Consejos y avisos

17/11/09

Reencontro

Supoño que lembraredes as entradas do día doce e o dezanove de outubro, nas que vos falei de Don Felisindo Romero Peláez.
Pois ben, supoño que os que tivestes a amabilidade de facerme chegar mails con suxerencias, e os que seguides o blogue, celebraredes comigo, que Carmiña Romero xa ten contactos, con familiares, dos que quedaron na terra, e nunca tivera noticias.
En principio, non consta que teñan relación cos Romero da banca, nin cos Moretón, nin os Coleman, aínda que eran opcións perfectamente validas.
Non vou dar os nomes destes familiares, entre outras cousas, porque non pedin o permiso pra facelo, pero e, que o importante era o contacto entre eles, nada nais.
Paso agora a xustificar a imaxe que ilustra a entrada; e non, os agudos non vos aceleredes, os Méndez Montoto, non están relacionados familiarmente cos Romero Peláez.
A fotografía da ermida da Virxe dos Remedios nos anos 60, (que fundou Don Francisco Méndez Montoto no 1522), e un agasallo que quero facerlle a unha das parentes de Carmiña aquí en Ourense, xa que seica esta a facer un traballo relativo a historia da familia Méndez Montoto, e na pesquisa de datos pra o seu traballo, fixo unha visita o meu blogue, atopandose co seu tio avo Felisindo, no lugar do que buscaba; como e certo que ainda non apareceu nada dese tema, (amplo por certo, ermida, museo, etc.), no blogue; eiqui o ten.
(sei que é unha pequena pista, pero supoño que non se me enfadara).
Felicidades a Carmiña, e a súa reencontrada prima, e grazas aos que dedicastes parte do voso tempo a botar unha man.
Se elas queren mais adiante farei outra entrada dando mais datos.

No hay comentarios: