Consejos y avisos

Este viernes dia 15 y hasta el dia 8 de enero comienza el periodo navideño en OurensenoTempo y Ovrense. Durante esos días al margen de alguna posible sorpresa, solamente tendréis las publicaciones en el diario La Región (los sábados) y el primer domingo de enero en el suplemento Gente Mayor, así como mi colaboración habitual en el especial Nochebuena.
A TODOS MIS AMIGOS Y LECTORES
FELIZ NAVIDAD

Mail ourensenotempo@hotmail.com

31/1/10

Un bo día para ir o cine

Co tempo que esta a a facer, unha boa opción para pasar a tarde, pode ser ir o cine.
No ano 41, estreabase no "Coliseo" Xesteira, este film. Non era precisamente unha obra de arte; o argumento ia dunha historia de amor durante a 2ª Guerra Mundial; segundo a critica, un pouco cursi, e almibarada; de todolos xeitos teño a case total seguridade que a sala rexistrou unha boa entrada, naquel ano, o Xesteira estaba botando a andar na cidade, co cal todo era noviño, e como sabedes as "distraucios", naqueles anos, non eran moi variadas, no inverno; fago a puntualización, porque no veran a escaseza era a mesma, pero podiase suplir a falta de "distraucios", co contacto ca natureza.

30/1/10

Caderniños de Historia 0

Non interpretedes que esta entrada, é simplemente a presentación doutro libro.
Realmente trátase da presentación dunha nova serie de entradas, que Don Miguel Ángel González García, (Cóengo arquiveiro da Catedral de Ourense, director do Museo da Catedral. Director do Arquivo Histórico Diocesano de Ourense, delegado Diocesano de Patrimonio, por citar só unha parte do seu curriculum), tivo a amabilidade de permitirme que vos mostre no meu blog.
Nos últimos anos, Don Miguel Ángel, desenvolveu un extraordinario traballo de investigación, centrado principalmente na historia da diocese Ourensá; achegounos, a esculturas, documentos, cadros, monumentos, etc., que sen a súa axuda, en moitas ocasións pasaríannos desapercibidas. A maioría deses traballos viron a luz en libros e revistas especializadas, o que dá boa mostra da súa calidade e rigor científico.
Traballando pra esas obras, é frecuente atopar detalles de interese, pero que debido á falta de tempo, ou a imposibilidade de atopar mais datos que permitan desenvolver o tema, quedan en pequenos opúsculos, (pequenos de tamaño), porque calidade téñena e sobrada. O caso e que o seu formato, fai limitada a sua difusión, e ainda que agardo que algún día o autor faranos o favor de xuntalos todos nun libro, polo de agora, vou aproveitar a oportunidade que me brinda, pra que o blogue teña un toque de calidade.
Pois ben, diso tratarán estas entradas; falaremos de temas varios, dende un inventario eclesiástico, ata correspondencia entre obispado e concello, pasando por breves incursións de personaxes, como o meu admirado Xan dá Coba.
Non quero estenderme mais, intentarei que os sábados (sabedes que ás veces me leo coa programación, pero procurareino), sexan os días en que podades ollar estas entradas.
Grazas a Don Miguel Ángel pola súa amabilidade.

29/1/10

Breve historia dos Maristas Ourense II

O Colexio desenvolveu satisfactoriamente a súa actividade, como se manifesta no artigo procedente do Arquivo Diocesano, que se refire a unha visita do Excmo. Sr. Bispo o ano 1914, os seis anos da sua fundación.
O labor que desenvolvían os Irmáns Maristas, coa colaboración do Sr. Bispo, axudou en gran medida a paliar o gran problema de analfabetismo que reinaba non só en Ourense, senón en toda España. Ao mesmo tempo as clases de Comercio, como llas denominaban, permitiron que as familias de comerciantes da cidade puidesen conseguir que os seus fillos adquirisen uns coñecementos moi necesarios para poder seguir desenvolvendo a actividade familiar; é moi larga a lista de alumnos que posteriormente estiveron á fronte deses negocios, e obtiveron un recoñecido prestixio.

No 1918 o Alcalde Saco e Arce obrígalles a abandoar o edificio, para utilizalo como Hospital por mor da peste Gripal que arrasaba a Europa e en gran medida á cidade desde o ano anterior 1917.
Trasladan as suas aulas, durante un ano ao edificio que entre os seus muros albergou mais institucións de ensino na cidade, comezou sendo a sede dos irmáns da Compañía de Jesús, converteuse en Seminario, despois compartiu esa función, coa de Instituto, volveu ser só sede do Seminario, e na actualidade, esta a realizar as funcións que no seu día estaban previstas para o edificio do actual Goberno Militar, "residencia e retiro de sacerdotes" (na rúa de Lamas Carvajal) (son casualidades da Historia).

28/1/10

A "estación" de Autobuses

Chegou un momento, no que a principal via da cidade, a estrada Vigo- Villacastín (rúa Progreso), non podia seguir utilizandose como o apeadero da cidade; durante moitos anos, as dilixencias primeiro, e os "carritos" despois, tiñan en Bispo Cesareo, a sua principal parada da cidade.
Pero o trafico comezaba a intensificarse, aquelo era de tolos, nunha das zonas mais concurridas de Ourense, a alameda, coincidian nas horas puntas, unha morea de xente, as leiteiras, a xente do rianxo, os que viñan arranxar papeis, os turistas, que xa empezaba haber algún, (que as Burgas sempre chamaron a atención), en fín, moitisima xente.
Eso non podia seguir así; tomouse enton a acertada decisión, de permitir que as administraccions dos coches de linea, instalaranse na rúa Doutor Fleming; ubicación moi axeitada, a sua cercania ca praza de Abastos, continuaba a ser de gran comodidade, pra todolos pequenos empresarios, que viñan cos cestos da sua mercancia, as leiteiras seguian a estar na zona onde mais reparto tiñan, e as Burgas ca sua quente auguiña purificadora, non estaba lonxe. Pra arranxar os papeis, viña moi ben, todolos organismos oficiais, despachos e oficiñas andaban polo contorno; e pra os turistas (poucos) que servianse dese medio de locomoción, tamén viñalles moi ben, que os Hoteis estaban pretiño.
A fotografia sen datar, pode corresponder perfectamente os últimos dos cuarenta, o autobus que tedes en primeira fila matriculouse en Lugo no ano 1929, asi que anterior non e.

27/1/10

Os alumnos da "Academia Villar"

Eiqui vos traio, outra das xoias, que me deixou Don Amador Rego.
Esta e unha das duas fotografías que teño dos alumnos da Academia dos "Irmáns Villar", e nas duas xa vos podo adiantar que o profesor sempre e Don Saturnino, (con ese dato se algún ten unha na que apareza Don Amador, fariame un gran favor deixandoma).
O caso e que, como en moitas ocasions, vouvos pedir un favor, e como xa imaxinades, e que intentedes identificar a algún dos retratados, a mín constame que a parte de Don Saturnino, anda por ahí tamén Don Segundo Alvarado, pero non sei de ningún mais.
Se recoñecedes algún, tedes o meu mail por ahí.

26/1/10

Rúa da Burga

Sei que esta entrada a máis dun puidésevos resultar estraña, pero ser, é así. Fai tempo que teño esta fotografía, no meu arquivo, é unha das que me prestaron no Etnolóxico de Ribadavia, e ata agora, fun postergando a súa publicación, por unha razón persoal.
A pesares de gustarme tanto as fotografías antigas da cidade, algunhas, e este é o caso, fanme sentir maior, que non vello; a outros vos pasara con outras imaxes, supoño.

Dende o meu punto de vista, non fai tanto tempo, que se obtivo esta imaxe, xa que para min era algo cotián, e que aínda teño próximo na memoria; ver esas casas, sempre a piques de caer, (pero que voluntariamente nunca chegaron a facelo), e se vos fixades ben eses animaliños que se dirixían de forma altanera, cara á súa residencia, o baixo da casa que os meus amigos os "Giles", tiñan nese lugar, as pitas non eran precisamente o máis estraño que podías atopar por alí, (o fin e ao cabo puidese ser que estivesen facendo un ben social, ...máis ben culinario), recordo e a miña memoria é moi mala, un mono, varias serpes, algún paxaro hoxe protexido, gatos variados, e algún can, en concreto coido que eles lembran con agarimo a unha bulldog chamada Dolly, á que eu non lle tiña tanto agarimo como eles, pero bo xa me desviei da entrada.
O asunto é, que eiquí tedes as casas que máis tempo conseguiron resistir nunha zona tan representativa da cidade, se non me equivoco, foi a comezos da década dos 80, cando eses balcóns con tipoloxía tan ourensá, deixaron de adornar a zona, substituídos por un edificio dende logo máis funcional e práctico, pero que non realza precisamente as nosas "Burgas".

25/1/10

Quebracús

Teño novamente que pedirvos desculpas.
Antes do nadal, pusen no blogue esta fotografía, sen dar datos, para que vos intentarades, decirme onde era, naqueles días chegou algún mail, (poucos acertados), e moitos pedindo pistas. O caso e que meteronse os días de festa no medio, e foiseme o santo o ceo; nesta ocasión o do santo non pega moito, porque falamos da rúa Quebracús, a que estaba a seguir do Postigo de San Francisco; en fin mais clariño, a rúa da Estrela.
Hoxe certamente non hay quen a recoñeza, os cambios que se fixeron nos últimos anos mudaron radicalmente a estetica do lugar, non vou dar a miña opinión, porque fora boa ou fora mala, tanto ten, xa esta feito, o que si podo decir, e que o mirador que quedou na zona gustame, non sei se sera polas vistas que dende alí podense ollar da cidade, ca cuberta da catedral en primer termo, ou pola amplitude que ten o lugar en si, (tomar unha cervexa nesa terraza no mes de Agosto, ala pola noitiña, pode ser un pracer), a praza que xurdiu no medio, xa non sei como valorala, habera que esperar a ver o uso que se lle da no futuro.

Supoño que todos teredes claro que falamos das escaleiras que suben dende a praza do Correxidor, cara San Francisco pola beira das Carmelitas.

24/1/10

Conde Corbal - Vicente Risco

O venres no Museo Municipal, tiven a oportunidade de asistir a inauguración dunha exposición excepcional; tratase de volver mostrar a fusión de dous ourensáns, dos que facian gala precisamente de eso, de "ourensanismo".
Co gallo da exposición, sae a luz tamén o libro, "O Ourense de Conde Corbal e de Vicente Risco", reedición do "Ourense perdurable", que xa coñecedes, no cal podedes disfrutar dos grabados, de Don José Conde Corbal, cos textos de Don Vicente.
Iniciativas como esta, son imprescindibles para que non se perdan todas esas lembranzas e imaxes do Ourense que foi, e que de xeito indiscutible teñen que servir de referencia para o Ourense que día a día se vai facendo.
Dende este humilde blogue, as mais expresivas grazas, a familia Conde Corbal, e as institucions que fixeron posible, tanto a exposición, como o libro.
Podedes ter datos mais amplos, visitando a web www.elcercano.com de Moncho Conde corbal

23/1/10

Os Romero Pelaez (Carmiña Romero)

Supoño que lembraredes as entradas de Don Felisindo Romero Pelaez, e o reencontro da familia de Costa Rica ca de Ourense, (se non e asi buscade polo blog e veredelas).
O asunto e que Carmiña Romero envioume datos e varias fotografías da familia, e unha delas era esta, Don Felisindo posa cos seus fillos en San Xose de Costa Rica, pero, e este e o motivo principal da entrada, se vos fixades na marca de auga que ten na esquina esquerda, semella que o fotografo poderia ser Pacheco, loxicamente non seria ningun dos que por eiqui estiveron, pero coincidiredes conmigo, que xa e unha casualidade, non???.

22/1/10

Salesianos 1950

Como vos prometin fai unhas horas, eiqui tedes outra das fotografías cedidas por don Francisco Méndez, nesta ocasión tratase dun grupo de alumnos dos Salesianos, no ano 50, supoño que il andara por ahí; o que podedes intentar e decirme quenes eran os que seades quen de recoñecer; o amigo Secundino, e Manolo Dominguez, que fagan un esforzo, e voten unha mán.
Grazas de novo a Don Francisco, en proximas entradas continuare a mostrarvos xoias que me ten enviado.

Natación nos 50


Fai uns días, ensineivos unhas fotografías de deportistas na década dos cincuenta, naquela ocasión tratábase de atletas.
Un dos meus colaboradores, ao vela, recordou, que tiña unha parecida, e enviouma, xunto á descrición. Aquí déixovola para que intentedes achegar datos destes mozos deportistas.
"No mes de agosto do ano 1954 un equipo de natacion de Ourense dirixido por un gran deportista Ourensano, José Ruiz Lopez, "El Jorulo", participou en San Sebastian nun campionato de "juniors". Coido que os resultados non foron nada bos, pero penso igualmente que foi a primeira vez que os ourensans participaron nun campionato de España.
Esta imaxe e a do equipo, e foi feita por "El Jorulo" quen era tamén un gran fotografo, gran amigo do entrañable fotografo Sanjurjo da rúa do Progreso, o carón de Correos, onde ainda hoxe, o seu letrero permanece na fachada".
Non e a miña intención contradecir a don Francisco Méndez, a quen lle agradezo moito as achegas de fotografías tan fermosas que me esta a facer, pero por desgraza o cartel de Foto Sanjurjo, segundo parece "foise co vento"; non e o titulo da pelicula, e que polo que me din caeu durante un vendaval (ou mais ben fortes rachas de vento), ala polo mes de maio do ano pasado. Teredes que desculpar a Don Francisco, pero o seu erro, e loxico, xa que non reside en Ourense.
Nunhas horas farei outra entrada con outra das suas fotografías, en agradecemento pola sua colaboura.

21/1/10

As Caracochas

Na miña mocidade soábame ese termo, "Caracochas", como o titulo dun libriño que había na casa propiedade do meu avó; o escribira don Álvaro de las Casas, en 1922, (realmente tratábase do libreto, dunha breve obra de teatro); tamén era o nome dun restaurante, que estaba na "Carreira dos defuntos", (Bedoia), e se non me equivoco, aberto polo bo do Manolo "Santa Maria", ou "Modanova".
Cos tempos, e debido ao meu gusto polos cogumelos, e demais fungos comestibles, souben que tamén se chamaba así a un tipo de cogumelo que sae nos carballos e castiñeiros, e preparado con cebola esta exquisito, aínda que tamén se pode comer cru, (para gustos...). E coido que tamén se chama así aos castiñeiros ocos.
Non fai moito descubrín que unha zona próxima a Montealegre, tamén se chamaba dese xeito, e o último foi decatarme, de que ese nome "As Caracochas", correspondía a unhas rochas, situadas precisamente nesa zona, o asunto é que tirando do fío, houbo quen me comentou, (non me atrevo a contradicilo, pero creo que deberedes lelo como algo que forma parte dunha lenda), que esas rochas servían de refuxio a "Pepa a Loba", cando realizaba as súas correrías por esta zona.
Boceto de debuxo propiedade de Don Antonio Cid Miranda
Se vos gusta este tipo de historias ou lendas, tedes un magnífico libro de Carlos G. Reigosa, que aínda que non confirma a estancia do personaxe nese refuxio, penso que vos vai a gustar.
Relata as andanzas desta muller e a sua "gavilla" polas terras Galegas.
En Ourense falan dela como o terror das "Dilixencias" que ian a Castela, e na zona de Allariz, ou no Carballiño atopaban co fin do viaxe, e en moitas ocasions, da vida dos viaxeiros.
Tamen se fala de pazos asaltados, e certa inquina cara os cregos, os que visitaba con frecuencia nas rectorales; as lembranzas que se teñen dela, froito da tradicción oral, presentannola, coma unha clas de Robin Hood, ao xeito da Galicia rural.

20/1/10

A Estación de Canedo

Espero que compartades comigo, a idea de que esta fotografía ben podería ser un fotograma dunha película francesa dos anos 50, incluso a que podedes ver ao final da entrada podería ser outra escena desa película.
Pois aínda que o pareza, non é a "Gare de Lyon"; o escenario é máis próximo, trátase da antiga e desaparecida estación de ferrocarril de Canedo, e a actriz é unha "moza" ourensá.
Móstrovos estas fotografías e este debuxo, para dar as grazas, por unha banda a Don Pastor Fabrega, quen me prestou estas imaxes, e unhas cantas máis, todas obtidas polo seu pai, quen e evidente que tiña boa man para a fotografía, poderedes valoralo en proximas entradas que farei con fotografías artisticas da sua producción; e por outra banda, a Don Francisco Boluda, que conseguiu recuperar coa súa habilidade para o debuxo, a fachada da estación.

De paso gustaríame recomendarvos que visitedes a web dos Carrileiros, (tedes o enlace á dereita), pero tamén que se podedes, acheguédesvos ás súas instalacións (situadas na rúa dá Canle, a continuación dos edificios do Auditorio), onde poderedes gozar do seu museo do tren, e se non chove, ata poderedes ver funcionando algunha das súas preciosas maquetas ferroviarias.

19/1/10

Xardins Bispo Cesareo (por Xesta)

Por fortuna, e sinceramente agradézoo, ultimamente estou recibindo colaboración dos meus amigos, nesta ocasión, Juan Valencia, envíame esta imaxe, e acompáñaa co que perfectamente se pode considerar o comentario, eu non o faría mellor, polo cal aquí tedes o texto tal e como mo remitiu.
“Achégoche, un debuxo realizado por Don Juan Fernández Pérez, de como sería a chamada "Horta do Concello" no último terzo do século XIX. Este debuxo pertence a un traballo do mesmo autor, pertencente ao Grupo de Colaboradores "Marcelo Macías", publicado no Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Orense, no seu Tomo I - Ano 1943 ( Imprimiuse o 25 de Marzo de 1944 nos talleres de "A Rexión"). No mesmo detállase a composición de devandita praza, a actual Praza do Bispo Cesáreo, o que nela estaba construído e o que nela se vivía”.
Se algún máis se anima a seguir o exemplo de Juan, ten as portas do blog abertas.

18/1/10

A torre da Igrexa (2º convento dos Franciscanos)

Faleivos esoutro día, do libro de don Alvaro de las Casas, e hoxe poñovos unha das imaxes que a ilustran.
Tratase dunha imaxe obtida dende o cemiterio de San Francisco, e nela vemos a torre que non chegou a trasladarse o Parque do San Lazaro (actúal ubicación desta igrexia).
Ainda que non adoito visitar con frecuencia o Campo Santo, parece ver na imaxen, que no muro que linda ca igrexia, non estaba feita ningunha das capelas que hoxe podense ollar, somentes estaban as do recuncho onde esta a propiedade do Marques de Leis, e as mais proximas, pero bo non me fagades moito caso, xa vos dixen que as miñas visitas a este lugar limitanse as estritamente necesarias.

17/1/10

"La Trinidad"

Hoxe e domingo, e na miña casa habia o costume de ter un postre especial neses días; a cercania deste negocio, facia que fora moi sinxela a decisión, e raro era non botar un "borrachiño", o unha "milhojas", (en galego soame mal, que queredes que vos diga), o bandullo. Xa sei que algun dos meus lectores non coinciden nos gustos, pero ese e un problema deles, e eu respeto a sua decisión, as cañitas estaban moi ben e o tocinillo tamén, por non falar das Mokas, pero e que cada un ten os seus vicios.
As veces pasouseme pola "testuz", a descabelada idea, de que os meus pais decidiran ir vivir nese edificio pola cercania con ese negocio, (vai ser que non, pero a dubida sempre queda).
Algún día falareivos das andanzas polo obrador deste templo dos golosos.
Se queredes disfrutar dun sabor moi parello, acercadevos pola pasteleria "El Olivar" no Couto, queras que non aprenderon na Trinidade e notase.
(Ogalla que vexan esta entrada e me fagan un agasallo, eu teño totalmente prohibido compralos fora de datas sinaladas, pero si mos dan non vou tiralos, seria facer un feo, non si....).

16/1/10

"Dos días en Orense" Alvaro de Las Casas

No ano 1928, publicouse este fantastico libro, no que Don Alvaro de las Casas , dramaturgo, poeta, e historiador, describenos a sua cidade de nacemento.
Dous días foron suficientes pra que este historiador ourensano fixera un percorrido pola cidade, e mostrara con exactitude a realidade daquel Ourense que pasou.
Sin ser unha guia de viaxe, ben poidera usarse como tal, xa que o autor seguindo a costumbre das guias da epoca, despois de retratar a cidade, explicanos rutas que se poden facer partindo dela.
Don Alvaro e outra das moitas entradas que ten pendentes este blog, pero neste caso terei que facer un esforzo, dado que e dos ourensanos menos coñecidos; non sei o motivo, xa que meritos fixo para ter algún recoñecemento por parte dos seus conveciños.

15/1/10

Axuda para os Haitianos


Non e habitual ver entradas de actualidade neste blogue, pero neste caso e obligado mencionalo.
O desastre e de tal magnitude, que deixa pequenas outras moitas miserias, o cal cos exemplos que temos noutras rexions do mundo xa semellaba dificil.
Como se adoita decir, neste caso chove sobre mollado, e a situación da población Haitiana e desesperada.
Se podedes na vosa medida tentar botar unha mán.

"Liga de amigos de Orense"

Fai non moito tempo, por mor dunha fotografía que publiquei de Santiago Mosquera, na que aparecían uns cabaleiros pousando en grupo, na Rúa do Instituto (Lamas Carvajal), varios amigos, informáronme da existencia dun grupo de notables, da cidade, que se coñecían como "Liga dos amigos de Ourense".
Aos poucos fun buscando información sobre este grupo, e hoxe acompañando esta preciosa imaxe que me presta dona Ana Malingre, fágovos un avance, dos poucos datos que teño.
No 1916, un grupo de amigos, (na súa maioría industriais da cidade, aínda que estaba aberto a calquera Ourensán con ganas de colaborar), decidiron crear esta digamos asociación.
Inicialmente limitábanse a faladoiros nos que trataban temas relativos a melloras que eles puidesen auspiciar para a cidade,
-comunicar a necesidade da mellora do empedrado dunha rúa, e colaborar economicamente a iso,
- financiar a mellora do alumado dalgún punto da cidade,
- en fin pequenas melloras que as autoridades da época, que todo hai que dicilo andaban escasos de medios, (e en ocasións pouca vontade), non terminaban de levar a cabo.
O seu momento de groria foi ao ano seguinte, cando tiveron que coller as rendas da organización das festas do Corpus do 17, ante a desidia das autoridades locais, máis ben a falta de diñeiro. E a súa continuación o ano seguinte, que se recordades foi o da epidemia de gripe, que tan catastróficas consecuencias tivo na cidade.
No recorte que vos mostro do "Tío Marcos", podedes ver que o seu lugar de reunións era o Liceo, e que estaban abertos a suxestións de todos os seus paisanos.

Aparte dos que saen na fotografía, (que están todos identificados), formaban parte desta asociación, cidadáns como don Amador Villar, O Sr. Otto Bodmer, e algúns máis que estou pendente de confirmar.
Aquí déixovos os nomes dos que están numerados na imaxe.
  • 1.- Don José F. Gallego.
  • 2.- Don Antonio Malingre.
  • 3.- Don Fernando M. Monje.
  • 4.- Don Celso Ferro.
  • 5.- Don Alejandro R. Covelas.
  • 6.- Don Enrique Enriquez.
  • 7.- Don Fermín García.

14/1/10

Esta si era a Avenida Wilson

Non vos quero enganar, e realmente xa non tiña ese nome a rúa cando se fixo a fotografía, o nome mudou a Curros Enriquez, no ano 1925, e a fotografía foi feita polo Sr. Fabrega no ano 1949, (recoñezo que resultame orixinal ese nome, para unha rúa ourensa, ese e o motivo de volver poñelo).
O caso e que o que se ve en primeiro plano, posiblemente non mudara moito neses anos, a parte mais proxima o parque, xa comezara a aumentar as alturas como se ve, pero no cruce con Samuel Eijan, como vedes, non se parecia nin por asomo, temos tamen no fondo da imaxe un "esqueletico" edificio de Previsión (I.N.S.S.), e dende logo nin visos da torre, nin do bloque que ten en fronte.
A última fotografía que vos mostrei da rúa que correspondia o ano 54, fixo que o amigo J.R. Lorenzo, lembrara a sua estadia nesa rúa e facilitoume estes datos, referidos case que todos o cruce de Samuel Eijan, e os seus veciños, eiqui volos deixo, (o comentario refirese a fotografia anterior que podedes ver no blogue baixo o titulo Curros Enriquez, co cal algunha das edificacions a que se refire o amigo Raul, nesta imaxen non as veredes poreinnas en bermello pra non trabucaros).
"pola esquina onde hoxe esta o acceso a Manuel Pereira, había un almacén de alimentación onde descargaban sacos de fariña e trigo.
Cruzando a rúa Samuel Eijan vese outra casa, que é onde vivín eu desde que nacín ata os 12-14 anos, este baixo esta ocupado actualmente por autos Santa Rita.
Na fachada da rúa Curros Enríquez, había unha entrada de almacén de Coloniais do meu avó, despois estaba o portal de entrada na casa, logo un baixo onde tiñan a moto Vespa e logo o Gordini (mais adiante) e despois había un taller mecánico, despois había unha entrada ampla con galpóns e logo xa estaba a casa onde vivía o Dr. Bouzo e onde estaba Bonete.
Este edificio na fachada que daba á actual Manuel Pereira chegaba ata a metade da rúa máis ou menos, despois había un pequeno baixo onde estaba un zapateiro e a continuación estaba a casa de Miguel Villar o fotógrafo que tiña unha pequena leira. Pegada estaba outra leira que chegaba ata unha casa que cara a esquina onde había un bar (esquina de Samuel Eijan con Sáenz Diez) dunha familia que non recordo agora.
Recordo que a casa tiña un patio grande e unha leira con flores e moitas árbores froiteiras".
Se vos fixades na descripción a casa onde ubica o almacen do seu avó, e na que hoxe estan as Galerias que van de Curros Enriquez, a Samuel Eijan, e a casa da esquina onde esta Santa Rita, ainda estaba sen levantar.
Aproveito esta entrada, para darlle as grazas o amigo Pastor Fabrega, pola fantastica colección de negativos que me deixou, e que os poucos irei compartindo con todos vos.

13/1/10

Plano do 1948

Doroteo Calonge, no seu libro "Los tres conventos de San Francisco de Orense", ano 1949, co gallo de facilitar a identificación das diferentes ubicacións dos conventos que a orde de San Francisco tivo na cidade, elaborou iste croquis parcial da cidade.
O marxe de que duas das ubicacions son ainda hoxe perfectamente recoñecibles, a do Parque (actual da igrexa), a de San Francisco, (actual do Claustro), a terceira nalgunha ocasión foi obxeto de discusión, loxicamente non polos historiadores que sempre o tiveron claro, senon po algun neofito, que a situaba no colexio das Carmelitas; no plano podese ver con claridade, que ocupaba a esquina da praza do Correxidor, e incluso queda claro que o que logo foi precisamente casa do Correxidor, anteriormente foi casa do Dean do Convento.
Outros detalles que podemos albiscar no croquis, son, por exemplo, a antiga distribución da zoa onde se fixo o colexio dos Irmans Maristas, de feito a sua construcción, foi a que facilitou a apertura da rúa Valle Inclan, no primeiro intre, e logo ó andar dos anos, a rúa Cabanillas, pola zoa superior, sustituindo o que soó era un camiño ("Caneiros", reducido hoxe a un pequeno anaco da rúa).
Vemos tamen os nomes das ruas, daquelas, o que mais chama a atención, e confeso que descoñecia, era o nome de General Aranda, na rúa Cardeal Quiroga, un nome mais a sumar os moitos que tivo este vial tan centrico. Ainda non existia a rúa doutor Marañón, nin tampouco a Diagonal ("Xoan XXIII").
Disfrutade o traballo de Don Doroteo, e tentar atopar mais detalles significativos, que algun mais ainda ten.

12/1/10

A clinica de don Atilano

Moitos dos meus amigos, lembran persoalmente a don Atilano (vaiche ser cousa de idade...), pola miña parte, somentes lembro (e dun xeito vago), o edificio da rúa Progreso, (onde hoxe esta un, que non sei quen lle deu o "premiso" para as alturas..).
Contan que cando Don Atilano Cheríguain, (ciruxano dentista), abriu a sua consulta na rúa do Progreso 40-42, ala cara os últimos anos vinte chamaba a atención, a modernidade das suas instalacions, e causaba pavor, ollar aqueles infernales aparellos de tortura con que levaba a cabo o seu traballo; mais dun para templar os nervos tiña que lembrar a primeira vez que acudiu a buscar solución onde un barbeiro dentista, era o que habia cando eran nenos, e non imos comparar, quitar unha moa cun alicate de carpinteiro, ou sacala cunha fina tenaza de "inox", onde vai parar....
A fotografía garda detalles de interes, o mais curioso e o do estado do escudo que adorna o frontal do edificio onde estaba a Farmacia de Don Luis Fabrega, calquera que o vexa hoxe en día, pensara que esta roto por deixadez dos actuales propietarios, realmente a casa enteira hoxe esta un pouco descuidada, pero o do escudo non e de agora precisamente, como podedes ver na imaxen, outro detalle que penso que xa comentei noutra entrada, e que a casa Singer, que coñezemos hoxe, esta na rúa Lamas Carvajal, pero non foi a primeira; se non caio en erro, o carón da Armeria "Reloxeria" do Marcial, estaba ubicada a primeira, segundo reza no rotulo, "MAQUINAS SINGER PARA COSER".

11/1/10

Atletas dos 50

Andaba a revisar unas fotografías do album familiar, e atopei unhas cantas do meu tio Manolo, e os seus colegas, na sua xuventude.
Botandolle un ollo as imaxes, veulleme o "magin", unha reflexión, como e posible, que daquelas, se fixera deporte?, estarian tolos?.
- as zapatillas, non tiñan suspension, eran de tela, cando non tiñan que usar os zapatos de sair os domingos,
- as camisetas non tiñan microfibras transpirables, eso si eran de algodon, e cando sudabas levabas un pouquiño mais de peso, xa que enchoupaban a auga,
- as pistas de tartán, non sabian o que era, as deles eran de terra, cando non tiñan coyos no medio
- as colchonetas de salto, que e eso?. a ver quen era o Sergei que se deixaba caer dende 6 metros o chan.
Bo deixaereino xa, o tema e que con eses marabillosos medios, practicaban deporte de "alta competición", e hoxe ...?.

10/1/10

A ver se podedes convencelos

Eu non sei que mais podo dicirlles; estes parentes meus, din que queren irse a pasar o día a Lugo, están estreando vehículo.
Afirman que o seu automóbil é unha autentica marabilla tecnolóxica, e non o poño en dúbida, pero esas rodas pola rolda da muralla, non sei eu, coa neve que caeu, se poderán sacalos dalgún apuro.
O marxe de que para estes días o de ir co coche descapotado, é unha irresponsabilidade, por moita manta zamorana que leven cubrindo as pernas.
Eu non podo impedirllo, xa sabedes o respecto á idade, e neste caso é moita, o bo do home andará polos 150 aniños.
Dinme que o que vai sen "chapeaux", chegou moi alto nas esferas eclesiasticas, eu coñezo ese señor doutras fotografías, e non semella el, pero non son especialista no tema, deixovolo o voso criterio, (segundo parece poderia ser Don Fernando Quiroga Palacios).

9/1/10

"Espiñas Follas e Frores"

Teño un pouco esquecido a don Valentín, e non é precisamente por gusto, confeso que forma parte do selecto grupo de Ourensáns que máis admiro, (un día destes presentareivos o meu ranking, para que me deades a vosa opinión).
Hoxe móstrovos varias portadas dun dos seus mellores libros.
Das tres só unha pasou polas miñas mans, as demais contenteime con recibir unha imaxe escaneada, o caso é que á marxe do seu excepcional contido, as propias portadas, requiren un certo detemento.
A imaxe que vedes en grande, é dunha primeira edición, e se vos fixades na data, dinos que saíu do prelo en "1875", o estraño, é que a seguinte folla, é outra portada moi similar, na que pon ano "1874", se agora mirades a imaxe de abaixo á dereita, trátase dunha edición facsímil, na que nos di outra vez que o ano foi o "1874", a terceira imaxe non nos axuda nada, xa que se trata dunha sexta edición, na que o ano loxicamente é outro.
Vexamos se alguén pode arroxar luz sobre este pequeno detalle; é só curiosidade; a min ocórrelleme, que Don Valentín posiblemente entregase o orixinal, en tempo para a súa publicación no 74, pero algún atraso na imprenta, levou ao editor, a elaborar outra portada coa data real de saída de imprenta.
Grazas a Dona Ana Malingre polas súas achegas; é un luxo que alguén tan cualificado, sobre todo neste tema, no que ten lazos familiares, hónreme coa súa colaboración.

8/1/10

Si non volo digo....

Fotografía propiedade da Familia Fabrega.
O titulo ven a colación, porque penso non trabucarme, se digo que non esta facíl localizar a ubicación onde esas fermosas damiselas posaban diante do fotografo na primavera do ano 1930.
Xa vos teño mostrado outras imaxes deste lugar, "O Outeiro da Forca", tamén hay quen di que esta zoa formaba parte do "Campo das Bestas" onde Blanco Amor, ubicaba as esceas finais da Esmorga.
Nesta ocasión vemos detalles novos, fixadevos na estrutura de madeira detras das donas, poderian ser o comezo das obras do edificio onde estivo a xogueteria Rober moitos anos, o seu caron, non o podo afirmar, pero penso que se ve o edificio que ainda hoxe alberga os Franciscanos, e do outro lado, non podo decir se e a casa dos Chocolates Chaparro, ou a que serviu de comisaria da Policia Nacional, vos me diredes...
Xa sei que non estou afirmando nada, pero faltame tempo estes días para poder confirmar datos, e a entrada esta feita de cabeza, sintoó.
Olvidaba decir, ainda que agora xa o deberiades ter claro, que falamos da esquina do parque de San Lazaro.

7/1/10

Mais agasallos

A entrada de onte, falaba de agasallos recibidos; a de hoxe refírese a agasallos que con toda probabilidade poderemos todos gozar durante o 2010.
Chegáronme unhas informacións en grao sumo interesante durante estes días.
A primeira refírese a un novo traballo sobre a historia de Ourense, cuxo autor seguramente nos sorprenderá de novo a todos os admiradores da súa obra, co seu rigor.
A segunda é o anuncio da organización dunha festa na cidade con temática histórica.
E a última (de momento), é a exposición que xa vos comente fai uns días, que se está pondo en marcha sobre a fotografía en Galicia, para a cal aproveito a ocasión, e recórdovos que os seus comisarios, están buscando material fotográfico, da nosa cidade. (Se queredes colaborar tedes o meu mail á vosa disposición).
(Se os protagonistas destes eventos danme o seu permiso, encantado farei unha entrada ampliando datos de todos estes eventos, polo de agora, omito os nomes ata queles me autorizen).
Como podedes observar o ano preséntase en grao sumo interesante, eu como para estes temas son moi avaricioso, e sempre quero máis, celebro o que xa está en marcha, pero me gustaría que dentro dun ano podamos facer balance dalgúns eventos máis.
A fotografía e outra desas xoias que me deixou o amigo Lisardo Mazaira, e tratase dunha instantanea obtida no ano 1888, no balneario de Mondariz, onde uns paisanos nosos tomaban as augas.

6/1/10

Os agasallos dos Magos

Non me podo queixar, os reis foron bos comigo, e desexo que tiverades a mesma sorte.
Para ser sincero, teño que recoñecer que o 2009, (os reis suponse que che traen os agasallos por ter "sido bo" o ano anterior), para min estivo infestado de agasallos, e síntome debedor de moitos "reis", Lisardo, Amador, Carmiña, Santiago, María, Ernesto, Francisco, Cándido, Pastor, Marcial, José, Lola, Norberto, Xosé Lois, Alfredo, Manuel, Reme, etc., son só algún dos nomes dos "reis" que durante este ano, honráronme cos seus agasallos, fotografías, libros, periódicos, e unha infinidade de artigos, que en gran medida, foron as armas que utilicei para poder facer as entradas do blog. De todo corazón quero agradecervos a todos, eses valiosísimos, para min, agasallos, e todas as mostras de apoio que vía mail, e en ocasións persoalmente recibín.
Como xusta correspondencia, durante este ano, tentarei seguir a mostrarvos, todas esas imaxes, e procurar (pero seguro que non o consigo), non ter erros nos meus comentarios.
Para empezar, aquí tedes un precioso agasallo que me enviou Don Francisco Méndez, (xunto con outras autenticas xoias que veredes en breve), trátase dunha comida de amigos, da que temos moi poucos datos, o artista fotógrafo, foi don José Gil, o que nos permite datala como anterior ao 1904, posterior ao 1890, o outro dato que temos é que un dos comensais, era o avó de don Francisco, Don José Méndez Novoa Miramón.
Cun pouco de sorte, poderiamos comezar o ano, recoñecendo a algún dos acompañantes de Don José, e aínda que resulte complicado o lugar onde tan ilustre concorrencia dispúñase a celebrar o banquete.
A outra imaxe é outra preciosidad, (e encima é do meu álbum familiar, pola rama de Ramonita), para vós supoño que terá interese pola antigüidade, ao redor de 1870, obtívose esta fotografía en Tuy Pontevedra, o que a converte (creo), nunha das primeiras fotos feita nesa fermosa poboación, (coméntanme que podería ser de Pedro Varela, pero ese detalle considéroo moi difícil de probar).
Mañá máis.

5/1/10

Carta aos Magos de Oriente


Queridos Reis:
Este ano, xa sei que non se vos pode pedir moito, a crise, faría mella nos vosos petos, como no de todos nós; é posible que ata teñades que prescindir dalgún paxe, pero que se lle vai facer, xa virán tempos mellores.
Para escomenzar, gustaríame que me enviásedes, un exemplar escaneado do "Gracioso" do bo de Don Xan dá Coba, seguro que tedes algún forrando un caixón de armario.
Tamén teño moitas ganas de ver, xa non digo ter, unha fotografía de Aquillis Bocconi, se aquel raparigo que veu co seu irmán Patricio a Galicia traballar de fotógrafo, e aínda non conseguín atopar ningún dos seus traballos.
Non teredes ningunha fotografía das obras de construción do instituto ?, ese e o banco de España, son aos que non lle coñezo os ósos, (bo a bastantes máis, pero non creo que se fixesen fotografías do Hospital de San Roque, en obras, nin da Catedral, nin de...).
Bo non pido máis que os demais tamén quererán que lles prestedes atención, un cariñoso abrazo.Posdata, aínda non recibín o libro de Gulías, que pedín a outro Mago fai uns días, se o vedes por aí...