Consejos y avisos

21/11/09

A Prensa en Ourense (Marcos Valcárcel López)

Non foi sinxelo, poder telo na miña casa durante uns días, e revisalo con calma, pero finalmente a amabilidade do amigo Carrión, fíxoo posible.
A deputación, teno esgotado desde fai bastante tempo, e as librerías de Ourense fai moito que suspiran por el, nas do resto da comunidade, (non puiden buscalo máis que en Vigo, Pontevedra e Santiago), aparecíalles na pantalla do computador, pero en falta desde fai moito tempo.
Se cadra unha nova edición, pagaría a pena.
O libro en si é un excepcional traballo documental, da historia da prensa ourensá, (non tan prolífica como noutras provincias galegas, pero si de gran calidade).
O profesor Valcárcel, reuniu nesta publicación todos os datos coñecidos ata o ano 1987 sobre o tema, cito a data, porque teño entendido que actualmente poderíase engadir algún dato máis, (sobre todo relativo a fondos onde consultar, ou o que é o mesmo, apareceron algúns números máis dalgunha das publicacións).
Léndoo, o primeiro que se me veu á mente, é que realmente é unha pena que non se poida botar un ollo algunha desas publicacións das que non se garda, ou aínda non se atopou, ningún exemplar, O Gracioso, (Xan dá Coba), O Ourensán de 1838, (do cal non se sabe de certo se chego a publicarse), A Tranca, O Progreso, A Gaita, e un longo etc. Forman esa lista de desaparecidos.
Agora que o penso, poderíades botar un ollo á mesilla da avoa, ou ao caixón daquel armario que tedes no faiado; antigamente forrábanse con xornais antigos, se cadra quen sabe?..
Se vos interesa o tema, achegádevos a algunha das bibliotecas que temos na cidade, e revisalo, gustaravos.

No hay comentarios: