Consejos y avisos

11/12/09

Triunfo F.C.

Fotografía do Arquivo de Norberto Tabares Feijoo, e que tamén ten copia Felipe Fernandez Chacón.
De pé pola dereita José Anta García coñecido por "O Pinilla".- Gustavo Ulloa.- O terceiro e o militar están sen identificar.- Felipe Durán (coido que Fernández Duran, pai de Felipe Fernandez Chacón) o sexto sen identificar . Daniel Durán, e esquerda sentado Elpidio Tabarés Merino (o pai do amigo Norberto).

Un novo colaborador, leva uns días, enviándome magníficas xoias que garda no seu álbum, hoxe estreo as súas colaboracións no blog, con esta fotografía, por diversos motivos.
Antes de nada agradecerlle a Norberto Tabares, a súa axuda, e colaboración, en nome de todos, pero ao mesmo tempo síntome en débeda con el de xeito persoal.
Explícovolo, no meu álbum familiar estaba a fotografía que vos ensino ao final da entrada, e non conseguiamos saber quen podían ser os deportistas, e/ou o motivo de estar esa fotografía xunto ás do meu avó; grazas aos datos de Norberto, agora sabemos que, quen pousa con xesto moi serio, ante Don José Pacheco, era Don Gustavo Ulloa, amigo do meu avó. Grazas.

Outro motivo para facer esta entrada, é seguir colaborando a que o blog amigo
poida seguir reconstruíndo a historia do fútbol local, (a fotografía inferior, xa sabe que está á súa disposición, e a do equipo supoño que non haberá inconveniente).
Con tanta explicación, sinto que os datos que facilito da imaxe, sexan escasos, pero que se lle vai a facer.
O Triunfo F.C. é probablemente un dos primeiros equipos de fútbol que tivemos na cidade, (outro que en breve mostrareivos foi o "Royal" de Alexandre Bóveda), creo non equivocarme, ao datar os seus comezos, na primeira década do século XX, (1916, máis ou menos, pero con pouco marxe de erro), e probablemente o campo de xogo fose o Campo de Aragón (San Francisco); o campo Loña non se pode descartar, pero xogando a adiviños, e tendo en conta o que se ve nas imaxes, (xogo con vantaxe, porque eu vin a do Royal).

Para os que seguides o blog, xurdiranvos dúbidas sobre como encaixar os equipos Numancia e Burgas, que xa apareceron fai tempo por aquí. Aclararvos que probablemente fosen coetáneos, aínda que os xogadores destes dous equipos, eran máis novos que os que hoxe vos presento. Teño moitas dúbidas sobre a cronoloxía do fútbol Ourensán, pero en próximas entradas que farei do tema, intentarei desfacer a lea, paciencia.

No hay comentarios: