dar a explicación de todas, xa que estou á espera de que o neto de don Luís, teña un oco e envieme unha breve entrada falando sobre el; por se ten intención de contar eses dous simpáticos detalles, non llos vou pisar.
Explicareivos soamente a última das pistas, que nalgún libro xa saíu, e forma parte da historia da nosa "Caixa de Aforros Provincial de Orense", (Caixa Ourense), hoxe Caixanova.
Cando no ano 1933, un grupo de Ourensáns, entre os que se atopaba don Luís Fabrega (ante a acuciante necesidade de crear unha entidade de aforro, que permitise dar impulso, á iniciativa local, aproveitando o aforro de todos os cidadáns); logo de vencer todos os problemas que se lle expuñan, creou a C.A.P.O.
Os primeiros anos loxicamente foron difíciles, e para os empregados (2?), ata un pouco tedioso, é por iso, que don Luís todas as mañás, achegábase á oficina, (se non me equivoco situada naqueles intres no edificio da actual deputación), a realizar un ingreso, non lle sei cantidade exacta que ingresaría, pero fora cal fora, o caixeiro agradeceríao, polo menos nunca pechaban o arqueo sen movementos.
Un día destes intentarei facer unha entrada máis detallada da nosa Caixa, de momento contentarvos con esta anécdota, e gozade da imaxe que adorna a entrada; non sei se vos destes conta, pero tratase duns dos retratos do mestre "Taxes", Juan Fernández Xesta.

18/2/10

Don Basilio e o photo shop

Xa nalgunha ocasión, mostreivos, o arte de don José Pacheco, pra compoñer imaxes, sen poder utilizar o tan traido hoxe en día Photo Shop.
Nesta ocasión e pra que vexades que era algo bastante mais habitual do que semella, enseñovos esta composicion que fixo o alumno de Don José, Don Luis Casado, (que polo que teño entendido no 1914, ainda firmaba así; non mudara polo "Ksado"; por outra parte, transformación do nome moi actual, pra que a nosa xuventude non presuma tanto de orixinalidade), ca colaboración do señor Xesta, non sei cal foi a mision de cada un deles no traballo, pero a firma e dos dous.
Falando da imaxen, direivos que tratase dun mitín de Don Basilio Alvarez, organizado pola "Sección Gallega", organo do Movemento Agrario, non podo confirmalo, pero seica foi no Carballiño , durante o mes de xaneiro do ano 1914. Firman o traballo Casado y Xesta
A fotografía publicouse na revista Nuevo Mundo (Madrid), no seu numero 1045, do 15 de xaneiro do 1914. E se vos fixades nela o millor coincidides conmigo, en que o montaxe de Photo Shop, puidera ser necesario, pola non realizacion real da instantanea; ou moito me equivoco, ou a imaxe, ten demasiada luz pra ser desas datas, e Don Basilio desa guisa penso que xa o vin noutra fotografía, por certo non vos recorda o xesto de don Ramón, nas suas conferencias, o que mostra Don Basilio.
Se algun de vos animase a escribir unhas letras falando deste gran home, eu poñolle as fotografías, que algunha mais teño de don Basilio.
Por certo, acabome de decatar, que estes días anduvo o señor Ksado duas veces polo blogue, pois o señor Xesta non e menos, e tamén aparecera maña, (casualidades de certo).

17/2/10

No Padre Feijoo, vai ser que non

Non vos preocupedes, que non vai ser habitual, repetir fotografías no blogue, pero nesta ocasión esta xustificado de sobra.
Esoutro día o titulo xa era una pregunta, No Padre Feijoo?, e segun vos, (e teño que darvos a razón), vai ser, que non.
O caso e que alí non e, pero ainda non sabemos onde foi sacada a fotografía.
Durante catro días estiven a recibir mails, aportando ideas, e sinceramente, como sempre, dez ollos ven millor que dous. Algunha das suxerencias, voume permitir a licencia de non comentalas, (xa lles expliquei por mail os que mas enviachedes, as razons que facian imposible esas ubicacions), pero unhas cantas teñen posiblidades reais de ser acertadas, eiqui as tedes:
Trasera do Hospital de San Roque, (as casas serian as antigas da rúa Parada Justel).
Atrio da Igrexia da Trinidade, (na zona da rúa Padre Feijoo)
Nas Mercedes, (duas opcions), o carón da Igrexia das Escravas, ou diante da zona da recaudación (hoxe Fortuny).
Na Praza do Trigo o carón da Fonte Nova.
Tamén apuntaron outra opción, pero non me gustaria que fora a valida, xa que significaria que seria algo dificil de localizar de non ser por unha casualidade, poñovola pra ser honesto co amigo que fixo o apunte.
Nun patio interior dunha das moitas casas señoriales que habia na cidade.
Sexa cal fora, opinade que tedes moi bo ollo
Ourensenotempo@hotmail.com

16/2/10

O Trangallán II

Non pode rematar o Entroido, sen ter no blogue a visita deste Rey da festa.
Falar de Entroido en Ourense, non sei a vos, pero a mín sempre me fai pensar nunha cachucha de porco, o millor dito "careta", cunhas gafas de sol de moito colorido, (non podo asegurar se todolos anos puña os lentes).
Moitos xa vos decatariades, de que falo. No seu negocio Don Manuel Losada, "O Trangallan", tiña esa orixinal decoración, e queras que non, sempre chamaba a atención.
Non sei se tera pensado disfrazarse este ano, supoño e espero que si, de feito esoutro día andaba pola praza Maior de paseo entre os postos de vello; andaria na busca de algun complemento pra o seu disfraz?, quizas un gorro do exercito aleman, pra ir de Hitler, non, que deso xa foi; quizas uns bigotes de león, pra ir de león da Metro, non, que deso tamén foi; realmente que mais ten, "O Trangallan" e os seus disfraces, e coma a muller de cada un, con calquera cousiña que se poña, sempre vai "mona".

Este ano, non quero deixar que remate a festa, sen ter unha agarimosa lembranza dun amigo, que vivia estas festas con grandes dosis de humor, Paco do Anduriña, quen ano tras ano o luns do entroido, transformabase nunha señora con moito estilo, tanto que mais dunha vez tivo que espantar algun despistado moscón, pasmado cas suas longas pernas, ou algun bobalicon embelesado ca sua delanteira. Estes onde estes, unha aperta dos teus amigos, que tantas veces rimos contigo.

15/2/10

Seguimos de entroido

Xa que este entroido andan polo blog Ksado e Xaime Pacheco, penso que e de xustiza que o mestre faga tamén a sua aparición, eiqui tedes una foto de don José Pacheco, e como fai tempo que non vos fago traballar, aproveitarei a ocasión.
Entre estes cabaleiros esta localizado e identificado un deles, a pesares do disfraz e da idade; pois ben, o asunto e ver se algún de vos e capaz de identificalo; pra que sexa un pouquiño mais sinxelo, dareivos uns datos:
Dicen que un dia saiu o balcón da sua casa a "queimar" un explendido veguero.
Levantou un negocio somentes con dar a "luz".
Home ahorrador e precavido, un tempo ingresaba 5 pesos a diario.
Os que sexan quen de decir de que home falo, que manden un mail, e convidoos a un chicharrón no Dous Portas dos viños, so seran validas as respostas recibidas antes do venres 19, no que vos direi de quen se trataba.
Non poden participar, nin quen teña longas barbas, nin parentes de boticarios.

14/2/10

Documento Z-3

Como non toda a xente, disfruta co Entroido, eiqui tedes outra opción, pra pasar este domingo.
No Teatro Losada o ano 1942, estreaban esta cinta de Producción e dirección italiana, con presencia do actor madrileño, Luis Hurtado.
Se non vos apetece sair da casa, que o frio e moito, sempre queda a opción de coller un bo libro e pasar a tarde o quente.

13/2/10

Caderniños de Historia 2 (Miguel Ángel González García)

Segunda entrega deste caderniño, no que don Miguel Ángel González García, continua a presentar, misivas do Ayuntamiento o Cabildo.
2.- 1855 julio 17. Aniversario Alzamiento Nacional
"Habiendose acordado que en celebridad del aniversario del Alzamiento Nacional que tuvo efecto en el año último, haya iluminación de 9 a 11 de esta noche con repique general de Campanas a cuyo fin se publica bando, tengo el honor de ponerlo en conocimiento de V.S.I. para que por su parte se disponga lo conveniente al objeto indicado".

non confundir co Alzamento de xullo do 1936, nesta ocasión referianse o alzamento que deu paso o Bienio Liberal (1854-56)

3.- 1855 julio 17. Bendición de Bandera.
"debiendo tener efecto el día 18 del corriente la bendición de la bandera del Batallón de M(ilicias) N(acionales) de esta Capital, el Ayuntamiento en unión con los Señores jefes, oficiales y demas individuos de la misma, tienen el honor de invitar a V.S. por si gusta asistir al referido acto, que se celebrara con la solemnidad debida en esa Santa Iglesia Catedral a la hora de 10 y media de la mañana dicho día".
4.- 1864 julio 13. Listas electorales.
"Debiendo figurar en las listas electorales de Ayuntamientos, en cuya rectificación me ocupo, todos los individuos que componen el venerable Cabildo Catedral, ruego a V.S. se sirva remitirme una lista de los mismos si es posible con la expresión de los segundos apellidos y casa en que habitan".

12/2/10

O entroido de Xaime Pacheco

Hoxe a visita e de Don Xaime de Sousa Guedes Pacheco, un dos referentes da fotografía en Galicia. Como deciamos onte, os seus primeiros pasos no mundo da fotografía, foron da man do seu irman José Pacheco (os apelidos eran os mesmos loxicamente, pero Don José, non adoitaba emplealos), e o seu primeiro traballo foi nese estudio da rúa do Alba, nos seus últimos tempos na cidade independizouse e fixo parella con outro dos grandes, Don Xosé Gil, pero eso xa e outra historia.
O que hoxe nos ocupa, son as suas suxerencias pra o entroido, e eiqui as tedes.
Como podedes observar, ese ano 1923 (que xa estaba instalado en Vigo, co seu estudio), Don Xaime propuña disfraces de tematica clasica no entroido, os traxes rexionais, como o de holandesa, que aparece en duas das imaxes, o españolisimo e sempre elegante (e socorrido) mantón, e xa un pouquiño mais elaborado a dama da corte, ca sua espectacular peluca.
Agora sodes vos os que tedes que decidir cal e a vosa suxerencia, ou millor, saide o fin de seman a rúa vestidos con ela, sen preguntar a ninguen, poñades o que poñades enriba, o seu e pasalo ben.
Gozade do Entroido.
(Alcohol pouco, grazas).

11/2/10

O entroido de Ksado

Avecíñanse días de diversión, nesta cidade con tradición do Entroido. Para colaborar na difícil decisión, de cal vai ser a personalidade a representar estes días, hoxe e mañá, recibimos no blog a visita de dous fotógrafos destacados do panorama galego.

Varios son os puntos en común destes dous magníficos profesionais do fol e o obxectivo, pero o que máis os une a esta cidade, é o da súa aprendizaxe; os dous, Ksado e mais Xaime Pacheco, foron alumnos avantaxados do noso José Pacheco, no seu estudo da rúa do Alba (Cardeal Quiroga).

Comezamos coas suxestións de Don Luís Ksado, quen no seu estudo de Vigo (o principal tívoo en Santiago, pero durante unha época mantivo os dous abertos), facia estas preciosas fotografías no ano 1923.

Na fotografía superior tedes un imaxinativo violoncelo, ou será un contrabaixo?, bo o que se é certo, é que traballo se lle deu ao cabaleiro confeccionar o seu disfrace.

E nas outras podedes tomar exemplo deste cabaleiro de graza, (posiblemente o traxe xa o tivese en casa; o seu proxenitor, seguro que aínda utilizaba un parecido en máis dunha ocasión), e esta gitanilla sandungueira que aínda hoxe segue de moda.

10/2/10

“Marcelo Macías y Manuel Murguía en procesión cívica” (Federico Román Alonso)

Grazas ás vosas colaboracións, é posible manter este blog; ao mesmo tempo, considero que lle achegades unha calidade que eu non sería capaz de darlle.
A maioría enviádesme fantásticas imaxes, que agradezo moitísimo, e algúns (por desgraza, menos), axudádesme facilitándome xa o comentario da imaxe.
Nesta ocasión é de novo Don Federico Román Alonso, quen nos abre o seu álbum familiar, para mostrarnos unha fotografía histórica de Galicia.
El 14 de septiembre de 1911 fue tomada esta fotografía en Vivero, con motivo del centenario del nacimiento de Nicomedes Pastor Díaz. Encabezaban la comitiva: Marcelo Macías, que había sido invitado para pronunciar la oración fúnebre al día siguiente, fecha del aniversario, en la iglesia parroquial de Santiago, y Manuel Murguía, que presidiría la sesión de la Real Academia Gallega en dicha población. La procesión cívica, amenizada por la banda de Infantería de Marina de El Ferrol, terminaría con la dedicación y entrega de una placa enviada por los vivarienses que residían en Argentina. También se adhirió al acto, entre otras sociedades americanas, el Centro Gallego de La Habana.
Se puede apreciar la estampa tantas veces descrita de ambos polígrafos: Murguía con su chistera, y don Marcelo con el manteo elogiado por su discípulo Antonio Rey Soto:

Así extendía Cicerón la mano
y al torvo Catalina apostrofaba.
Con una voz como esa declamaba
sus broncíneos exámetros Lucano.

- No tuvo nunca el orador romano
la flamígera frase más esclava,
ni se cernió más alta, libre y brava,
la brava inspiración del vate hispano.-

Todo es latino en él: el grueso cuello,
el ancho cráneo, el híspido cabello,
la sutil majestad con que dialoga,

el recio gesto, la actitud erguida
y la enorme alegría de su vida …
¡Y hasta el manteo, que sobre él es toga!

Estos días los recordaría unos años más tarde Murguía, con motivo de un homenaje a Macías (20 de enero de 1917): “… No ha mucho, todavía, que hirió nuestro corazón y le oímos en Vivero con el mayor agradamiento, la oración que pronunció en honor de nuestro gran poeta y orador elocuentísimo, mi buen maestro el insigne Pastor Díaz, del cual habló D. Marcelo con el inmenso cariño que de este último esperábamos cuantos amamos la memoria de aquel grande hombre, a quien ensalzó como debía el sacerdote confundiendo en un todo, su amor hacía el poeta y hacia la tierra en que éste había nacido…”.

Muchisimas gracias a Don Federico por su colaboración.

9/2/10

No Padre Feijoo?

Envioume fai días, Don Francisco Mendez, esta fermosa fotografía do seu albúm familiar; algunha das damas, pertenece a sua familia e a imaxen obtivose nos comezos do seculo XX.
A datación, e a que se convirte pra mín nun problemiña; se a imaxén corresponde a cidade de Ourense, como se supon, o unico lugar que se me ocurre poidera encaixar co que vexo, e os Xardins do Padre Feijoo; evidente parece que o edificio que se ve detras das damas, non e o edificio da Banca Simeón, hoxe centro cultural da Deputación, e sabemos que ese edificio data do 1897, co cal se fora posible datar a instantanea nos arredores do ano 1895, cadraria todo, de non ser así haberia que buscar outra ubicación.
Mentras don Francisco fai as suas averiguacions, se algun de vos pode aportar algún dato, seria de agradecer.

8/2/10

O caserón de Don Juan Igneson

Outro erro mais que anotar na miña conta, pero nesta ocasión dous amigos (Don Francisco Espino Domarco, e Don Manuel Ángel García Yanes); que son quenes me sacaron do erro, dinme que debo ser benevolente, conmigo mesmo, xa que o erro moitos profesionais, tamén o tiveron. Dito isto no meu descargo, existe un dato que me leva a darlles a razón, eu non tiven naquel momento acceso ao debuxo de forma física, co cal non puiden ler a clara explicación que Don Atico daba do tema na traseira da lamina.

Imos o tema, o debuxo, non mostra a casa do Concello na Praza Maior, senon o Caserón de Don Juan Igneson, que estaba aproximadamente onde hoxe esta a cafeteria "La Coruñesa", durante unhos anos e evidente que foi utilizada polo Concello, pra diversos usos, como conta Don Atico, foi colexio público, tivo capela, e cementerio, etc.
Lembrovos que cando quiso abrirse a rúa do Paseo, foi preciso mercar a propiedade de Don Juan Igneson, que penso que chegaba dende a esquina da Fonte do Rei, ata onde hoxe esta a Casa dos Lentes.

Eiqui tedes o enlace ca entrada anterior, e así podedes ver o erro cometido.

7/2/10

¡Pobre Xan da Coba!

Os que seguides o blog, xa sabedes do meu interes, por averiguar datos deste Ourensano, que dende logo non deixaba indiferentes os seus paisanos.
Na primeira entrada que fixen falando del (xunio do 2008), xa o titulo indicaba, que non estaba claro, a que aterse falando das ideas do home, "Xenio ou tolo".
Nas miñas pesquisas, teño atopado poucos datos; na maioria das ocasions, son simples comentarios de pasada, sen afondar no tema; pero hoxe traivos os comentarios escritos por Don Ramón Varela no 1951 (avogado, e presidente do Liceo).
"Como dato jocoso hay que señalar la entrega para nuestra Biblioteca de varias obras SEUDO-LITERARIAS escritas por D. Juan de la Coba "autor de muchas obras y autor de muchas más ocultas por infames envidiosos", según rezan las letras de molde de sus producciones.
¡Pobre Xan da Coba!
Vivia de su trastornado ingenio, plasmado en "El Gracioso", del que se titulaba Director, Redactor, y único Repartidor. El Liceo solía socorrerle con alguna dádiva.
Habia pertenecido al RECREO como uno de sus primeros socios en el tiempo.
- Actas de 9 de junio del (18)51, 2 de Noviembre de (18)92, 31 de Julio del (18)95 y otras - ¡Dejemos en paz su memoria!"
(Posio Artes y letras 1952)
Sen entrar no tema de se moitas das suas ideas eran estrafalarias, noutra entrada veremos outra opinión contraria a que hoxe da, Don Ramón Varela, quen por certo, coincide co meu admirado Don Ramón Otero, quen procuraba non falar del, e cando o facía era chamándolle "toliño".

6/2/10

Caderniños de Historia 1 (Miguel Ángel González García)

Cumprindo coa miña palabra, eiquí tráiovos a primeira entrega sabatina, dos traballos de don Miguel Ángel González García. Aínda que, de forma habitual, procurarei mostrarvos o artigo integro, tal e como o publicou o autor, en ocasións como a de hoxe permitireime a licenza, de dividilo en varias entradas.
"1. 1854, diciembre 29 Inauguración del Hospicio de Isabel II

El Ayuntamiento remite al Cabildo la esquela de convite por la inauguración del Hospicio de Isabel II, pidiendo que al margén de todos y cada uno de los Capitulares asistan particularmente, se nombre una Comisión en representación del Cabildo".
Nese momento, era bispo da cidade, Don Luis de la Lastra y Cuesta, quen con gallo da inauguración, organizou unha suscripción voluntaria entre os feligreses, a fin de colaborar o mantenimento do hospicio de Isabel II.
A miña dubida, e causa de facer esta entrada separada do resto do libriño, e solicitar axuda; non teño seguridade ao respecto de si o hospicio que se inauguraba, estaba ubicado, no antigo convento de San Domingos, que teria entrada pola "rúa do Hospicio" (Concordia), ou tratase doutro edificio; a indicación de que o acto relixioso celebrouse o carón do centro na Igrexa de Santa Eufemia la Real del Norte, faime pensar que esa e a resposta, pero por si es caso......

5/2/10

Entroido Ourensán

Estamos a piques de entrar de cheo no entroido, na provincia levan xa uns días, nalgún caso semanas cos prolegómenos, pero na cidade, como é habitual teremos un entroido mais enxebre, mais individual, menos organizado, pero desde sempre moi divertido.
A imaxe de hoxe, que forma parte do grupo que nos cedeu Don Pablo González, (do mesmo xeito que a de onte), é unha boa mostra desa personalidade do Entroido Ourensán.
"O Ceferino, baixou coa súa dona á feira; tíñalle prometido que polo seu aniversario, invitaríaa a un prato de polbo, de paso que vendían os grelos, e el, home de palabra, quixo cumprir; sabemos que ao final o conseguiu, pero non foi na feira onde se produciu o "condumio", un fallo do "schofer", fixo que terminasen saciando o seu apetito na rúa da gloria, (Arcediagos), na imaxe podedes ver a don Ceferino conducindo o seu vehículo pola rúa de Santo Domingo, rematado o convite".
Ide rematando os disfraces, que xa non queda nadiña; e si algun vai sair de Ceferino, que avise que eu vou de fotografo, e sacolle a instantanea.
Ocultei os rostros de todolos persoaxes, menos un, supoño que non me vai protestar, a sua fermosura e digna de ser mostrada sen retoques.

4/2/10

A feira nos Salesianos

O amigo Lisardo Mazaira, é desde logo un dos mellores colaboradores deste blog, xa non pola inxente cantidade de material propio que me facilitou, senón polas molestias que se toma, buscando as fotografías que teñen o seu círculo de amizades. Nos últimos días, o seu amigo Pablo González, prestoulle un bo número de imaxes, realmente interesantes.
A de hoxe por exemplo, coincidiredes comigo, en que aparte do valor testemuñal, ten gran interese como representación dunha escena costumista, non tan afastada no tempo, pero xa pouco recordada.
Os costumes dos cidadáns con respecto á feira, variaron debido a varios factores, o principal é que Ourense xa non é aquela capital de provincia dunha zona agrícola gandeira, que exercía de polo de atracción para todos os traballadores do campo.
Dende as primeiras feiras que se instalaban nos entorno da Praza Maior, pasando poucos anos despois á Magdalena, ata a localización actual; os postos da feira utilizaron outros dous espazos públicos o parque de San Lázaro, e este que vos mostro, á beira do Pavillón Deportivo, que é á marxe do actual, o máis recordado.
Aínda non fai moito lía un artigo no que un Ourensán facia memoria das súas adquisicions de chucherías e demais artigos necesarios na súa infancia, cando se atopaba de fronte á saída de Salesianos, con todo aquel bosque de postos.
Por poñer unha datación, a imaxe poderia ser do fin dos anos sesenta, ou comezos dos setenta.

3/2/10

Don Alvaro de las Casas

Volve visitar o blogue don Alvaro de las Casas, e a falta dunha fotografía, mostrovos unha caricatura, feita por don Pastor Fabrega Santamarina, no ano 1936.
Don Alvaro nesta ocasion, vaime perdoar pero realmente, estouno utilizando como escusa, pra presentarvos os traballos de caricaturista de Don Pastor, (xa apareceu nalgunha ocasión na sua faceta de fotografo, e si non lembro mal, xa vos prometín mostrarvos mais instantaneas feitas por el).
Don Pastor home polifacetico, durante unha etapa da sua vida, deciu inmortalizar o seu grupo de amigos, e verdaderamente fixoó dun xeito moi conseguido, caricaturizar sen excederse, non e tan doado como semella, e Don Pastor contou sempre ca aprobación dos seus caricaturizados, tanto e así, que según conta a sua familia, moitas destas obras andan desperdigadas pola cidade, nas casas dos sucesores dos retrados, xa que no seu día foron "requisadas", non pra agochalas, senon pra enmarcalas, e expolas nos domicilios ou despachos particulares.
En proximas entradas ensinareivos os poucos mais destes traballos de Don Pastor, e si algun dos propietarios dalgunha das que estan en mans particulares, quere facilitar unha copia, de seguro que o fillo do artista, e moita mais xente, estariamoslle agradecidos.
Xa que aproveitei o bo nome de Don Alvaro de las Casas, na entrada, facilitovos o enderezo da web da asociación que leva o seu nome. Visitadea, e de seguro que teredes unha visión mais exacta do perfil e obra deste gran escritor Ourensano.

2/2/10

Relojeria Alper

O dito "unha imaxen vale mais que mil palabras", penso que non ten discusión.
Falando en varias ocasions desta parte da Corredoria, perdón, rua de Santo Domingo, xurdiu sempre un punto de discrepancia, sinxelo de resolver, pero que ca imaxen queda totalmente aclarado.
Decianme algúns amigos, que a xoieria "Eligio", era no primeiro edificio, despois do que foi moitos anos pasadizo do edificio Viacambre. Penso que se pode ver perfectamente, que nese edificio habia una reloxeria, que poderia confundirse por eso, pero era a de nome ALPER; a de Don Eligio ainda hoxe activa, (noutra ubicación cercana), estaba no seguinte edificio, e mostrareivola proximamente.
Na fotografía feita no seu día por Reza, pra o Arquivo Historico, vemos o marxe da reloxeria, o baixo do lado, onde unha señorinha, tiña unha tenda de comestibles das que solucionaban moitos problemas os conveciños, xa que solia ter aberto fora das horas habituaís, (non era a unica na rúa), e o seu caron, o paso que se deixou pra acceder o edificio Viacambre, hoxe rematado totalmente, e reconvertido en galerias comerciais.
O da datación, por moito que algún se asombre, podemos falar dos setenta, o mesmo que finais ds oitenta, que pra disgusto de algúns, os anos non pasan, voan. (esto vai a conto, de que son moitos os que recordan esas tendas abertas, pero xa vai pra trinta anos que pechou alguna)

1/2/10

Os Graxos da Burga

Fai uns días, ensíneivos as casas que había na baixada das Burgas, e a miña cabeza púxose a esbarrar, cas lembranzas de "onte", (mais ou menos 35 anos atrás).
O caso é que como non me gusta facer entradas moi extensas, termínea, pero continuou o tema dando voltas na miña "testa". Nesas andaba, cando un cruzamento de ideas, trouxo ao meu pensamento, unha frase de Don Valentín Lamas Carvajal:
“Quedounos tamén os fillos de Ourense, que dito sexa sin anémo de gabarnos,
nin facemos como facían, nin pensamos como pensaban,
a condanada sona de graxos da Burga,
pola que somos lembrados e conecidos nas vilas e aldeas da nosa terriña,
sin xusticia e sin razón para elo, como se ve polo que deixo dito.”
Ao lembralas, díxenme: "eu fun un graxo dás burgas"; como dicía Don Valentín, nin fago como facían, nin penso como pensaban.
Tería ao redor de 13 ou 14 anos, o meu territorio, era a zona das Burgas, e unha tempada (creo recordar que todo un verán), tivemos o noso punto de referencia, e ata unha especie de cabana, "no punto medio dá Burga de Arriba e dá Burga de Abaixo", o meu "Casino", era na parte alta das escaleiras de "Calpurnia Abana", e os meus camaradas, non eran o "Mouron", "Pachete", "Portela", "Redes", "Carruxo", "Oso", nin o "Cancheiro", aínda que tamén tiñamos alcumes, que non procede recordar, eran Camilo, Manolo, Emilio, Afonso, Antonio, Aser, Juan, e algúns mais (que nós tampouco esixiamos patente, nin cota, nin certificado de boa conduta).
O caso é que sen sabelo, dalgún xeito estabamos revivindo unha historia que viña xa do ano 1834, no noso caso, tiñamos a fortuna de dispor de vestimenta para todos os do grupo, polo cal non tiñamos que cambiar a "muda", recordardes que os graxos, só tiñan tres mudas para compartir entre os sete, nin tiñamos que coller prestada comida, para non pasar fame; os nosos esforzos destinábanse a buscar novos sistemas de diversión, e realmente atopabámolos, algún día falareivos dos arcos de frechas, cos que conseguiamos lanzamentos de case 100 metros, ou as pistolas de pinzas, coas que conseguiamos ata acertar na diana, ou das carrilanas coas que maltratabamos os nosos tenros corpos, ( imaxinarvos tirarse por la rúa desengano, sen casco nin mais protección que a dun pantalón curto e unha camiseta, nunha táboa con catro rodamientos de bólas) , ou dos pin ball de gomas e cravos, etc.
Outro día seguirei.