Consejos y avisos

6/1/10

Os agasallos dos Magos

Non me podo queixar, os reis foron bos comigo, e desexo que tiverades a mesma sorte.
Para ser sincero, teño que recoñecer que o 2009, (os reis suponse que che traen os agasallos por ter "sido bo" o ano anterior), para min estivo infestado de agasallos, e síntome debedor de moitos "reis", Lisardo, Amador, Carmiña, Santiago, María, Ernesto, Francisco, Cándido, Pastor, Marcial, José, Lola, Norberto, Xosé Lois, Alfredo, Manuel, Reme, etc., son só algún dos nomes dos "reis" que durante este ano, honráronme cos seus agasallos, fotografías, libros, periódicos, e unha infinidade de artigos, que en gran medida, foron as armas que utilicei para poder facer as entradas do blog. De todo corazón quero agradecervos a todos, eses valiosísimos, para min, agasallos, e todas as mostras de apoio que vía mail, e en ocasións persoalmente recibín.
Como xusta correspondencia, durante este ano, tentarei seguir a mostrarvos, todas esas imaxes, e procurar (pero seguro que non o consigo), non ter erros nos meus comentarios.
Para empezar, aquí tedes un precioso agasallo que me enviou Don Francisco Méndez, (xunto con outras autenticas xoias que veredes en breve), trátase dunha comida de amigos, da que temos moi poucos datos, o artista fotógrafo, foi don José Gil, o que nos permite datala como anterior ao 1904, posterior ao 1890, o outro dato que temos é que un dos comensais, era o avó de don Francisco, Don José Méndez Novoa Miramón.
Cun pouco de sorte, poderiamos comezar o ano, recoñecendo a algún dos acompañantes de Don José, e aínda que resulte complicado o lugar onde tan ilustre concorrencia dispúñase a celebrar o banquete.
A outra imaxe é outra preciosidad, (e encima é do meu álbum familiar, pola rama de Ramonita), para vós supoño que terá interese pola antigüidade, ao redor de 1870, obtívose esta fotografía en Tuy Pontevedra, o que a converte (creo), nunha das primeiras fotos feita nesa fermosa poboación, (coméntanme que podería ser de Pedro Varela, pero ese detalle considéroo moi difícil de probar).
Mañá máis.

No hay comentarios: