Consejos y avisos

Os recomiendo visitar los dos blogs, ya que a partir de ahora los días que haya entrada en www.Ourensenotempo.com no la habrá en http://ovrense.blogspot.com y viceversa.

Mail ourensenotempo@hotmail.com

17/12/09

O campo das Bestas

Fai uns días, preguntáronme por mail, se podería dicirlle onde se situaba exactamente o Campo das Bestas, (lugar onde transcorre o desenlace da Esmorga, de Blanco Amor).
Teño que recoñecer, que non teño unha resposta indiscutible. Cando lin a obra por primeira vez, fíxenme a idea, de que se trataba da zona das Lagoas, próximo aos alicerces do viaduto, (onde había unha fábrica de cerámica), supoño que o ler esta frase
"Foi diste modo como chegamos ó Campo das Bestas que vén sere, coma vosté me enseña, o logar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá",
e os datos que aparecen antes desa frase, foron os que levaron a pensar nesa localización.
Tiven ocasión o mércores pasado de charlar un momento co profesor Monxardín, quixen aproveitar para saír de dúbidas, e fíxenlle a consulta; o caso é que non conseguimos chegar a unha solución definitiva, e aínda por riba, me amplo as opcións, ao advertirme de que estaba limitando as lagoas, á zona hoxe así denominada, pero antigamente era máis ampla, achegándose ao actual Parque de San Lázaro.
Sigo coa dúbida, se algún podedes achegarme algunha suxestión, gustaríame que o fixésedes.
Disculpade que repita a fotografía, pero e a millor que teño da zoa

No hay comentarios: